Skip to Content

Proxecto Erasmus+ KA102 (convocatoria 2019)

Europa, Next Station: Improving Professional Skills in Galicia (2016-2018)

O novo proxecto “Next Station: Improving Professional Skills in Galicia”: 2016-1-ES01-KA102-024869 foi concedido á Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa na convocatoria de 2016 do programa Erasmus+ 2014-2020. O proxecto aprobouse polo Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) dentro dos proxectos de mobilidade KA102 de Formación Profesional.

O proxecto ten un presuposto de 1.462.113,00 € que é o de maior volume e importe de todos os concedidos a nivel nacional. Suporá a posibilidade de que 395 alumnos e 75 profesores podan facer prácticas en diferentes países da Unión Europea desde setembro de 2016 ata xuño de 2018. Tamén se conceden 37 prazas para profesorado acompañante, pensado principalmente para o alumnado de formación profesional básica e o alumnado menor de idade.

Este proxecto supón unha continuidade na participación da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa nos proxectos de mobilidade para o alumnado de ciclos de Formación Profesional de grao medio, cun incremento importante do número de alumnado e profesorado desde a convocatoria de 2012.

 

Formulario de Solicitude de Beca Erasmus+ FP

Difusión do proxecto e de selección de candidatos do programa KA102 (convocatoria 2019)

Importes das mobilidades (convocatoria 2019)



story | by Dr. Radut