Skip to Content

Presentación da novela "Poder non é querer" da nosa exalumna Noela Rivas Cantelar

 

Comprácenos convidar a toda a comunidade educativa do IES  Arcebispo Xelmírez I á presentación da novela Poder non é querer da nosa exalumna Noela Rivas Cantelar, publicada por Galaxia. O acto terá lugar o vindeiro xoves, día 28 de setembro, ás 18 horas na nosa biblioteca. 

Presentando a Noela estará o editor Marcos Calveiro, e o escritor (e exdirector deste centro) Manuel Portas. 

Nesta ligazón pódese atopar información sobre a autora e a súa obra https://editorialgalaxia.gal/produto/poder-non-e-querer/

 

 



story | by Dr. Radut