Skip to Content

Viaxe de estudos a Burgos e Atapuerca

Alumnado de 1º de Bacharelato e profesorado do departamento de Bioloxía do IES Arcebispo Xelmírez I aprendendo e divertíndose por Burgos e Atapuerca. 

 

Enderezo electrónico

Pode enviar unha mensaxe ao seguinte enderezo electrónico: iesarcebispoxelmirezi.biblioteca@proton.me

Grazas.

Lista provisional de alumnado para Intercambio Montbéliard

01/12/2023 17:49
Europe/Madrid

Lista de alumnado do IES Arcebispo Xelmírez que realizará o Intercambio co Lycèe G. Tillion de Montbéliard, Francia.

Ábrese un período de reclamacións de 3 días naturais desde a publicación na web e taboleiro do centro.

Alumnado preinscrito para o Intercambio entre o IES Arcebispo Xelmírez I e o IES Ciudad de los Poetas de Madrid

Lista de alumnado preinscrito para o Intercambio entre o IES Arcebispo Xelmírez I e o IES Ciudad de los Poetas de Madrid a realizar do 3 ao 10 de abril do 2024 (visita do noso alumnado a Madrid) e do 16 ao 23 de abril do 2024 (visita do alumnado de Madrid ao noso centro).
Desde a publicación na web e taboleiro de entrada do centro, ábrese un período de 3 días naturais para as reclamacións que as familias consideren pertinentes.

Entrega certificados Camões

 

 

Concerto de Xoán Curiel integrado no proxecto "Cantigas e murais para o coñecemento do Reino de Galicia"

Ante un numeroso auditorio tivo lugar o concerto de Xoán Curiel integrado no proxecto "Cantigas e murais para o coñecemento do Reino de Galicia" que contan co apoio de Cultura da Deputación da Coruña a través do “Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2023”.
Curiel estivo acompañado á harpa de Bleuen Le Friec. Participaron varias alumnas do centro; Candela Moure e Rosalía Bello tocaron a pandeireta; e Lía, Success e Marina Mayor no acompañamento vocal en algún dos temas.
Grazas a Xoán e a Bleuen por esta magnífica oportunidade de achegarnos a un dos nosos patrimonios culturais máis sublimes.
Grazas tamén ao profesorado e alumnado do CM de VideoDiscJockey e Son pola súa aportación a nivel técnico.

Convocadas as axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao medio e grao básico

Logo de publicarse a Resolución de 9 de novembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao medio e grao básico de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242.

Ábrese o prazo de inscripción para prazas de Erasmus + para alumnado matriculado durante o curso 2023-2024 nun ciclo formativo de grao básico ou grao medio de Formación Profesional e que están en condición de acceder á realización da Formación en Centros de Traballo (FCT) antes do comezo da mobilidade.

Catálogo en liña da biblioteca

Aquí podemos consultar o catálogo en liña da nosa biblioteca:

Presentación

Que é a biblioteca:
A biblioteca é un espazo pedagóxico que contribúe a acadar os obxectivos académicos e educativos do instituto. Trátase, concretamente, dun espazo de traballo, información, aprendizaxe, docencia, comunicación e socialización. É lendo como aprendemos a ler.

Cales son os obxectivos da biblioteca:
- Constituír un lugar tranquilo e cómodo onde poidan traballar o profesorado e mais o alumnado.
- Fomentar a autonomía do alumnado, tanto na lectura en xeral como no traballo académico.
- Fomentar a competencia lectora, así como a competencia na consulta dos medios e na busca de información.

Equipo da biblioteca, curso 2023-2024

  • Anaísa Amorim

  • Laureano Araujo (coordinación)

  • Isabel Blanco

  • Xosé A. Cascudo

  • Rosa Fernández

  • Sergio Frade

  • Inés Montero

  • Sara Paz

  • Violeta Pérez

  • Loly Picallo

  • Xabier Ramos

Distribuir contido


by Dr. Radut