Skip to Content

O Grupo Vocal do Xelmírez I participou no V Encontro de Coros Escolares

O Grupo Vocal do Xelmírez I participou no V Encontro de Coros Escolares organizado polo IES Alfonso X de Cambre e celebrado no Auditorio do Conservatorio de Música  Profesional da Coruña; xunto aos nosos participaron tamén unha representación do IES María Casares de Oleiros, do IES Salvador de Madariaga da Coruña e o IES Ortigueira.

O Grupo Solidario do IES Arcebispo Xelmírez I colabora co Banco de Alimentos

 
  
A pasada fin de semana o Grupo Solidario do IES Arcebispo Xelmírez I colaborou na recollida de alimentos do Banco de Alimentos. Fixeron varias quendas nos supermercados Eroski da Sionlla e de Volta do Castro. A súa labor consistía en animar aos clientes de ditos supermercados a colaborar, informar dos produtos mais necesarios, organizar e colocar nas caixas as doazóns.
 
Esta actividade é moi motivadora e satisfactoria para o Grupo Solidario, levamos moitos anos colaborando co Banco de Alimentos nas diferentes recollidas que fan durante o curso, pois consideramos a necesaria e gran labor que fan repartindo alimentos a moitas familias e asociacións da nosa cidade e a sua contorna que están a pasar moitas dificultades nestes momentos.
 

Visita á exposición Fan & Fiction de Helmut Newton

O noso alumnado de Video DiscJockey e Son desprazouse á Fundación Marta Ortega, na Coruña, para visitar a exposición Fan & Fiction de Helmut Newton. Ademais da preceptiva visita guiada, tiveron a oportunidade de realizar un obradoiro baseado nalgúns dos conceptos deste mestre da fotografía de moda.

O equipo do Xelmírez gaña o Torneo Quantum Chess celebrado na Facultade de Física

O equipo do IES Arcebispo Xelmírez I, integrado por Lucas Fernández Escolante (2º ESO); Nicolás Lojo Besada (3º ESO); Manuel López García, Arturo Piñeiro Acevedo e Miguel Palacios González (1º BAC), resultou gañador do I Torneo Quantum Chess celebrado na Facultade de Física.

Neste torneo, promovido polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e a USC, participaron estudantes de centros públicos de ensino secundario de Santiago de Compostela.

Parabéns mozos, moitas grazas polo voso talento, compromiso e implicación.

Intercambio coa escola Nadderud VGS de Oslo

Ane, Betaniya, Eline e Sofie pasaron as tres últimas semanas na nosa cidade visitando a diario o IES Arcebispo Xelmírez I grazas a un intercambio entre o noso centro e a escola Nadderud VGS de Oslo. Candela, Enrique, Lara, Vera e as súas familias exerceron como anfitrións destas rapazas norueguesas que deixaron pegada do seu paso polas nosas aulas. Non é unha despedida, é un até pronto.

Admisión do alumnado para o curso 2024-25

De seguido, ofrécese información e documentación relativa á admisión do alumnado no IES Arcebispo Xelmírez I, para o curso 2024-25:

  1. Prazas vacantes
  2. Prazos de admisión
  3. Baremo de admisión
  4. Criterio complementario do centro
  5. Renda anual per cápita da unidade familiar - IPREM 2022

O decálogo de bo uso da biblioteca en vídeo

Un vídeo elaborado pola profesora María José Nieto Calviño explica dun xeito divertido o decálogo de bo uso da biblioteca.

 

Visita do pintor Antón Lamazares

Esta mañá visitounos o pintor Antón Lamazares para realizar a gravación duns poemas que formarán parte da súa exposición Inda é día, que se inaugurará a finais deste mes de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Os arquivos gravados e posproducidos polo noso alumnado do CM de Video DiscJockey e Son serán accesibles ao público mediante códigos QR durante o percorrido da mostra.
Unha gran experiencia para as nosas alumnas e alumnos que puideron traballar man a man cun artista da relevancia de Lamazares, e logo experimentar os resultados na sua aplicación práctica na exposición no CGAC.

Visita do alumnado da Escola Secundária Fontes Pereira de Melo, Porto

A pasada semana recibimos a visita do alumnado da Escola Secundária Fontes Pereira de Melo, de Porto, que realizan un intercambio coas nosas alumnas e os nosos alumnos de portugués de 1º e 2º da ESO. A finais de marzo eles exercerán de anfitrións d@s nos@s na cidade de Porto.

 

VI Torneo de Debate Académico de Galicia, organizado pola Fundación Barrie

 

Lara Belo, Noa Salteiro, Martina Maneiro, Raúl Sánchez, Hugo Iglesias e Cibrán Díaz, de 3º da ESO, participaron no VI Torneo de Debate Académico de Galicia, organizado pola Fundación Barrie.
A cuestión a debater foi: Debería o Estado poñer límites ao uso da internet e dispositivos móbiles a menores de 12 anos?
Unha gran experiencia para o noso alumnado, que exercitou o pensamento crítico e demostrou as súas habilidades argumentativas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut