Calendario PAU Setembro

Recollida de cheques compra libros (setembro)

RECOLLIDA DE CHEQUES PARA A COMPRA DE LIBROS (SETEMBRO)

 

A partir do vindeiro luns, día 21 de setembro, o alumnado correspondente pode recoller nas oficinas do centro o cheque para a compra de material escolar ou libros.

Textos 2015-2016

Para ver os textos do próximo curso pulsar en Textos 2015-16

Premio ao grupo " Vai No Dentista"

Vai No Dentista, o grupo de teatro en lingua galega creado en 1995 para conmemorar o 150 aniversario do instituto, acaba de gañar o premio Buero de Teatro Xoven da Fundación Coca-Cola na categoría escolar da fase autonómica coa representación da obra "Fóra do Xogo"; o pasado 5 de xuño recolleu o premio nunha gala que se celebrou no Centro Ágora de A Coruña.

 

Fóra de Xogo é unha obra na que 11 rapaces e rapazas, un equipo de fútbol, aparecen sobre o céspede dun terreo de xogo, coma se xogaran o partido das súas vidas, onde explican, analizan e diseccionan en monólogos, ás veces difíciles de dixerir, os problemas aos que se enfrontan no seu día a día no instituto; problemas que eles non son quen de resolver, e aos que a sociedade non lles da solución deixándoos totalmente FÓRA DE XOGO.

III CERTAME BANDA DESEÑADA

 

 

O curso 2012-1013 fraguose no IES Arcebispo Xelmírez I o certame de banda deseñada AX1, aberto a todo o alumnado da Comunidade Autónoma de Galicia, de réxime xeral e de adultos. Este proxecto, que contou co prace e inestimable colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, levouse a cabo grazas ao traballo do equipo de dinamización da lingua, o departamento de debuxo e artes plásticas, a dirección do centro e o equipo responsable da dinamización da biblioteca, e a colaboración de 4 xurados expertos na materia, convertíndose nunha das actividades máis transversais do instituto.

Este curso 2014-2015 acábase de publicar a acta de resolución da terceira edición do AX1 (o 26 de maio) e puidemos constatar o enorme interés que esperta no alumnado da nosa comunidade un certame destas características, que busca o vencello dun xénero que cautiva aos rapaces e rapazas de hoxe en día coa lingua galega. Por outra parte, o cómic é un xénero moi versátil: fusiona as artes plásticas, a literatura, a historia, a cinematografía e as novas tecnoloxías, e demanda nos autores e as autoras non só imaxinación e habilidades artísticas, senón tamén capacidade de concreción, orixinalidade e orde no viñetado, e organización e claridade á hora de presentar unha arquitectura narrativa ben trabada.

O incremento de participación ano tras ano durante estas tres edicións anímanos a seguir traballando pola consolidación dun certame que evidencia que o talento, a actualidade e a cultura poden convivir en harmonía coa tradición e a lingua propias, que é, en definitiva, o que nos move. E así no lo demostran os gañadores de esta III edición do certame AX1.

Categoría de 12 a 16 anos:

Primeiro premio, dotado con 500 €, para o traballo ¡MEH! de Paula Amor Díaz, Andrea Barcia García e Celia Gasalla Sánchez, alumnas do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo.

Segundo premio, dotado con 200 €, outorgado a Lorenzo, o ladrón de cómics, creado por Alba Jiménez Pello e Mario Acuña Caldas, do IES de Poio.

Categoría de 16 anos en diante:

Primeiro premio, dotado con 500 €, ao traballo O voo da vacaloura, de Cristian Fojón Caruncho do IES Ortigueira.

Segundo premio, dotado con 200 €, a Philip, creación de Sarela Lorenzo Robledo, do IES Francisco Aguiar de Betanzos.

BASES   ACTA DE RESOLUCIÓN
 
     
 

 

Premios literarios

PREMIOS LITERARIOS :

 

7º Concurso Coca-Cola de Novos Talentos, Premio de Relato Curto:

     2º premio provincial: Antía Fernández Cambeiro, de 2º ESO A.

 

55º Concurso Coca-Cola de Jóvenes Talentos, Premio de Relato Corto:

     3º premio provincial: Iria Tojo Aldariz, de 2º ESO A.

 

2º Concurso Nacional “Carta a un militar español”:

     1º premio provincial: Tamara Parcero Areán, de 2º Bac. C.

 

Concurso conmemorativo del IV Centenario de la publicación de la segunda parte del Quijote, convocado por el Departamento de Lengua Castellana y Literatura de este centro entre alumnos de 2º y 3º de ESO:

     Modalidad Poesía y Dibujo (2º de ESO):

     1º premio: Luis Becerra Lawrence, de 2º B.

     2º premio: Bernabé Villaverde Rodríguez, de 2º A.

     Modalidad Microrrelato (3º de ESO):

     1º premio: Catuxa Sara Prieto Álvarez, de 3º C.

     2º premio: Lucía Aboal Castro, de 3º C.

Premio alumna Centro

Enma Fernández Bouvier acada o 1º premio de XI edición do concurso de redacción histórica Falemos da Nosa Historia, que este curso levou por título "Cotolai".

Está prevista a entrega de premios  o vindeiro dia 4 de xuño (xoves) as 11´30 horas no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación.

Teatro

" Vai No Dentista, o grupo de teatro coordinado polo EDL do noso instituto, acaba de gañar por quinta volta en vinte anos de historia, e segunda consecutiva, o Certame de Teatro Intercentros de Santiago de Compostela, na categoría de secundaria. Parabens!.


O grupo, dirixido maxistralmente por Daniel Baamonde, puxo en escena o pasado xoves, 23 de abril, a peza "O Incidente", unha versión baseada na "Ópera Pánica. Cabaret Trágico" de Alejandro Jodorowsky, mais chea de xiros e monólogos aportados polos mesmos integrantes de Vai No Dentista.
Tal e como figura nas bases do certame, o centro gañador disfrutará do privilexio de ver representada a súa obra no Teatro Principal de Santiago de Compostela, durante o acto de entrega de premios que terá lugar o vindeiro martes, 19 de maio, ás 20:00 horas.
A entrada ao Principal será gratuita ese día para todos e todas os que vos queirades achegar a disfrutar, un ano máis, e xa van vinte, dun serán de teatro escolar en galego.


Aproveitamos a ocasión para felicitar de corazón a todo o noso alumnado, que se amosou absolutamente respectuoso co resto dos grupos participantes, gardando un silencio exemplar durante cada unha das respresentacións que tiveron lugar no noso salón de actos durante a semana do Certame Intercentros. "
 

Distribuir contido