Skip to Content

Conversa co fotoxornalista Gabriel Tizón

Nestes tempos convulsos nos que a verdade é incapaz de atopar morada concreta, precisamos respostas que nos axuden a interpretar unha realidade cada vez máis complexa.Gabriel Tizón (Ferrol, 1973) é un fotógrafo documental que estivo traballando en máis de sesenta países, contando coa súa cámara conflitos bélicos, migracións forzadas ou crises medioambientais. A mirada de Tizón céntrase arredor dos seres humanos e nas consecuencias das súas obras.

 

O luns día 23 de outubro estará no IES Arcebispo Xelmírez I conversando sobre a súa obra, co alumnado e profesorado, e con quen desexe achegarse polo centro, xa que é unha actividade aberta ao público. O acto terá lugar na Aula Magna ás 18 horas.

Cartaz do acto



story | by Dr. Radut