O proxecto EpDLab continúa a súa andaina de xeito virtual

  

Dende  hai  varios  cursos o noso  centro participa  cun grupo  de  alumnos  e alumnas  no proxecto  EpDLab (Educación  para  o  Desenvolvemento-Laboratorio), proxecto  realizado  grazas á participación  da  ONG  Agareso e no  que se  traballa  a  educación  para o desenvolvemento (racismo, xenofobia, igualdade de  xénero, consumo  responsable, cooperación, coidado do medio...)  a  través  da  creación  de contidos  multimedia  mediante  aplicacións  móbiles.

O  proxecto  realízase  normalmente  con obradoiros  mensuais  presenciais  de  100 minutos, pero  dado  que  a situación actual  o  impide, o  EpDLab continuará, para  o  alumnado participante (2º ESO PMAR  este  curso)  a  través  dunha  aula  virtual. Nesta  aula os  alumnos  e  alumnas  poderán participar no proxecto  vendo  vídeos, facendo  actividades  interactivas  e  creando  o  contido  multimedia  cos  seus  dispositivos  desde  a  casa.

O  proxecto  pode  seguirse na  web https://epdlab.gal/