EpDLab curso 2020-2021

 

Dende  hai  varios  cursos o noso  centro participa  cun grupo  de  alumnos  e alumnas  no proxecto educativo EpDLab (Educación  para  o  Desenvolvemento-Laboratorio), proxecto  realizado  grazas á participación  da  ONG  Agareso  (Asociación  Galega  de  Reporteiros  Solidarios) e no  que se  traballa  a  educación  para o desenvolvemento (racismo, xenofobia, igualdade de  xénero, consumo  responsable, cooperación, coidado do medio...)  a  través  da  creación  de contidos  multimedia. 

Realizaranse   dous  obradoiros  trimestrais   de  100 minutos  de  duración  (dúas  sesións  lectivas). Tendo  en conta  a situación actual,   o  EpDLab continúa  para  o  alumnado participante a  través  dunha  aula  virtual que  xa  empezou  a funcionar  o  curso pasado  logo  do   confinamento. Nesta  aula os  alumnos  e  alumnas  participan  no proxecto  vendo  vídeos, facendo  actividades  interactivas  e  creando  o  contido  multimedia.

Este curso  o proxecto desenvólvese  co  alumnado de  2º  ESO  C, que  hoxe, 26 de novembro,  tivo  o  primeiro obradoiro.

Pode  accederse  a toda  a  información sobre o proxecto  en http://epdlab.gal/