Actividades

Desculpas públicas a Autocares Rías Baixas

O alumnado participante nunha saída do noso centro o día 21 de febreiro deixou o autobús manchado e moi sucio. Tras as lóxicas queixas da empresa, queremos facer públicas as desculpas do alumnado involucrado e as de todo o centro.

Obradoiro de regueifas

Os regueifeiros Josinho Porto e Sara Marchena iniciaron na arte da regueifa o alumnado de 1º de ESO nunhas divertidas sesións celebradas o 25 de marzo grazas á colaboración do concello de Ames. Información sobre o concurso Enreguéifate: AQUÍ

Encontros con autores: Cándido Pazó

Aproveitamos o plan do MEC de fomento da lectura para invitar á nosa biblioteca a Cándido Pazó, actor, guionista, director teatral, narrador oral e autor, entre outras obras,  d'A piragua, obra que está a ler o alumnado de 2º de Bacharelato.

Traballo interdepartamental: Mulleres traballadoras

O proxecto interdepartamental "Mulleres traballadoras" empeza a dar os seus froitos. Na semana do 8 de marzo empezouse coa exposición de traballos realizados en diferentes cursos en distintas materias e linguas.

Encontro do alumnado de Francés co Lycée Thépot de Quimper

 

O martes 12 de marzo o noso centro recibiu a visita de 54 alumnos e alumnas acompañados de catro profesores do Lycée Thépot de Quimper, na Bretaña francesa.

Visita á depuradora de Sisalde

Os alumnos de 2º Bacharelato da materia Ciencias da Terra e Medioambiente visitaron o pasado xoves, 28 de febreiro, a depuradora de augas residuais de Sisalde. Estiveron acompañados de dous técnicos da empresa Espina&Delfín, que lles explicaron o funcionamento das instalacións.

Entroido 2019

O venres 1 de marzo celebramos no ximnasio o festival de Entroido, coa participación de doce grupos concursantes e unha actuación de exhibición, a do grupo de baile das actividades extraescolares. Malia as dificultades técnicas pola calidade do son, pasamos un moi bo anaco. Grazas a Ana, Anabel, Irene e Marga por facer de xurado, e ao alumnado de 1º de bacharelato por asumir a presentación do acto.

Andorra 2019

Andorra 2019

Rosalía tamén é nosa

Baixo o lema "Rosalía tamén é nosa" O EDLG do noso centro, en colaboración co departamento de Lingua Galega,  organiza diversas actividades para conmemorar o 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro.

Obradoiro "A tribo"

O alumnado de 2º ESO C vai participar no obradoiro de comunicación "A tribo", que organizan conxuntamente IGASEX= e AGARESO en colaboración coa Obra Social la Caixa. Desenvolverase en tres sesións de cen minutos os días 15 e 22 de febreiro e o 1 de marzo.

Continuamos co EPD_Lab

A sesión de xaneiro do Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento de AGARESO en 2º ESO dedicouse á análise da información dos medios de comunicación para aprender a distinguir as noticias falsas das verdadeiras.

Viaxe de fin de etapa (4º ESO): reunión informativa

O martes 18 de decembro terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de ESO interesado en participar na excursión de fin de etapa a Barcelona. Terá lugar na aula de 4º ESO A de 18:00 a 18: 30. A continuación terá lugar, de 18:30 a 19:30, no salón de actos, a exposición do informe da psicóloga Belén Montesa tras os "Obradoiros de prevención de condutas adicitivas" realizados en 2º e 4º de ESO. Por último, ás 19:30, a ANPA organiza unha reunión informativa sobre o "Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero" para as familias do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Eduemprende - Actúa

O alumnado de Economía de primeiro de bacharelato participou o xoves 29 de novembro no programa “EDUEMPRENDE-Actúa. A actividade emprendedora como chave para o teu futuro”. Trátase dun programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado.

25 N - Poesía contra a violencia

 O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) deseñou a actividade “Poesía contra a violencia” dentro do marco das actividades do 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra as mulleres.

Presentación do vídeo A REDE DO IES DO MILLADOIRO

O venres 15 de xuño presentamos ao público o vídeo A rede do IES do Milladoiro. Foi  realizado ao longo deste curso por alumnado voluntario de 2º de ESO, nun obradoiro de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios),  froito da súa colaboración coa ACPP Galicia e o noso centro. Queremos agradecer a Antonio Grunfeld e a María Aneiros o esforzo e a ilusión postos neste proxecto. Velaquí o resultado.

Encontro coa escritora Andrea Barreiro

O alumnado do Club de Lectura de 1º ESO tivo a oportunidade de charlar coa autora da obra lida o último trimestre, Non hai luz sen oscuridade, nun encontro na biblioteca o xoves 14 de xuño.

Proxecto interdepartamental: HISTORIA DAS NOSAS AVOAS

QUEDA ANULADO O ACTO DE PRESENTACIÓN que ía ter lugar o martes 19 de xuño, ás 12.50,  do libro Historia das nosas avoas no salón de actos do IES do Milladoiro.

Remata a III Olimpíada da Convivencia con 4º ESO D como grupo gañador

Xornada de acollida aos futuros alumnos e alumnas do IES do Milladoiro

O xoves 7 de xuño recibimos ao alumnado que fará 1º de ESO o vindeiro curso. Os seus futuros titores do programa de Titoría entre iguais, que actualmente cursan 2º de ESO, foron os encargados de acollelos e de amosarlles as instalacións: laboratorios, ximnasio, patios, biblioteca, etc.

Remata o traballo do EPD_Lab con AGARESO

O mércores 6 de xuño o alumnado de 2º ESO B participou no último obradoiro deste curso do EPD_Lab e tivo que despedirse, con pesar e agarimo, de Roi, membro de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

Saída dos Clubs de Lectura

A Biblioteca do IES do Milladoiro organizou unha saída didáctica para o alumnado pertencente aos diferentes Clubs de Lectura do centro. Todos acudiron o 28 de maio á sala NUMAX ao visionado da película "O bo mestre". Algúns deles continuaron a xornada cun roteiro didáctico pola Alameda de Santiago, guiados por Encarna Otero, quen foi unha guía excelente. Estámoslle moi agradecidos e agradecidas!

Charla da Garda Civil: Os riscos das novas tecnoloxías

Organizada polo Departamento de Orientación e dentro do Plan Director da Xunta de Galicia, o  mércores 9 de abril tivemos a visita da  Garda Civil para dar unha charla sobre os riscos das redes sociais e as novas tecnoloxías.

Charla sobre Ciclos Formativos de Grao Medio

Á aula de 4º ESO D acudiron dous conferenciantes moi especiais: os nosos exalumnos Saúl Agulleiro e Ian Alonso, que remataron 4º ESO o pasado curso. Explicaron como tomaron a decisión de estudar un Grao Medio, como realizaron a matrícula e que atoparon ao empezar os seus estudos. Compartiron unha experiencia de primeira man que resultou de sumo interese para o alumnado de 4º.

Reunión de orientación académica e profesional coas familias do alumnado de 3º ESO

 O martes 8 de maio, ás 18:15 horas,  as familias do alumnado de 3º ESO están convocadas a unha reunión sobre orientación académica e profesional coa orientadora do centro, M.ª Victoria Fernández, e a xefa de estudos , Paula López. Terá lugar no Salón de Actos do centro.

Restantes cursos: consultar calendario aquí.

"HACKATÓN" POLA DIVERSIDADE

O pasado xoves, día 26 de abril, o alumnado de 2ºB da ESO, participante no proxecto EpD_LAB de AGARESO, tivo a ocasión de xuntarse en Silleda co de Vilagarcía, Boiro, Bueu e Viana do Bolo, os outros centros que forman parte do proxecto, para celebrar un "Hackatón" a prol da diversidade na sociedade, nas aulas e nos medios. 

Obradoiro de manuscritos medievais

Dentro das actividades programadas pola Biblioteca do IES do Milladoiro pola Semana do libro, o Departamento de Xeografía e Historia organizou un Obradoiro de manuscritos medievais para o alumnado de 2º de ESO. A profesora da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña, Mercedes López Mayán, explicou como se realizaban os manuscritos na Idade Media e foi guiando o noso alumnado na elaboración dos seus propios manuscritos ao modo medieval.

Reunións de orientación académica e profesional coas familias do alumnado

O martes 24 de abril terán lugar as primeiras reunións de orientación académica e profesional entre a orientadora do centro, M.ª Victoria Fernández, a xefa de estudos , Paula López, e as familias do alumnado, co seguinte horario:

18: 15 = 1º BACHARELATO

19: 00 = 4º ESO

Restantes cursos: consultar calendario aquí.

DÍA DO LIBRO na Biblioteca

A Biblioteca do IES do Milladoiro organiza durante todo o mes de abril a actividade CITA A CEGAS NA BIBLIOTECA, consistente en acudir á biblioteca para pedir en préstamo lecturas sorpresa clasificadas por categorías: 1º e 2º ESO/ 3º ,4º de ESO e BACH/ Profesorado. 

Ademais, para conmemorar o Día do libro, terán lugar distintas actividades:

Visita á exposición "Auschwitz. No hace mucho. No muy lejos" (Madrid)

O pasado 21 de abril, alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizou unha visita, organizada polo Departamento de Xeografía e Historía, á exposición Auschwitz. No hace mucho. No muy lejos.

 A mostra presenta dun xeito  exhaustivo o que foi o campo de exterminio nazi de Auschwitz, convertido en símbolo do horror. Explica tamén o contexto no que se produciu o ascenso de Hitler ao poder (dende a Primeira Guerra Mundial ata a crise de 1929), as características do réxime nazi, os comezos da Segunda Guerra Mundial, a "solución final", o sistema concentracionario, a vida e a morte en Auschwitz, a liberación do campo, a situación das persoas que sobreviviron...

Obradoiro sobre arquitectura urbana

O luns 23 de abril visitaron o centro dúas persoas de Arquitectura sen Fronteiras, ONG que traballa pola defensa do dereito a un hábitat digno. Traballaron co alumnado de 1 ESO A e F, reflexionando sobre a nosa contorna, valorando os seus aspectos positivos e negativos e facendo propostas de mellora.
Esta actividade inclúese dentro do Proxecto Terra, un proxecto que se desenvolve ao longo do curso dende a materia de Paisaxe e Sustentabilidade.

Distribuir contido