Xornada de acollida aos futuros alumnos e alumnas do IES do Milladoiro

O xoves 7 de xuño recibimos ao alumnado que fará 1º de ESO o vindeiro curso. Os seus futuros titores do programa de Titoría entre iguais, que actualmente cursan 2º de ESO, foron os encargados de acollelos e de amosarlles as instalacións: laboratorios, ximnasio, patios, biblioteca, etc. O  alumnado de 6º de primaria  tivo ocasión de coñecer o centro e os seus futuros compañeiros, así como de resolver as súas dúbidas. Tamén  participou en distintas actividades da man do alumnado  de 2º de ESO, desde xogos a experimentos.

 

Xornada de acollida