DÍA DO LIBRO na Biblioteca

A Biblioteca do IES do Milladoiro organiza durante todo o mes de abril a actividade CITA A CEGAS NA BIBLIOTECA, consistente en acudir á biblioteca para pedir en préstamo lecturas sorpresa clasificadas por categorías: 1º e 2º ESO/ 3º ,4º de ESO e BACH/ Profesorado. 

Ademais, para conmemorar o Día do libro, terán lugar distintas actividades:

  • Exposición de novidades (todo o mes de abril)

  • Exposición de lecturas dos clubs

  • 23 de abril : Entrega dos premios da V Xornada gastronómica.
  • 24 de abril:

         - 1º recreo: sorteo de libros entre o alumnado presente na biblioteca.

         - 2º recreo: entrega de libros aos agraciados.