Club de Ciencia. Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Entrega de premios

"Onte, o Club de Ciencia, fixo entrega dos premios da actividade realizada o venres para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Para esta entrega tivemos unhas invitadas moi especiais, Laura Rozas e Claudia Bretaña, exalumnas do centro que actuaron como Marie Curie e Marie Lavoisier e fixeron un experimento ante todas e todos os asistentes ao acto. Moitas grazas a todo o alumnado participante e parabéns aos gañadores: Yago Bouzas, Xoel Reinaldo e Sergio Abucide. E moitas grazas a Laura e Claudia por continuar con tanta implicación co centro, coa ciencia e reivindicando o papel da Muller en tódolos ámbitos "

Entroido Multicultural: mensaxe da Anpa do IES do Milladoiro, Anpa Milla

Apreciadas familias:
Este ano a Anpa colabora co equipo de Convivencia Positiva, Departamentos de E.F, Música, Francés, EDLG, Biblioteca, Comisión de Igualdade e o Concello para a organización do entroido intercultural que se celebrará o vindeiro venres día 17 de febreiro no centro. Pedimos a vosa colaboración aportando doces para que os alumnos degusten ese día. Poden ser orellas, filloas, biscoitos, rosquillas o que se vos pase pola mente. Os doces entregaranse na entrada principal a persoa que estará alí encargada de recollelos. Poden levalos os alumnos antes de entrar na clase ou ben traelos vos en calquera momento da mañá ata as 12:00 que será cando montemos as mesas. Tamén precisamos mans que nos axuden a montar e recoller logo as mesas é para o reparto dos doces. Non esquecedes que estamos en carnaval e a diversión está garantida polo que podedes vir disfrazados. Una vez máis agradecer a vosa colaboración porque sen vos, non sería o mesmo. Para calquera dúbida, escribirnos ao teléfono ou correo da Anpa.
 
Saudos.

Día mundial da radio: programa especial

 

Co gallo do Día mundial da radio, que se celebra hoxe, 13 de febreiro, as alumnas de 2º ESO -Noa, Julia, Antía, Alicia, Gabriela, Celia e Celtia- fixeron o programa especial para comemoralo, seguindo a proposta de Ponte... nas ondas. Nel fan un breve repaso polo que é a nosa radio, o MillaFalaDoiro.

 

Enlace á publicación do programa na web de Escolas... nas Ondas

Ademais tivemos unha presentación do que é a nosa radio na biblioteca do noso centro por parte de Erik Cadavid, técnico e colaborador incansable deste proxecto.

Unha música no insti

"Unha música no insti" é o último proxecto da artista multidisciplinar Laura Romero Pereira
 
Temos a sorte de contar no IES do Milladoiro coa súa primeira proposta de murais interactivos con información sobre referentes na música galega. É un proxecto artístico presencial e virtual pensado para xente moza, que consiste na creación de diferentes murais de pequeno formato espallados en diferentes IES e CPIs da provincia da Coruña. O obxectivo é familiarizar ás novas xeracións coas mulleres referentes da nosa música. 
 
No noso caso, o mural conta con artistas como Guadi Galego, Ameixeiras e Caamaño, Elba Souto e Aida Tarrío (Tanxugueiras). 

 

Obrigado compañeiras por tanto talento e creatividade!!!

Hoxe é o Día Internacional da Muller de da Nena na Ciencia

"Hoxe 11 de Febreiro é o Día da Muller e a Nena na Ciencia e queremos agradecer a implicación do alumnado do noso centro na actividade sobre científicas realizada onte durante os recreos e organizada polo Club de Ciencia.
 
Recordarvos que o mércores no primeiro recreo, no salón de actos, unhas científicas moi importantes farán a entrega dos tres primeiros premios, ainda que todas e todos que participastes teredes un agasallo.
 
Desfrutade do día!!!"
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Exposición do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2023

 

 

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia: 11 de febreiro de 2023

XIV Olimpiada de Xeoloxía 2023

O mércores 8 de febreiro unha representación de rapazas e rapaces de 1º de Bacharelato participamos na Fase Galega da XIV Olimpiada de Xeoloxía na Facultade de Bioloxía da USC. Xogamos a unha xincana por equipos e resolvimos unha proba con cuestións relativas á xeoloxía. Tamén nos ensinaron os laboratorios de Edafoloxía e o Instituto de Cerámica. Grazas ao alumnado participante.

Castelao "ao son da paisaxe" e "ao son da paz"

O venres 27 de xaneiro foi o primeiro dos dous días nos que lle fixemos unha pequena homenaxe a Castelao no noso IES, con motivo de celebrar o seu nacemento (29 de xaneiro). Unimos esta pequena homenaxe coa terceira fase do proxecto "Ao son da paisaxe" coa que quixemos "humanizar" unha parte do noso patio, a que está atrás do pavillón.

Antes, o alumnado do EDLG (Equipo de dinamización da lingua galega) de 1º e 2º ESO foi á parroquia de Ameixenda buscar varas de salgueiros, bidueiros e vimbios que logo plantamos nese espazo traseiro onde tamén colocamos a faixa coa mítica frase de Castelao, faixa que a rapazada pintou durante toda a semana previa. Abaixo podedes ver algunhas imaxes dese día.

 Ademais de ligar a Castelao co noso proxecto plurianual "Ao son da paisaxe", tamén o ligamos coa celebración do Día da paz na bibliteca, onde se lle fixo tamén unha pequena homenaxe. Rapazas do ENDLG leron viñetas de Castelao, tanto en contra da guerra, como en contra de calquera inxustiza, empregando como arma a retranca. Para finalizar, as irmás Dora e María Iglesias interpretaron o famoso poema de Castelao musicado (Lela):

Durante os dous días dedicados a Castelao proxectáronse os dous vídeos relacionados, un sobre a súa vida e obra do rianxeiro como retranqueiro universal e outro sobre o que entendemos no EDLG que é a paz lingüística.

Participamos na inauguración da carballeira

Convidados pola Concellaría de medio ambiente fomos á inauguración das figuras de madeira que se colocaron nesta carballeira de trasnos que arranxaron en Paramuíño, xusto detrás do CEIP de Ventín. A rapazada de 1º ESO D, e mais alumnado do EDLG de 1º ESO, compartiu espazo con alumnado da súa antiga escola, por grupos "apadriñaron" un carballo e leron uns textos sobre cada un dos posibles habitantes da carballeira (donosiña, píntega, curuxa...)

A nova na páxina do Concello de Ames

Na prensa: La Voz, El correo

Comeza a dar os primeiros pasos o alumnado do "Equipo de Axuda" do IES do Milladoiro

Grazas á colaboración cos E. A. do Xelmirez I e coa súa coordinadora de convivencia Carme Moure, tivemos a sorte de coñecer á nosa formadora Jeni Herbón.

É un verdadeiro luxo poder ver o noso alumnado voluntario implicado na formación e con vontade de querer mudar o mundo a mellor. 

Parabéns a todo este alumnado activista que deu un paso á fronte, tan importante para o noso centro educativo.

Poder contar con alumnado e profesorado formado para axudar na mellora da convivencia positiva é un almeiro para a esperanza!!! 

Grazas tamén ás familias e ao profesorado pola confianza depositada no proxecto.

A comedia bífida: Eliseu

As alumnas Marta Mayo, Sara Martínez, Paula Mosquera e Paula Lourido dramatizaron outra escena do libro de M. Núñez Singala A comedia bífida. Neste caso leron o caso do xulgamento de Eliseu Lamas.

 

30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz

PAZ LINGÜÍSTICA

"Lela" de Castelao. Interpretación: María Iglesias (piano) e Dora Iglesias (frauta)

30 de xaneiro: Día de Castelao

CASTELAO: O SUPERHEROE RETRANQUEIRO

CAIXA DE CORREO DE CONVIVENCIA E EQUIPOS DE AXUDA

 

A caixa de correo de convivencia serve para recoller suxestións, situacións persoais, queixas, denuncias de agresións ou situacións conflitivas… que desexe facer o alumnado. Estas solicitudes de intervención, presentadas por medio desta caixa de correo, serán aquelas para as que a persoa demandante non atopou outra canle máis directa e conficencial. Na caixa de correo poderá depositarse o modelo facilitado no que se recollan:

 

A situación que te incomoda e que che gustaría mudar.
Propostas de mellora da convivencia positiva no centro.

 

Previamente á xestión das mensaxes da caixa de correo de convivencia, haberá unha primeira intervención das persoas compoñentes da Coordinadora de Convivencia para seleccionar aquelas mensaxes que polo seu contido ou características precisen ser dirixidas a outras instancias

 

A xestión das  caixas de correo sempre vai a ser un proceso seguro e discreto, que garantirá a confidencialidade da información recollida a través deste medio e das investigacións posteriores.

Os escritos poderán obterse nos seguintes lugares:

 

Nas columnas en revisteiros,  a carón das caixas de correo.
Na conserxería ou descarga na páxina web do centro, no apartado “convivencia”.

 

DESCARGA ESCRITO DE CAIXA DE CONVIVENCIA

 

SE NON SE TEN ESCRITO OFICIAL, PÓDESE EMPREGAR UN ESCRITO Á MAN

 

As caixas de correo están situadas na planta superior e na intermedia nas columnas centrais.

MÁIS INFORMACIÓN DESCARGABLE

 

INFOGRAFÍA CAIXA CORREO DE CONVIVENCIA

EXPLICACIÓN CAIXA CORREO DE CONVIVENCIA

 

 

 

MÁIS INFORMACIÓN

PROTOCOLO EQUIPOS DE AXUDA IES DO MILLADOIRO

 

 

Ao son da paisaxe: Episodio 4

Un novo episodio do programa "Ao son da paisaxe". Desta vez as reporteiras foron Celia, Celtia e Gabriela que investigaron sobre as hortensias e plantas aromáticas que plantamos o curso pasado no patio do IES.

Olimpìada de Convivencia: clasificación primeiro trimestre

CLASIFICACIÓN 1º TRIMESTRE

1º PUESTO: 3º ESO E

2º PUESTO: 2º BAC A

3º PUESTO: 1º BAC A

4º PUESTO: 4º ESO A

5º PUESTO: 4º ESO B

6º PUESTO 2º ESO E

7º PUESTO 2º ESO D 

PREMIO TRIMESTRAL :Invitación a unha consumición de bebida nunha hora de titoría na cafetería para todos os membros do grupo.

Premio final de curso:

Concerto benéfico de Anxo Gómez Piñeiro

O  28 de decembro de 2022 Anxo Gómez Piñeiro, alumno do noso centro, realizou un concerto benéfico  no auditorio do Milladoiro,  acompañado no piano por Brais González, en apoio da asociación Art for Dent (asociación galega da enfermidade de Dent). Noraboa a Anxo polo concerto e tamén pola súa contribución e exemplar apoio a esta asociación de familias. Podedes ver o conceto protagonizado por Anxo no seguinte video:

Vozes da lusofonia: Homenaxe a José Saramago no centenario do seu nacemento

 Volve o programa Vozes da lusofonia, que dirixen Uxía Reyes e Saínza Ruiz. Comeza a edición deste ano cunha homenaxe a José Saramago, para comemorar o centenario do seu nacemento.

Un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO fixeron unha breve presentación da súa biografía que introduce a lectura dunha das súas obras máis coñecidas (Ensaio sobre a cegueira) realizada por alumnado de 3º e 4º, coa colaboración dalgunha profesora.

Dentro do programa Vozes da lusofonia, podedes escoitar varios podcast coa a lectura (dramatizada) das primeiras páxinas do Ensaio sobre a cegueira. Neste artigo deixámosvos dous, pero vanse publicar máis.

Comeza a lectura: presentación da historia, unha rúa dunha cidade, xente nos carros, un home deixa de ver... Thiago e María Isabel póñenlle voz: Continúa a lectura, agora dramatizada polo alumnado que estuda portugués en 3º ESO:

Novo grupo de radio de 1º ESO

Antía, Claudia e Lorena, alumnas de 1º ESO, acaban de iniciarse na radio e fixeron un programa especial no que falan sobre algo que lles gusta moito: as excursións.

 

Talleres de nadal do Club de Ciencias

 

CLUB DE CIENCIA

Árbore de Nadal con material de laboratorio

Mensaxes navideñas con elementos da Táboa Periódica

Fecendo un caleidociclo

Formación dunha árbore de Nadal por reacción REDOX do cobre con nitrato de prata

Obradoiro de Xeoloxía co alumnado de 1º ESO

 

O 22 de decembro de 2022, último día de clase antes de disfrutar das merecidas vacacións de Nadal, o alumnado de 1º ESO asistiu a un obradoiro sobre propiedades dos minerais co xeólogo Francisco Canosa Martínez. Velaquí tedes algunhas imaxes do mesmo.

 

 

Foliada solidaria "o poeta que baila"

Durante a última semana lectiva de decembro (do luns, 19 ao xoves, 22)  o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do noso centro desenvolve unha campaña solidaria de recollida de alimentos (produtos de Nadal) para entregarlle ao banco de alimentos do Concello de Ames.

Esta acción serve de marco da Foliada Solidaria que se vai desenvolver o vindeiro mércores 21 de decembro, ás 11:00h, no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Nesta gala vanse presentar dous vídeos musicais que, a partir de dous poemas de Florencio Delgado Gurriarán, musicou o alumnado do noso centro e mais do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces.

A maiores teremos unha serie de actuacións do alumnado de ambos centros unindo música, danza e palabra baixo un mesmo propósito solidario.

As familias que desexen asistir ao acto poderán entrar para ocupar as prazas libres que fiquen, unha vez entre o alumnado.

Agradecemos a vosa axuda para colaborar, na medida das vosas posibilidades, se vos presta, nesta iniciativa achegando turrón, mazapáns, polvoróns… no espazo que estará habilitado na conserxería do IES desde o luns ao mércores 21.

 

Sede na Nova Galiza (O poeta que baila, Florencio Delgado Gurriarán)

O IES do Milladoiro en Innovames

Accesit e 3º premio forn os resultados obtidos polo IES do Milladoiro no Primeiro Premio Innovames Proxectos Educativos, orientados a promover a cultura do emprendemento e a innovación e que situáronse dentro da xornada desenvolvida  0 16 de decembro no Pabillón do Milladoiro, Innovames, organizada polo Concello de Ames e destinada a amosar as últimas tendencias das empresas de Ames no mundo da innovación 

Noraboa aos premiados!

O novo galardón de Anxo Gómez Piñeiro na prensa

O galardón obtido polo alumno do noso centro, Anxo Gómez Piñeiro, no undécimo concurso "Cidade de Vigo", de violín, viola, violonchelo e contrabaixo, convocado pola AGIC (Asociación galega de instrumentos de corda) foi obxecto de mecnión en distintos medios de comunicación domo o Correo Galego. Podédelo ver na seguinte ligazón:

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodaareadecompostela/nuevo-galardon-para-el-joven-virtuoso-del-violin-anxo-gomez-pineiro-en-vigo-GN12793072

Apertas, María, e ata sempre

Hoxe despedímonos de María José Pérez Señarís. toda unha instituación no noso centro. O seu traballo abnegado, o seu sorriso e paciencia, a súa dedicación ao traballo ben feito, o seu compañerismo... sempre quedarán con nós. Moita sorte, María, na túa nova andaina e un bico dende esta casa que sempre será a túa.

Un novo éxito de Anxo Gómez Piñeiro

Dende o IES do Milladoiro felicitamos ao noso alumno, Anxo Gómez Piñeiro, polo seu éxito e posto obtido no XI Concurso de Corda, Cidade de Vigo

Vinte anos do Prestige

Episodio número 3 do Programa Ao son da paisaxe, nesta ocasión un especial a propósito dos vinte anos da catástrofe do Prestige na costa galega. Noa, Antía, Alicia, Julia, Gabriela, Celtia e Celia explican con claridade os feitos acontecidos hai vinte anos e traen as lembranzas de avós mariñeiros de Ribeira e Carnota.

Entrega dos premios do concurso de relatos de terror

 
Este pasado venres entregáronse un primeiro premio e un accésit do concurso de relatos de terror que organizamos polo Samaín.
 
O xurado reuniuse  o 29 de novembro do 2022 e acordou por unanimidade entregar o 1° Premio da modalidade A a Paula Ramos Vilar, de 1° da ESO D, pola obra Vaticinios. Así mesmo, o xurado decidiu outorgar un accésit, na mesma modalidade, a Gael Rodríguez López, por Un Nadal diferente.
No acto de entrega de premios que se celebrou na biblioteca, a premiada e mais o galardoado co accésit resumíronlles aos asistentes os seus textos, e logo recibiron de mans do director do centro cadanseu vale para gastar na librería, así como cadanseu caderno.
Distribuir contido