Cambio Climático no Prato

A Coordinadora de Convivencia programou para este xoves 28 de setembro unha actividade para o alumnado dos Equipos de Axuda do noso centro. Participaron nun obradoiro de cociña sostible con Alejandro Iglesias: "Cambio Climático no Prato". Unha actividade para comezar a tecer redes de traballo e coñecemento entre o alumnado voluntario. 

O proxecto ‘People & Planet: un destino común’ ten como obxectivo concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable. A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e que se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas públicas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 19 entidades de oito Estados membros.

Moitas grazas a Álex por facernos felices no día de hoxe e a Leonardo (coordinador intercultural do Concello de Ames) por pensar sempre en nós para este tipo de actividades tan creativas e proveitosas que sementan convivencia positiva.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta semana participamos nun proxecto Erasmus+ como centro de acollida.

Recibimos no noso centro educativo unha grata visita dunhas compañeiras docentes italianas do Instituto OmniComprensivo, San Marcello Pistoiese (www.iocsanmarcello.edu.it).
Un centro educativo na belísima zona de montaña dos Apeninos con unha casuística moi particular, posto que está composto de 18 unidades dispersas na que se distribúen 800 alumnos/as desde os 6 ate os 18 anos. Os núcleos poboacionais máis grandes son Pistoia e Cutigliano.  
Esta visita está enmarcada dentro dun programa Erasmus+ KA101 de observación de boas práticas (Job Shadowing). O obxectivo deste grupo de docentes é coñecer a organización do sistema educativo en Galiza, metodoloxías e estratexias didácticas empregadas, proxectos educativos do noso centro…
Tivemos a oportunidade de mostrarlles os proxectos realizados polo noso alumnado do Club de Ciencias, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, do colectivo EUTERPE, dos Equipos de Axuda...
A maiores partillamos experiencias didácticas e organizativas e asistiron a algunhas clases para realizar unha observación máis directa das metodoloxías empregadas.
Tamén visitamos conxuntamente con elas outros centros do noso Concello, como o CEP de Ventín e o IES de Ames, para observar as instalacións, as boas prácticas e incluso falar en italiano co alumnado.  
Seguindo coa oferta educativa do noso entorno, concertamos unha cita coa dirección da EOI de Santiago de Compostela e o Departamento de Italiano para poder realizar unha análise das ensinanzas de linguas e da metodoloxía a empregar. Aproveitando tamén a grande oferta museística de Santiago de Compostela visitaron o Museo do Pobo Galego, o CGAC e a Cidade da Cultura.
Agradecemos inmensamente este tipo de visitas didácticas nas que toda a comunidade aprendemos a través da internacionalización, para seguir camiñando xuntas/os e reforzar así a dimensión europea do ensino/aprendizaxe. Tecendo redes de construción de coñecemento,  promovendo os valores de inclusión e diversidade, tolerancia e participación democrática para entender a riqueza do noso patrimonio común e a súa diversidade.
Grazie mille pola visita: Angela, Daila, Gianna e Francesca.

MANTEMENTO POLO IES DO MILLADOIRO DO DEREITO DO USO DO DISTINTIVO "SELO VIDA SAUDABLE"

Mensaxe dirixida ao IES do Milladoiro dende o Ministerio de Educación e Formación Profesional, Subdirección Xeral de Cooperación Territorial, Programas de Centros Docentes:

Por Orden ECD/2475/2015, de 19 de noviembre, se crea el distintivo de calidad de centros docentes Sello Vida Saludable (BOE del 24). Esta Orden en su artículo 7.2 establece que “periódicamente, y al menos cada dos años, podrán realizarse revisiones por parte del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, con el fin de comprobar si se continúan cumpliendo los requisitos que justificaron la concesión”.

Mediante Resolución de 8 de junio de 2017, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, se concedió a su centro el distintivo de calidad “Sello Vida Saludable” para el 2017 (BOE del 23).

En cumplimiento de lo previsto en el artículo 7.2 de la Orden ECD/2475/2015, una vez revisados todos los centros adjudicatarios de 2016, y de acuerdo con la propuesta formulada por la comisión evaluadora, se ha resuelto mantener el derecho al uso del distintivo «SELLO VIDA SALUDABLE» a su centro.

 

¡Enhorabuena!

Ao son da oralidade: toponimia de Ames

Dentro do proxecto Ao son da oralidade, que recibiu o premio Antonio Fraguas, a rapazada de 1º e 2º ESO elaborou no último trimestre uns vídeos sobre toponimia do concello de Ames. Primeiro estudaron algúns dos topónimos da zona entre O Milladoiro e Bertamiráns partindo do libro de X. Manuel Boullón Toponimia de Ames. Logo fomos coñecer os lugares que tiñan eses nomes e alí gravaron varios vídeos. O son non é moi bo, pero queda suplido pola habilidade deste alumnado reporteiro tan excepcional:

 

 

 

 

Aínda teñen pendente de falar coa veciñanza de máis idade para descubrir como mudou o territorio no que agora viven...

 

 

Vozes da lusofonia: clube de leitura de portugués

Lucas Doce e Zoe González, xunto con Andrea Caramés, Paola Torrado e Miguel González, forman parte do "Clube de leitura de português". Neste episodio, Lucas e Zoe fan un percorrido polos libros que estiveron a ler desde o comezo.

"Aprendendo sobre... Otero Pedrayo": Programa de podcast

O alumnado de 4º ESO B este curso realizou un programa de radio chamado "Aprendendo sobre... Otero Pedrayo" con cinco episodios que van dando os datos máis relevantes da súa vida e da súa obra narrativa e teatral.

 

Entrevista a Fátima Barros

Lara Rozados, coordinadora de Igualdade e membro do EDLG, entrevistara en febreiro a Fátima Barros aproveitando a súa visita ao centro polo Día da Muller e da nena na ciencia, onde lle falou á rapazada de diferentes niveis.

PROXECTO FINAL "AO SON DA PAISAXE"

Ao son da paisaxe. Actividades do terceiro trimestre

 

O pasado 16 de maio, no marco das actividades das Letras Galegas e dentro do proxecto “Ao son da paisaxe”, veu ao noso centro Sabela Cobas, profesora no IESP de Ames (Bertamiráns).

Durante unha hora explicoulle ao alumnado do ENDLG en que consistiu a renovación do patio do seu IES e como se desenvolveu.

Aproveitando a visita, as alumnas que levan o proxecto de “Ao son da paisaxe” fixéronlle unha entrevista na radio:

  

E entrevistamos telefonicamente a unhas rapazas que traballaron con ela no proxecto:

 

Tamén entrevistaran os técnicos da aula da natureza cando viñeron en marzo replantar as árbores que secaran da plantación do curso pasado:

O martes 23 de maio foi o día escollido para irmos nós ao seu centro, de paso que fixemos un roteiro para gravar os vídeos de toponimia e mais para ir coñecer o traballo que, sobre este tema, fixo a rapazada do CEIP Agro do Muíño. Durante a visita, guiada pola profesora Sabela Cobas, a rapazada do noso instituto foi coñecendo as distintas partes do patio, que previamente xa lle explicara na charla que dera noso centro, sendo a charca o lugar que máis lles gustou. Aproveitaron para deixar alí uns barcos de papel cos seus nomes e algúns desexos:

 

O mesmo grupo de rapaces e rapazas aproveitaron ese día a visita a Bertamiráns para analizar a calidade medioambiental da auga do Rego dos Pasos, que desemboca alí no Sar, participando así no proxecto Ríos de Adega:

 

Pechouse o proxecto este curso na última semana de clase coa colocación dos bancos e mais dos chantóns nos que pegaron as placas que deseñamos no EDLG onde se indica o nome da árbore, o termo científico, un poema relacionado e o código QR que leva a unha páxina na que se poden ler e escoitar as características das especies, así como o poema e a canción asociadas á mesma.

A inauguración das placas fixérona Brais Fernandes e Américo Festinhas aproveitando a súa visita ao centro:

 

Resumo do proxecto no seguinte vídeo:

 

 

 

 

Últimos episodios de varios programas na radio MillaFalaDoiro

 Coa voráxine de final de curso quedaron sen publicar os últimos episodios de dous programas de radio, que vos deixamos agora.

O quinto episodio do programa "Abrindo portas" que dirixen Zoe Alonso, Alicia Abelenda e Nerea Abelenda:

 

O terceiro programa da temática deportiva que desenvolveron Aroa Salgado, Sofía Urriola e Paula Ramos:

O alumnado do Club de lectura con Arantza Portabales

O pasado martes 20 de xuño pechouse o Club de lectura en lingua galega cunha reunión moi especial á que acudiu a escritora Arantza Portabales. A rapazada leu catro obras da autora: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Beleza vermella, A vida secreta de Úrsula Bas e O home que matou a Antía Morgade.

Despois dunha agradable reunión de máis de unha hora na que a autora lles desevelou moitos segredos sobre o seu proceso da escrita e sobre cada un dos seus libros, accedeu amablemente a contestar un cuestionario lector na nosa emisora de radio.

No seguinte programa, Andrea Caramés, Sara Antón, Paola Torrado e Carlota González fan un breve resumo do que foi o encontro e a continuación fanlle o cuestionario a Arantza. Esperemos que vos guste!

 

A-PORTAS OU A-PARTAS

curtametraxe escrita, realizada e producida polas alumnas de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO do noso instituto.

Actividades de fin de curso da Coordinadora de Convivencia

 
A Coordinadora de Convivencia, despois de organizar a visita e benvida do alumnado de primaria ao noso centro, continuou coas súas actividades o pasado día 20 para rematar o curso sementando convivencia positiva. 
 
 
Pola mañán tivemos a sorte de contar con un obradoiro internacional: galego-mozambicano. Por unha banda Brais Fernándes realizou unha sesión de dinámicas de reflexión colectiva e con Américo “Festinhas” achegámonos á danza e ao teatro de Mozambique para reafirmarnos, unha vez máis, na enerxía positiva que desprende a arte. 
 
 
 
 
 
 
 
Pola tarde continuamos cunha sesión de cinema reflexivo, arredor da saúde mental na adolescencia, o racismo, a presión social e o bullying. Este ano, un grupo de alumnas do noso centro participou activamente co proxecto A TRIBO, grazas ao convenio de colaboración que temos con AGARESO e IGAXES). Un proxecto tan interesante como necesario, que nos fai ver máis alá e repensar a situación actual da nosa mocidade con empatía. Un xeito de achegarnos á mirada do noso alumnado cuns óculos máis sociais e solidarios. 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
A maiores, tivemos a sorte de ver a estrea mundial da curta “A-portas ou A-partas” escrita, realizada e producida polas alumnas de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO do noso instituto. Unhas artistas que nos agasallaron cunha obra audiovisual coa cal moito alumnado se identificou en algunha das tres protagonistas. O debate aberto, no que participou todo o alumnado de 2º da ESO e 3º da ESO, foi moi interesante e dinámico en ambas presentacións. 
 
 
 
Agardamos que para o vindeiro curso sigamos construíndo unha comunidade educativa que aposte con firmeza pola convivencia positiva.  
 
Bo verán e gozade das merecidas vacacións. Desexamos que sexan reparadoras para voltar con moita forza e ilusión o vindeiro curso para seguir sementando convivencia positiva. 
 
Un saúdo agradecido das persoas que formamos a Coordinadora de Convivencia

Recibimento do Club de Ciencia ao alumnado do CEIP de Ventín

O Club de Ciencia do IES do Milladoiro finalizou a súa actividade no presente curso por todo o alto, ca preparación dunha fiera científica para recibir ao alumnado de 6º de primaria do CEIP de Ventín. É o colofón a un gran ano no que o Club, grazas ao esforzo de alumnado e profesorado, nunha referencia indiscultible no noso centro.

MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!

 

Novo programa no MillaFalaDoiro: "Abrindo portas"

 

Alicia Abelenda, Nerea Abelenda e Zoe Alonso deseñaron un novo programa: Abrindo portas. Gravaron varios programas que vos deixaron:

 

 

A tertulia de 1º Bacharelato trata o tema do galego no sistema educativo

Comezou un novo programa de radio cara ao final deste curso que se chama  "Tertulia".

Por agora só se gravou un episodio, pero con moito esmero. Nel, alumnado de 1º Bac do IES do Milladoiro, que se fixeron chamar "Os tertulianos"  estiveron a debater sobre un tema ben interesante: o galego hoxe e as súas relacións no sistema educativo... 20 minutos con cuestións de moito interese da man de Rubén Albela, Alejandro Buela, Alicia Cabezas e Yeimy Cruz, de 1 BAC A.

 

Presentación do IES do Milladoiro ao alumnado de 6º de primaria do CEIP de Ventín

Hoxe acudiu o alumnado de 6º de primaria do CEIP de Ventín a visitar e coñecer o que será o seu centro a partir do vindeiro curso 2023.2024. Ali actuaron como cicerones varios membros dos Equipos de Axuda, Leváronnos por todo o centro e lles deron a coñecer os distintos ámbitos e grupos dos que eles, o ano que ven, xa poderán ser parte: axudante de biblioteca, membros do Comité de Igualdade, membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (radio, voluntariado lingüístico, paisaxe, club de debate...)  Tamén lles deron a coñecer grandes iniciativas e proxectos como son o  Club de Ciencia ou o Colectivo Euterpe.

E por suposto, houbo tempo para explicar os novos mecanismos cos que contamos no centro en materia de Convivencia: a Caixa Correo e os Equipos de Axuda. Podédelo ver no seguinte video:

Obradoiro de regulación emocional para os docentes

Dentro das actividades da Coordinadora de Convivencia se desenvolveron tamén algunhas relativas á convivencia e benestar dos docentes. A última de estas, kevada a cabo o 14 de xuño, foi un obradoiro de regulación emocional, desenvolvido polo equipo de Belén Montesa. A experiencia foi moi ben valorada polos asistentes, coincidindo todos eles na idoneidade de continuala no vindeiro curso

Ensaios clínicos

O noso centro, a través do seu Club de Ciencia, estivo presente no concurso "Reimagina la Ciencia en Galicia 2023". Alí, presentaron o video "ensaios clínicos"  os alumnos Mario Campos, Iago Varela, Carolina Rey, Oscar Pin, Hugo Mateos, Iria Buján e Diego Madarnás, conseguindo ser finalistas. O martes, 20 de xuño,  a partir das 10:00 h, será a Gala Final e entrega de premios e poderá seguirse online a través da seguinte LIGAZÓN

 

Novos programas de deportes na radio

Neste último trimestre, alumnos e alumnas de 1º ESO arrancaron dous novos programas, os dous centrados nos deportes.

O primeiro deles (Deportes no MillaFalaDoiro), do que xa hai tres episodios, condúceno Pablo Paz, Martín Fandiño, Xoel Reinaldo, Irene Alende e Sara Sendón. Na parte técnica contaron con Miguel Franco e tamén con Paula Ramos no último programa. Céntrase nos deportes que practican eles.

Deixámosvos o primeiro episodio de presentación, e mais o segundo e o terceiro no que lle fan entrevistas a compañeiros do centro que xogan no Basquet Ames.

 

O seguinte programa lévano tres alumnas tamén de 1º ESO: Aroa Salgado e Sofia Urriola son as locutoras, coa colaboración de Sara Sendón. Paula Ramos é a técnica de son. Chámanlle Desportos ao seu programa e a temática principal é o fútbol. Por agora teñen dous episodios:

 

 

Presentación do traballo da terceira edición de "A Tribo": A saúde mental (tamén) depende de ti

O venres, 9 de xuó desenvolveuse no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a presentación do traballo da terceira edición de A Tribo, un proxecto no que participan duas entidades vinculadas á Rede do IES do Milladoiro como son Agareso e Igaxes. 

Nesta edición o tema a desenvolver foi un dos grandes estigmas do noso tempo: a saúde mental e a realidade presente, en relación ao mesmo, na nosa mocidade, a través da depresión, a ansiedade ou as adiccións e baixo o lema "a saúde mental (tamén) depende de ti".

Dentro deste procecto temos que destacar a participación e traballo no mesmo de varias alumnas do noso centro: Alisson Michell Rosero Reyes, Andrea Vakentina Dos Santos Gómez, Clara Victoria Tesorero Carreño, Helena De Lima Costa, Lorena Seoane García, María Isabel Bengui Faria e Viktoria Kevin Sousa Cruz.

Dende o IES do Milladoiro mandamos a nosa noraboa ás alumnas polo seu gran traballo e lle damos as grazas pola imaxe tde transmitida do noso centro como un ámbito de reflexión e análise dos grandes problemas e desafios da nosa mocidade actual.

Radio teatro: O merlo branco (2ª parte)

O noso alumnado de 1º ESO que se dedica ao Radio Teatro acabou a 2ª parte d'O merlo branco, obra de Cándido Pazó da que xa publicamos o primeiro podcast hai un par de meses. Miguel Franco, Héctor Pin, Mateo Campos e Yago Bouzas estiveron moitos recreos ensaiando e gravando a obra.

Como esta vez había máis personaxes, convocaron a dous compañeiros. tamén de 1º ESO, que comezaron a facer radio no 3º trimestre (Xoel Reinaldo e Pablo Paz)

 

XENTE QUE FALA, GAÑADOR DO CLUB DE DEBATE ALINGUA 2023

O equipo "Xente que fala", do IES do Milladoiro, composto neste curso por Diego Madarnás, Andrea Caramés, Javier Conde, Sara Antón, Mario Campos e Óscar Pin, participaron na final do Club de debate, á que chegaron tras quedar xa primeiros na fase comarcal celebrada en Teo un mes e pico antes.
 
Tras debater a favor e en contra sobre o tema "A mocidade renuncia ao galego?" acadaron o primeiro posto.
 
No seguinte vídeo pódese ver unha pequena reportaxe do que foi a xornada, desde a chegada á Casa da cultura de Bertamiráns, onde revisaron as súas últimas notas, as actividades na praza de Chavián para desestresaren antes do comezo da actividade, as dúas duras sesións de debate (unha de mañá e outra de tarde), para finalizar con uns xogos, mentres o xurado deliberaba e sumaba a puntuación de todos os debates.
 
Rematou a sesión coa entrega de premios, despois de falaren as persoas representantes de cada concello e trala lectura das puntuacións finais por parte da presidenta do xurado.
 

 

MÁIS INFORMACIÓN:

https://www.concellodeames.gal/gl/novas/o-equipo-xente-que-fala-do-ies-do-milladoiro-gana-por-segundo-ano-consecutivo-final-do-club-de

Maker Faire Galicia 2023

O alumnado do Club de Ciencia visitou o venres a feira de innovación e tecnoloxía MAKER FAIRE Galicia 2023 
 
 
 
 
Asistiron a obradoiros de intelixencia artificial, proxectos con Arduino, creación de videoxogos e xogos de inxenio.
 
 
 
 
Unha xornada lúdica na que comprobaron que a ciencia, ademáis de ser o futuro, é divertida.
 
 
 
 
 

Radio-teatro: A piragua de Cándido Pazó

A piragua é unha obra de teatro de Cándido Pazó que un grupo de rapazas de 3º ESO adaptaron para o seu programa de Radio Teatro. Paula Lourido, Sara Martínez, Marta Mayo e Paula Mosquera leron o texto e foron organizando unha serie de escenas, que non corresponden coa división da obra orixinal. Aquí quedan as dúas primeiras que elas adaptaron.

Seguro que vos gusta o resultado!

 

 

 

 

O reto do TDAH: Anxo Carracedo no IES do Milladoiro

Baixo o título do "reto do TDAH" desenvolveuse o venres, 26 de maio, ás 18:00 h no salón de actos do IES do Milladoiro a charla protagonizada por Anxo Carracedo Álvarez, organizada pola vicedirección do centro ca colaboración da ANPA do IES do Milladoiro, Anpa Milla, Ademais de  catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, membro da Real Academia Galega de Ciencias, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Carracedo leva xa unha ampla andaina na posta en valor e recoñecemento da importancia do axeitado tratamento do TDAH, grazas a súa labor como  presidente da Fundación Ingada

Carracedo iniciou a súa charla situándoa dende o inicio, no momento en que xunto a vida, xurde a diversidade. Para o científico galego a diversidade sempre é un elemento valioso e necesario, pero no momento en que fai sufrir a un ou ao entorno dos seres máis próximos, pasa a situarse no campo do trastorno. Este é o caso do TDAH, nos que algúns das súas compoñentes poden plantexar problemas, especialmente nuns ámbitos como os dos sistemas educativos actuais, nos que a competitividade, a aprendizaxe memorística ou a rixidez poden supoñer un obstaculo no alumnado destas características. El mesmo sitúa a súa experiencia de vida como un exemplo deste obstáculo: o seu primeiro transito na ensinanza non sufriu estas barreiras grazas a súa orixe rural e o estudo na súa casa. ata que tivo que enfrentarse a un sistema que non perdonou unha lóxica resposta da ubicación de Compostela entre o Tambre e o Ulla, baseada na súa experinecia visual dun mapa de España que ollaba a miudo, en vez de dar a resposta oficial da situación da cidade entre o Sar e o Sarela. Pero nese momento el tivo un apoio decisivo: O da súa familia que premiou o esforzo, poñendoo por encima dun valor numérico de cualificación. 

Para Carracedo, o TDAH, leva aparellado aspectos positivos como a creatividade ou o dinamismo, pero como trastorno pode plantexar importantes complicacións, destacando especialmente as derivadas da impulsividade. A medicación pode ser, neste sentido unha axuda e elemento moi positivo que permite unha importante mellora da calidade de vida e o benestar deste e outros trastornos, aspecto este último que el mesmo viviu no ámbito familiar máis próximo. Inflúe a xenética, pero tamén o ambente e este último aspecto pode dar resposta, por exemplo, ao por que hai unha maior prevalencia do trastorno nuns ámbitos xeográficos frente a outros. Neste punto, Carracedo destacou a importancia do sistema educativo e a necesidade de impulsar o seu cambio, apostando pola aprendizaxe significativa e a ensinanza de valores, frente as actuais esixencias memorísticas e de contidos. 

Como bo TDAH, Carracedo non parou de moverse a amosar a súa inquietude a nosa comunidade educativa, respondendo a preguntas e entablando un dialogo espontaneo e cheo de emoción. A todos nos deixou abraidados co seu vitalismo e xenerosidade, compartindo con todos nos o seu coñecemento e experiencia vital de vida. 

Deixamos finalmente as ligazóns aos seguintes recursos aos que podemos acceder todos, grazas á Fundación Ingada da que el é presidente e impulsor.

TDAH. GUÍA DE APOYO AL ESTUDIO

EL ALUMNADO CON TDAH EN LA UNIVERSIDAD

COMO CONVIVIR CON EL TDAH

GUÍA DE ASESORAMIENTO FAMILIAR

VIDEOTECA FUNDACIÓN INGADA

BIBLIOTECA FUNDACIÓN INGADA

MATERIAL DIDÁCTICO FUNDACIÓN INGADA

ABORDAJE DEL TDAH EN EL ÁMBITO EDUCATIVO. FUNDACIÓN INGADA PARA EL IES DO MILLADOIRO

 

Esta charla foi obxecto de atención por parte dos medios de comunicación. Amosamos, a continuación, ligazóns a artigos de varios medios, adicados á mesma:

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2023/05/28/carracedo-destaca-parte-positiva-tdah/0003_202305S28C9991.htm

 

 

https://www.elcorreogallego.es/concellos/2023/05/30/anxo-carracedo-doutor-tdah-milladoiro-88062869.html

 

O IES do Milladoiro no encontro ca Ministra de Ciencia e Innovación en Espazo A Proa

Hoxe tivo lugar un encontro en Espazo A Proa, de empresarios e galardonados  cos premios Innovames , no que o noso centro, dentro dos proxectos educativos, foi un dos premiados. O acto estivo presidido polo alcalde amesano, Blas García e a Ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant. Acudiron, acompañados pola vicedirectora Sonia Magariños, os alumnos Breogán Fajundes, Diego Madarnñas, Hugo Mateos e Carolina Rey.  No seguinte video podedes ver a explicación que fixeron das actividades que se desenvolven no centro:


 

Saída didáctica a Braga e Guimarães

O alumnado de 2º, 3º e 4º ESO participou o pasado martes 9 de maio na saída didáctica a Portugal. Nesta ocasión as cidades escollidas foron Braga, Guimarães e Ponte de Lima.

Na primeira dela puideron escoller entre a visita guiada ao estadio de fútbol do equipo local (Sporting Clube de Braga) ou facer un percorrido didáctico polo centro da cidade.

En Guimarães parte do alumnado estivo no Museo de Ciencia Viva e logo fixo a visita guiada á cidade que o resto do alumnado comezou con anterioridade. Pechouse a saída nun breve recorrido por Ponte de Lima.

No seguinte vídeo pódese ver unha reportaxe da xornada.

 

Programa especial na radio MillaFalaDoiro dedicado a Francisco Fernández del Riego

Alumnado de 4º ESO quixo dar a coñecer a figura de Francisco Fernández del Riego a toda a comunidade educativa. Elaboraron varios episodios para o programa chamado "Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego". De forma individual, por pares ou en grupos foron preparando diferentes episodios con diferentes formatos. Seguro que atopades  moita información sobre o autor homenaxeado, e ao final podedes experimentar a responder as preguntas do Concurso sobre Don Paco, a ver se dades coa resposta certa en todas as preguntas:

 

 

 

 

 

 

DÍA DAS LETRAS 2023

Onte, martes 16 de maio, o alumnado do EDLG de 1º e 2º ESO participou nunha homenaxe a Francisco Fernández del Riego. Escolleron unha árbore das plantadas no centro o curso pasado dentro do proxecto "Ao son da paisaxe"  para dedicarlla ao escritor de Lourenzá. A especie elixida foi un bidueiro ao que lle colocaron o cartaz identificativo. A idea é seguir con esta iniciativa en anos vindeiros.

 

Distribuir contido