Visita de Paco Bañobre

O pasado venres 12 de decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato recibiu a visita de Paco Bañobre, membro de Adega e colaborador do Proxecto Ríos. Bañobre impartiu unha charla sobre a importancia das augas, un recurso natural finito ameazado por mútilples perigos. Galicia é, non o esquezamos,o "país dos mil ríos", segundo a expresión de Álvaro Cunqueiro.

Problemas Matemáticos

Martín Alonso Gamarra, alumno de 1º de ESO A, é o gañador do concurso sobre problemas matemáticos.

Parabéns Martín.

As Novas de Leo. nº 2

Tertulia no IES do Milladoiro

Comunicamos que a tertulia dirixida aos pais/nais do alumnado de 1º de ESO, organizada para esta tarde ás 19:30 horas, posponse para despois de Nadal en data e hora que se comunicarán con antelación.
O motivo é que non contamos con número suficiente de participantes (confirmados por escrito na comunicación enviada ou mediante aviso oral) para poder aproveitar a riqueza de reflexionar en grupo. Entendendo, que estas datas previas ás vacacións e á primeira avaliación poidan ser máis complicadas.
 
 
O xoves 11 as 19:30 haberá unha tertulia sobre alimentación dirixida aos pais do alumnado de 1º de ESO, nela participará a Dra. Isabel González Lado, psiquiatra da Unidade de Desórdenes Alimentarios (UDAL) do Hospital de Conxo co seguinte obxectivo: "Crear un espazo de reflexión sobre a alimentación e nutrición do alumnado de 1º de ESO, que se está traballando nas titorías, para construír criterio saudable respecto aos seus hábitos alimentarios e detectar situacións de risco de cara á prevención."

PREMIOS DO IV CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES "DESATA A LINGUA"

Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Con motivo do "Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos", o alumnado de 3º da ESO exporá, na cristaleira cercana a Biblioteca, o traballo de reflexión realizado nas titorías en colaboración coa ONG Médicos do Mundo "Outra mirada cara á inmigración".

Dentro das actividades destinadas a celebrar o día internacional dos dereitos humanos, os alumnos de 1º bacharelato B realizaron na biblioteca a lectura en francés dos artigos da declaración internacional dos dereitos humanos.

Inauguración da biblioteca do CEIP de Ventín

O xoves 4 de decembro os alumnos dos Clubes de Lectura participaron nas actividades de inauguración da biblioteca do CEIP de Ventín, desenvolvendo as seguintes actividades:

  • Os alumnos de 1º ESO realizaron recomendacións das súas obras preferidas e leron fragmentos dalgúns contos traballados con Félix, profesor de lingua castelá.

  • O alumnos de 2º ESO centráronse en ler breves relatos míticos coa profesora Cristina Díaz.

  • Os alumnos de 3º ESO leron un conto de Sherlock Holmes preparado coa profesora de francés Ana Sofía Ardariz. 

  • Os alumnos de 4º ESO B traballaron a lectura a varias voces dun libro de poemas-cancións en francés coa profesora Margarita Rodríguez.

  • Os alumnos de 4º ESO C realizaron a lectura de varios fragmentos de obras escollidas por eles e falaron da súa participación no club de lectura. 

Grazas ao CEIP de Ventín e, en especial a Elvira, pola súa invitación e acollida.

   

 

PREMIOS DO IV CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES "DESATA A LINGUA"

 

     

O ALUMNADO DO NOSO IES RESULTOU GAÑADOR DE DOUS DOS TRES PREMIOS DA IV EDICIÓN DO CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO  DO CONCELLO DE AMES: 

O premio ao mellor guión orixinal recibírono tres alumnos de 4º de ESO, e o premio á mellor interpretación recaeu en dúas alumnas de 2º de Bacharelato.

O PREMIO AO MELLOR GUIÓN ORIXINAL foi outorgado ao monólogo titulado: A regularidade, con guión de Jorge Expósito Patiño e Daniel Expósito Patiño e interpretado por Daniel Iglesias Duro.

O PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN  foi para o monólogo: Cousas da vida, con guión de Camila Caffarelli Popowicz e Rosalía Cid Tarrío, interpretado por Rosalía Cid Tarrío.

A Biblioteca edita o seu primeiro boletín de novidades: *As novas de Leo*

25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero

  Con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, Ainhoa Seoane e Gloria Martínez fixeron a seguinte presentación: 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O próximo martes 25 de novembro, haberá as seguintes actividades relacionadas co Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

  • Visionado de CURTAMETRAXES
    • Lugar: Nas aulas con canón
    • Horario escolar
 
  • Lectura dun MANIFESTO
    • 11:30 Recreo
   
     
  • CONFERENCIA a cargo de Lola Ferreiro, profesora do IES Lamas de Abade
    • Alumnado: 1º Bach B (Historia)
    • Hora: 16:00
    • Lugar: aula de 1º Bach B
   
  • Proxección da PELÍCULA Sara de Silvia Quer
    • Alumnado: 4º ESO A, B, C
    • Hora: 16:30
    • Lugar: Salón de actos
 

Obradoiro de Fotografía

Dentro da actividade creativa do MACUF, obradoiro de fotografía a cargo de Fran Herbella.

A actividade está organizada polo departamento de Plástica e terá lugar segundo o seguinte horario:

     * 9:00-12:00:  1º ESO D

     * 13.00-14:30 e de 16:30 a 6:00 : 1º ESO C

     * lugar de celebración: aula de plástica

Samaín. Historias de medo

 

O xoves, 30 de outubro, celebramos o Samaín no noso IES. O alumnado de primeiro de ESO participou coa lectura dramatizada de historias de medo. Historias, a maior parte delas, que formaban parte da vida cotiá do noso mundo rural e que permitían, entre outras cousas, mitigar a angustia ante a norte, transmitir normas básicas para a convivencia e reforzar as relación sociais.

Pola nosa biblioteca pulularon, á última hora da mañá, a Morte branca e a Morte negra, ánimas en pena que deixaran neste mundo algún asunto sen resolver, mortos aos que lles había que rachar o hábito, caveiras e esqueletos falantes, santas compañas e lobishomes.

Teatro: A Tempestade

A Tempestade
O xoves 15, o grupo de 2º Bach. que cursa a optativa de Literatura Universal, asistirán a representación de A Tempestade no Salón Teatro (Santiago).
A Tempestade, o novo proxecto da compañía Voadora, é unha adaptación libre do último texto escrito por Shakespeare (1611).
Distribuir contido