CONCESIÓN DE PREMIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA [2014-2015]

Unha alumna de 1º Bach. do noso centro recibiu un premio ESO ao esforzo e á superación persoal correspondente ao curso 2014-2015, que foi publicado na ORDE do 17 de novembro pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Noraboa!!!

"TALLER LILA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO" EN 2º BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato participará no “Taller Lila de Prevención da Violencia de Xénero” organizado polo CIM do Concello de Ames e o Centro Vagalume, en dúas horas de atención educativa a partir desta semana.

COMUNICACIÓN PAIS

PROXECTO VAGALUME

Enlaces de interese:

http://igualdade.xunta.es/es/recursos/centros-de-informacion-las-mujeres

http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=10703&idioma=es&sec=32

www.centro-vagalume.org/

CHARLA NA BIBLIOTECA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O xoves 26 de novembro os alumnos de 1º Bacharelato asistiron na Biblioteca a unha charla sobre a relación dos estereotipos e roles de xénero co inicio da violencia de xénero. A charla estivo a cargo de Mabel Pérez Simal, Técnica educativa e Secretaria da Muller e Políticas de Igualdade de Comisións Obreiras en Galicia. Encabeza tamén na Comunidade a Fundación Paz e Solidariedade.

GAÑADORES DO V CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES, DESATA A TÚA LINGUA!

Xa temos gañadoras/es do Desata a Lingua 2015:

       Premio ao mellor guión orixinal (200 euros)

Por unanimidade, o xurado acordou outorgarlle o premio ao mellor guión orixinal á peza Somos o que comemos, de Daniel Iglesias Duro, Rafael Tato Penas, Daniel Expósito Patiño e  Jorge Expósito Patiño, de 1º de Bacharelato do IES do Milladoiro.

Premio á mellor interpretación (200 euros)

Por unanimidade, o xurado acordou outorgarlle o premio á mellor interpretación á peza titulada Teleoperadora de Eva López González e Alex Vázquez Senín de 2º de Bacharelato do  IES do Milladoiro.

A entrega de premios é este venres ás 20.30 h na Casa da Cultura de Bertamiráns. Noraboa a todo o alumnado e profesorado participante!!

I CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO en A NOSA BIBLIOTECA

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o  25 de novembro de 2015, A nosa Biblioteca organiza o I Concurso  de Carteis  contra a Violencia de Xénero, dirixido a alumnos de ESO e BACHARELATO. 

CONSULTA AS BASES DO CONCURSO NESTE ENLACE

 

O ALUMNADO DE 4º DA ESO NA V XORNADA SOBRE IGUALDADE E PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

venres 20 de novembro o alumnado de 4º ESO participou nas V Xornadas de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero organizadas polo Concello de Ames na CASA CULTURA BERTAMIRÁNS.O peche das Xornadas correu a cargo de Fernando Romay coa charla "O valor da diferenza"

 

DSC_0193

CINCO MINUTOS DE SILENCIO EN SOLIDARIEDADE POLAS VÍTIMAS DO ATENTADO DE PARÍS

I XORNADAS: A CONVIVENCIA, RESPONSABILIDADE DE TODAS E TODOS. O PROGRAMA TEI COMO PUNTO DE PARTIDA E O TRABALLO EN REDE COMO CAMIÑO

"Unha das liñas de traballo fundamentais do IES do Milladoiro é a convivencia. Entendemos que unha boa convivencia escolar mellora os resultados académicos e produce unha maior satisfacción da comunidade educativa ao mesmo tempo que, a pequena escala, contribúe a mellorar a convivencia na localidade na que o centro desenvolve a súa actividade: O Milladoiro.

 

EXPOSICIÓN SOBRE A CÉLULA DO ALUMNADO DE 2º ESO

O alumnado de 2º curso da ESO do IES do Milladoiro vén de facer nas dúas últimas semanas unha exposición sobre a célula con maquetas elaboradas por eles e elas. Aquí vos deixamos algunhas das súas obras de artesanía

: Foto-0024

PODIUM DE OUTUBRO DA I OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA DO IES do MILLADOIRO

Se queres coñecer o PODIUM de OUTUBRO da I OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA no noso centro preme na imaxe:

 

EXPOSICIÓN DIDÁCTICA EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O mércores 4 de novembro o noso IES festexou o día da CIENCIA EN GALEGO cunha exposición explicativa organizada polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química. Estas son algunhas das imaxes que nos deixou esta actividade:

 DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

 

ACTIVIDADES SAMAÍN

  • O mércores 28 de outubro os alumnos de 3º ESO e 4º PDC asistiron á actuación do contador de contos en galego Celso Sanmartín. Esta actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización Lingüística e polo Equipo da Biblioteca.

Celso Sanmarín

 

  • O xoves 29 de outubro os alumnos de 2º ESO D desprazáronse ás aulas de 1º ESO para facer unha lectura dramatizada de breves fragmentos de terror seleccionados e preparados polos Departamentos de Lingua galega e Lingua Castelá e os alumnos de 1º ESO leron relatos de terror na Biblioteca preparados durante as clases de Lingua galega e Lingua Castelá. Velaquí unhas mostras destas actividades:  

 

 

I Encontro Transnacional Workshop no IES do Milladoiro

O IES do Milladoiro foi o lugar elixido para a celebración do Primeiro Encontro Transnacional Workshop, no que participaron expertos de centros das Azores (Portugal) e da Universitat Illas Balears. Organizado polo Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes3), o encontro celebrouse este xoves e tiña como obxectivo  intercambiar experiencias en materia de convivencia escolar.

Enlace á noticia de prensa

PROXECTO: Axenda Escolar Curso 2015-16

 Preme na imaxe para coñecer o PROXECTO AXENDA ESCOLAR CURSO 2015-16 dirixido aos alumnos de 1º ESO.

ACTIVIDADE APERTURA BIBLIOTECA: "THE GRUFFALO"

Como inicio da actividade da Biblioteca do centro, o pasado 9 de outubro o alumando de 1º de E.S.O. participou na lectura da obra de literatura infantil "The Gruffalo", libro escrito pola autora británica, Julia Donaldson. A historia do rato e o seu paseo polo bosque foi contada por Laura Calvo e Carmen Lago, contacontos de GOLA "The Toy Library". 

 

 

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN AGARESO

O Departamento de Orientación en colaboración con AGARESO (Asociación Galega de Reporteros Solidarios) está a desenvolver os seguintes proxectos:

Laboratorio de Educación (Epdlab) (actividade complementaria)

  • Proxecto dirixido a un grupo de alumnos de 2º ESO B que se desenvolverá unha vez ao mes e en obradoiros de 2 sesións seguidas de 50’ na hora de titoría e CCNN.
  • Temática centrada no fomento da igualdade de xénero que se fará confluír cos traballos por proxectos que se van desenvolver no noso centro.
  • Temporalización no 1º trimestre 6 de outubro/ 10 novembro/ 15 decembro.
  • Podemos consultar máis información e coñecer os primeiros traballos producidos polos alumnos de 2º ESO B no enlace: http://epdlab.gal/

 

Comunicación para o Desenvolvemento. Obradoiro de TV (ACPP) (actividade extraescolar)

  • Actividade audivisual con enfoque de comunicación social complementando ao proxecto “Laboratorio de Educación” de AGARESO.
  • Actividade extraescolar e voluntaria realizada en colaboración coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP)  e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso)
  • Dirixida ao alumnado de 2º ESO en horario extraescolar (tarde do martes ou mércores, aínda por concretar).
  • Sesión informativa o martes 13 de outubro a 4º hora para 2º AB e a 5ª hora para 2º CD no salón de actos.

V CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DO CONCELLO DE AMES, Desata a túa lingua!!!

O departamento de Normalización e Dinamización Lingüística participará no V Concurso  radiofónico de teatro lido de Ames, Desata a Lingua!!!  co seguinte programa:

  • 15 outubro_data límite para formar os grupos
  • 22 outubro_ tres horas de formación no centro para orientar as pezas deses alumnos, a cargo do grupo Ibuprofeno teatro.
  • 26 a 6 novembro_cada grupo achégase un día á radio.
  • 9 novembro_xuntanza no IES do Milladoiro pola tarde para escoitar as pezas.
  • 10 ao 22 novembro_emitirase unha peza por recreo no salón de actos e realizarase a votación da que sairá o premio do público.

 

ACTIVIDADE DE APERTURA DA BIBLIOTECA: CONTACONTOS EN INGLÉS "THE GRUFFALO"

O venres 9 de outubro os alumnos de 1º ESO asistirán na biblioteca ao CONTACONTOS EN INGLÉS “THE GRUFFALO”

  • 5ª HORA 1AB
  • 6º HORA 1CD

RECREOS ACTIVOS!! A partir de outubro

 Cubre o modelo de autorización que se xunta neste enlace se queres participar nas actividades de PANKOUR e habilidades ximnásticas.

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

1º recreo

 

 

 

 

 LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

 

  LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

  LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

  LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

LUGAR

 

Patio cuberto

Patio cuberto

Patio cuberto

Patio cuberto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2º recreo

 

 XORNALISTAS DO IES DO MILLADOIRO

Quen queira formar parte do Equipo de normalización lingüística e facer unha “revistiña” do ies.

 

 XOGOS DE MESA

Quen queira pasar un bo momento xogando ao xadrez, parchís, cartas, etc.

 PREPARAR ACTUACIÓNS

PARA FESTIVAIS

Quen queira preparar unha coreografía musical para o festival de Nadal

 PARKOUR

XIMNASIA ARTÍSTICA

 

Quen queira practicar saltos, volteos, equilibrios…

LUGAR

 

Aula de informática (Planta baixa)

Desdobre 1 (Planta intermedia)

Ximnasio (Necesario calzado apropiado)

Ximnasio (Necesario calzado apropiado)

CONVOCATORIA DE ADXUDICACIÓN DO SERVIZO DA CAFETARÍA DO IES DO MILLADOIRO PARA O CURSO 2015-2016

Consulta nos enlaces a información sobre a CONVOCATORIA DE ADXUDICACIÓN DO SERVIZO DA CAFETARÍA DO IES DO MILLADOIRO PARA O CURSO 2015-2016.

CONVOCATORIA DE ADXUDICACIÓN

FOLLA DE ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS

Biblioteca. Lecturas para o verán 2015

A Rede de Bibliotecas Escolares de Centros Públicos do Concello de Ames ven de preparar unha guía de lecturas para este verán. Seguro que atopas algún libro que sexa do teu interese.

               

Visita do alumnado francés

No mes de maio un grupo formado por 49 estudantes de secundaria, acompañados de catro profesores, procedentes de Quimper na Bretaña francesa visitaron o noso centro e participaron ao longo dunha mañá en diversas actividades comunicativas cos grupos de 2º, 3º e 4 de ESO. Previamente e, ao longo dos últimos meses, houbo unha correspondencia entre o noso instituto e o colexio de l`Aulne.

O sábado 9 de maio un grupo de alumnas do IES do Milladoiro axudaron aos seus compañeiros bretóns á resolución de dez enigmas no casco histórico de Santiago.

ENCONTRO CO AUTOR RAMÓN CARIDE E A SÚA OBRA 'FLASH-BLACK 13'

O martes 26 de maio os alumnos de 3º ESO encontráronse na nosa biblioteca co autor da última obra que leron no seu club. O autor intercambiou impresións sobre algúns dos relatos cos lectores, falou das súas preferencias literarias e dos seus comezos como escritor, ademais de recomendarnos algúns cómics cos que contamos na nosa biblioteca.


Certame Literario Letras Galegas 2015

O Certame Literario Letras Galegas 2015 amplía o prazo de entrega dos traballos ata o venres 29 de maio.

Animádevos a participar!

O Equipo da Biblioteca

Debate electoral

O pasado martes, 19 de maio, celebrouse no Instituto un debate electoral coas sete forzas que se presentaron ás eleccións locais do día 24. No debate tomaron a palabra nunha primeira rolda o BNG (David Santomil), o PsdG-PSOE (José Miñones), o PP (Alberto Piñeiro), Ames Novo (Pilar Candocia), Contigo Pódese (Genma Otero), Pacto por Ames (Ramón Argibay) e Cidadáns (Javier López). De seguido abriuse unha quenda de intervención do alumnado presente, de 1º de Bacharelato, que falou sobre as vías de participación política, dos problemas do transporte, dos equipamentos para actividades deportivas e lúdicas, do noite-bus, etc.

Todas as forzas políticas reiteraron o seu compromiso de solicitar unha entrevista coa Consellería de Educación para solucionar o problema do equipamento do Instituto. Agradecemos a presenza do acto, organizado pola Biblioteca e mais o Departamento de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais, das persoas que representan as forzas políticas do Concello, así como a participación e intervencións do alumnado presente.

 

Viaxe ao Grove

O pasado 20 de maio os/as alumnos/as de 1º de ESO realizaron unha viaxe didáctica ao Grove.
O plan foi o seguinte:
  - Pola mañá visitaron o Acuario de O Grove e o Museo de Salazón.
  - Ao mediodía fixeron o roteiro As Lagoas e comeron nunha praia.
  - Pola tarde viaxaron pola ría a bordo dun catamarán. Nesta viaxe visitaron unha batea e viron o fondo do mar. 

Calendario de reunións de información e orientación académica e profesional coas familias do alumnado de ESO

A Dirección e o Departamento de Orientación informan das datas de celebración de reunións para as familias do alumnado da ESO.

Os obxectivos de ditas reunións son:

  • Informar sobre os aspectos de orientación académica e profesional que se van tratar nas titorías nos diferentes cursos.

  • Informar sobre os cambios derivados da implantación da LOMCE. 

  • Facilitar un espazo de encontro para reflexionar sobre estes aspectos e acompañar mellor ao alumnado na construción do seu proxecto.

DATA / HORA

CURSO

Martes 26/05/15 - 19:00 horas

3º de ESO

Martes 09/06/15 - 19:00 horas

1º de ESO

Martes 09/06/15 - 19:30 horas

2º de ESO

Martes 16/06/15 - 19:00 horas

4º de ESO

Correlingua 2015

Un grupo de 154 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO, acompañados por sete profesores/as, mollámonos o día 4 de maio na defensa da nosa lingua. Desafiando a chuvia inclemente que caeu sobre Compostela, participamos no Correlingua e gañamos o concurso de animación.  Regresamos empapados/as, pero contentos e cargados co noso premio: camisetas, atlas, libros, material audiovisual e entradas para o teatro. Fomos os que máis animamos e a nosa canción a que máis se oíu durante a marcha. O curso que vén pensamos repetir! 

Velaquí vos deixamos o noso grito de guerra, que espantou a chuvia de Compostela:

 A CANCIÓN DA TROPA

Tamén saímos na Voz de Galicia

Bibioteca: As novas de Leo nº 4

Xornadas Gastronómicas Francesas


Día: 16 de abril

Hora: 11.30-12 horas

Lugar: Biblioteca e corredor

No marco da Semana da Francofonía o Departamento de francés do IES do Milladoiro organiza unhas Xornadas gastronómicas ás que invitamos a participar a todo o centro.

Desenvolvemento da actividade:

1.- Os alumnos e alumnas deberán escoller unha receita en francés; as receitas serán facilitadas xunto coa súa correspondente tradución (para o alumnado ou profesorado que o precise)

2.- A receita será posta en práctica na casa o día anterior, é dicir, o 15 de abril, en grupos de dúas a tres persoas. Excepcionalmente os grupos poderán estar formados por máis persoas e admítese a participación individual.

3.- O día 16 de abril encargarémonos de colocar os pratos na biblioteca á primeira hora da mañá para seren expostos e valorados polo Xurado.

Distribuir contido