Visita do alumnado francés

No mes de maio un grupo formado por 49 estudantes de secundaria, acompañados de catro profesores, procedentes de Quimper na Bretaña francesa visitaron o noso centro e participaron ao longo dunha mañá en diversas actividades comunicativas cos grupos de 2º, 3º e 4 de ESO. Previamente e, ao longo dos últimos meses, houbo unha correspondencia entre o noso instituto e o colexio de l`Aulne.

O sábado 9 de maio un grupo de alumnas do IES do Milladoiro axudaron aos seus compañeiros bretóns á resolución de dez enigmas no casco histórico de Santiago.