VII Xornadas Acércate: igualdade e prevención da violencia de xénero Ames 2017

O xoves 16 de novembro terán lugar na Casa da Cultura do Milladoiro as VII  Xornadas Acércate: igualdade e prevención da violencia de xénero.

Programa

Magosto 2017

Charlas de NOVA ESCOLA GALEGA no noso centro

  A asociación NOVA ESCOLA GALEGA organiza dúas charlas- debate que se celebrarán no IES do Milladoiro neste mes de novembro, ás 19h:

Escola de familias

Este ano a Escola de pais abarca a toda a comunidade educativa do Milladoiro, grazas á implicación no proxecto da ANPA Milla do IES do Milladoiro e das ANPAS da EI A Galiña Azul Figueiras-Ames, da EI Municipal A Madalena, da EEI Millapeques e Anpa As Brañas ( CEIP Ventín ).

As charlas/talleres empezan en novembro.

Samaín 2017

XIV Xornada de Nais e Pais. Educando en igualdade: rompendo cos estereotipos de xénero

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia organiza estas xornadas que terán lugar o sábado 4 de novembro na EGAP de Santiago de Compostela.

Inscrición.

Prevención de condutas adictivas no ámbito escolar.

O IES do Milladoiro en colaboración co Concello de Ames vai desenvolver neste curso un programa de prevención de condutas adictivas en 2º e 4º de ESO. Convócase ás familias ás seguintes reunións informativas:

 

Xoves, 2 de novembro: familias de 2º e 4º da ESO ás 19:00 horas

Martes, 21 de novembro: familias de 4º da ESO ás 19:00 horas

Martes, 28 de novembro: familias de 2º da ESO ás 19:00 horas.

 

 

VII Concurso radiofónico de Teatro Lido Concello de Ames

O luns 30 de outubro o alumnado do noso centro interesado en participar neste concurso terá unha xornada de formación no pazo da Peregrina de Bertamiráns de 10:25 a 13:30.

MAGOSTO

A ANPA Milla invita á comunidade escolar do IES Milladoiro a participar no MAGOSTO que se celebrará o martes 31 de outubro de 17: 20 a 18:10.

II Xornada da Diversidade: O acoso escolar

O sábado 28 de outubro a profesora María López participou nas II Xornadas da Diversidade celebradas na EGAP de Santiago. Explicou as medidas adoptadas no noso centro para garantir unha convivencia saudable e previr o acoso escolar.

Non é  a primeira vez que profesorado do noso centro é convidado a participar como relator, pola nosa experiencia, en xornadas relacionadas con estes temas.

 

XII Festival de maxia do Concello de Ames

O venres visitou o noso centro o mago Pedro Bugarín e fixo pasar un bo rato ao alumnado de 1º de ESO. Fotos

Primeira xornada de traballo do EPD_Lab con AGARESO

O mércores 25 de outubro tivo lugar a primeira sesión de traballo do grupo de 2ºESO B dentro do proxecto Educación Para o Desenvolvemento_ Laboratorio coa Asociación Galega de Reporteiros Solidarios. Nesta primeira sesión reflexionaron sobre os estereotipos, os prexuízos e os roles de xénero utilizando as novas tecnoloxías.

Charla: La francophonie. Le Québec

A profesora Véronique Voyer, lectora da EOI de Santiago, dará unha charla sobre La francophonie. Le Québec, o  martes, 24 de outubro, no salón de actos. Acudirá o alumnado de francés de bacharelato, de 12: 30 a 13: 40.  Trátase dunha actividade  organizada polo Departamento de Francés.

Saídas ó teatro co departamento de Lingua Galega

 O martes 24 de outubro o alumnado de 2º ESO acudirá ó Salón Teatro de Santiago para asistir á representación de Bicos con  lingua.

 O mércores 25 será o alumnado de 3º ESO quen terá a oportunidade de aplaudir á compañía Talía Teatro coa obra Pelos na lingua.

Día das bibliotecas no IES Milladoiro

Luns, 23 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.
  • 2º RECREO. Actuacións musicais e entrega de diplomas aos axudantes da biblioteca do pasado curso.
Martes, 24 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.  FOTOS

 

Fotos TEI 17-18

TEI 17-18

Actividades TEI 2017/2018

II Xornada da diversidade: "O acoso escolar"

    A Federación de ANPA Compostela celebrará o 28 de outubro a II Xornada da diversidade, centrada no tema "O acoso escolar". Nela participará unha profesora do noso centro, María López, para explicar o programa TEI e outras medidas de intervención adoptadas no IES do Milladoiro. A xornada está aberta a familias e profesorado. Máis información no arquivo adxunto. Ollo! Nova localización: EGAP

Guía para as familias contra o acoso escolar.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia elaborou unha sinxela guía para as familias para orientalas ante o acoso escolar. Pode verse no arquivo adxunto.

 

Educación para o desenvolvemento coa Asociación galega de reporteiros solidarios

O venres 29 de setembro tivo lugar no noso centro a primeira reunión do proxecto EPD-Lab 2017/2018. Promovido por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), nel vai participar o IES Milladoiro xunto con outros catro centros galegos.

Calendario de reunións coas familias. Curso 2017 - 2018.

CURSO DATA E HORA
4º ESO Martes, 3 de outubro, 18:30 h
1º e 2º BACH. Martes, 3 de outubro, 18:45 h
2º ESO Martes, 10 de outubro, 18:30 h
3º ESO Martes, 10 de outubro, 18:45 h
1º ESO

Martes, 10 de outubro, 19:00 h

FONDO LIBROS - Listaxes definitivas

   Nos arquivos adxuntos figuran as relacións definitivas de alumnos admitidos e excluídos no fondo solidario de libros da Xunta de Galicia. Na listaxe definitiva de admitidos figuran os libros que serán obxecto de reparto polo centro.  Na listaxe de libros complementarios figuran suliñados os libros aos que algúns alumnos teñen dereito, pero non poden ser aínda repartidos porque non figuran nas existencias do centro. Procederemos á súa adquisición e reparto nos próximos días.

   Os libros que xa temos nas existencias do centro serán repartidos o luns 18 e o martes 19 de setembro.

Listaxes de axudas para material escolar concedidas e excluídas.

A partir das 10.00 do 15 de setembro os solicitantes das axudas concedidas poden recoller o vale para material escolar na administración do centro. Recordamos que este vale debe ser recollido polo solicitante da axuda, non polo alumno. En caso de non poder acudir ó centro, o solicitante deberá autorizar por escrito a un maior de idade para recoller o vale no seu nome.

As listaxes de solicitudes concedidas e excluídas figuran  nos ficheiros adxuntos.

Distintivo de calidade "Selo vida saudable" ao IES Milladoiro

     O BOE do 23 de xuño recolle a Resolución da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, pola que se concede o distintivo de calidade «Selo de Vida Saudable» ao IES do Milladoiro.
     Este selo supón un "recoñecemento público dos centros docentes que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de práticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado".

     Estes distintivos foron entregados por primeira vez en 2016. Dos 41 centros de toda España que reciben este "Selo de Vida Saudable" en 2017, 4 son galegos. O IES do Milladoiro está entre eles.

Nova                Nova

Nova

 

MEMORIA

Fondo libros e material escolar curso 2017-2018

   Informamos ás familias que solicitaron participar no fondo de libros de texto que a listaxe provisional será publicada nesta web o 14 de xullo. O prazo de alegacións á listaxe provisional abrangue exclusivamente os días 17 e 18 de xullo. PRAZO FINALIZADO

   Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que  devolver os libros prestados o día do exame.

   A listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada nesta web e no centro o 15 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar o 18 e 19 de setembro de 2017. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 15 ao 29 de setembro, e deberán ser recollidos persoalmente polos interesados na secretaría do centro.

Dous alumnos do IES do Milladoiro entre os mellores expedientes de Galicia

   A andaina do noso centro empeza a recoller os seus froitos. Dous dos nosos alumnos, Daniel Expósito Patiño e Rebeca Puentes Carro, estiveron entre os homenaxeados pola USC por ter obtido unha cualificación entre  9 e  10 na EBAU (antiga Selectividade). O seu logro énchenos de orgullo. Parabéns a eles e por suposto a todo o equipo docente do noso IES que participou e traballou na súa formación. O venres 30 de xuño foron agasallados nun acto no que a USC recoñeceu o froito dos seus estudos.

 

PROXECTO EpDLab (LABORATORIO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO) [CURSO 2016-17]

Por segundo ano consecutivo, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) desenvolveu no noso centro o proxecto EpD_Lab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento), organizado en 8 obradoiros que se  realizaban cada mes en 2 sesións de 50´ e que, neste curso, estivo dirixido ao grupo de 2º ESO C. O alumnado, organizado en pequenos grupos, construíu as súas propias narrativas dixitais, usando diferentes aplicacións en cada sesión, coa finalidade de fomentar a súa conciencia crítica e a sensibilización social.

RESULTADOS PROBAS DELF A2 e B1

Un 90% do alumnado do IES do Milladoiro superou as probas DELF A2 e B1 na convocatoria de abril de 2017. Parabéns a todos/as!

CINEMA EN CURSO: "DE MILLADOIRO A SEIDÓN", UN DOCUMENTAL SOBRE A MEMORIA DO MILLADOIRO

 

O día 16 de xuño asistimos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela á estrea do documental De Milladoiro a Seidón realizado polo alumnado de 1ESOD. Foi un momento moi emocionante no que o alumnado, convertidos/as en cineastas, presentou o resultado do laborioso traballo realizado durante o presente curso dentro do programa Cinema en curso, do Plan Proxecta de Innovación Educativa (Xunta de Galicia). O día 19 tivemos a sorte de proxectar con familiares, amigos/as, veciños/as e docentes no Centro Sociocultural do Milladoiro. Achegamos imaxes de ámbolos dous actos e tamén vos invitamos a ver o documental, para quen non puidese achegarse, dende as vosas pantaias. 

Velaquí os resultados do proxecto:

PROXECTO MULTICISPLINAR: "A SOCIEDADE DO AUTOMÓBIL"

A comezos do curso 2016/2017, profesoras e profesores de 4º de ESO (Artes Plásticas, Ciencias Naturais, Física e Química, Xeografía e Historia, Inglés, Lingua Galega, Música e Matemáticas) empezaron a desenvolver un proxecto de traballo multidisciplinar e interdisciplinar ao redor do coche: “A sociedade do automóbil”.

BLOGUE DO PROXECTO

“A sociedade do automóbil” ten por obxectivo reflexionar sobre como o coche condiciona as sociedades actuais e, xa que logo, a vida cidadá, as nosas vidas.

Froito deste proxecto son os traballos que presentamos nesta publicación do alumnado de 4º de ESO A e B nas materias de Física e Química e Xeografía e Historia. Os traballos, ademais, foron emitidos a través de Ames Radio, o pasado 13 de xuño.

 

AMES RADIO: OS SERVIZOS SOCIOCOMUNITARIOS COMO UNHA ALTERNATIVA Á EXPULSIÓN

O pasado 21 de decembro, O IES do Milladoiro asinou un acordo co Concello de Ames, con carácter experimental, para que alumnado con condutas disruptivas realizase traballos para a comunidade en dependencias municipais (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/735). Ames Radio emitiu un programa no que os entrevistados (unha familia e o director do Instituto) fan unha valoración da experiencia.

Distribuir contido