XII Festival de maxia do Concello de Ames

O venres visitou o noso centro o mago Pedro Bugarín e fixo pasar un bo rato ao alumnado de 1º de ESO. Fotos

Primeira xornada de traballo do EPD_Lab con AGARESO

O mércores 25 de outubro tivo lugar a primeira sesión de traballo do grupo de 2ºESO B dentro do proxecto Educación Para o Desenvolvemento_ Laboratorio coa Asociación Galega de Reporteiros Solidarios. Nesta primeira sesión reflexionaron sobre os estereotipos, os prexuízos e os roles de xénero utilizando as novas tecnoloxías.

Charla: La francophonie. Le Québec

A profesora Véronique Voyer, lectora da EOI de Santiago, dará unha charla sobre La francophonie. Le Québec, o  martes, 24 de outubro, no salón de actos. Acudirá o alumnado de francés de bacharelato, de 12: 30 a 13: 40.  Trátase dunha actividade  organizada polo Departamento de Francés.

Saídas ó teatro co departamento de Lingua Galega

 O martes 24 de outubro o alumnado de 2º ESO acudirá ó Salón Teatro de Santiago para asistir á representación de Bicos con  lingua.

 O mércores 25 será o alumnado de 3º ESO quen terá a oportunidade de aplaudir á compañía Talía Teatro coa obra Pelos na lingua.

Día das bibliotecas no IES Milladoiro

Luns, 23 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.
  • 2º RECREO. Actuacións musicais e entrega de diplomas aos axudantes da biblioteca do pasado curso.
Martes, 24 de outubro
  • 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.  FOTOS

 

Fotos TEI 17-18

TEI 17-18

Actividades TEI 2017/2018

II Xornada da diversidade: "O acoso escolar"

    A Federación de ANPA Compostela celebrará o 28 de outubro a II Xornada da diversidade, centrada no tema "O acoso escolar". Nela participará unha profesora do noso centro, María López, para explicar o programa TEI e outras medidas de intervención adoptadas no IES do Milladoiro. A xornada está aberta a familias e profesorado. Máis información no arquivo adxunto. Ollo! Nova localización: EGAP

Guía para as familias contra o acoso escolar.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia elaborou unha sinxela guía para as familias para orientalas ante o acoso escolar. Pode verse no arquivo adxunto.

 

Educación para o desenvolvemento coa Asociación galega de reporteiros solidarios

O venres 29 de setembro tivo lugar no noso centro a primeira reunión do proxecto EPD-Lab 2017/2018. Promovido por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), nel vai participar o IES Milladoiro xunto con outros catro centros galegos.

Calendario de reunións coas familias. Curso 2017 - 2018.

CURSO DATA E HORA
4º ESO Martes, 3 de outubro, 18:30 h
1º e 2º BACH. Martes, 3 de outubro, 18:45 h
2º ESO Martes, 10 de outubro, 18:30 h
3º ESO Martes, 10 de outubro, 18:45 h
1º ESO

Martes, 10 de outubro, 19:00 h

Distintivo de calidade "Selo vida saudable" ao IES Milladoiro

     O BOE do 23 de xuño recolle a Resolución da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, pola que se concede o distintivo de calidade «Selo de Vida Saudable» ao IES do Milladoiro.
     Este selo supón un "recoñecemento público dos centros docentes que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de práticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado".

     Estes distintivos foron entregados por primeira vez en 2016. Dos 41 centros de toda España que reciben este "Selo de Vida Saudable" en 2017, 4 son galegos. O IES do Milladoiro está entre eles.

Nova                Nova

Nova

 

MEMORIA

Dous alumnos do IES do Milladoiro entre os mellores expedientes de Galicia

   A andaina do noso centro empeza a recoller os seus froitos. Dous dos nosos alumnos, Daniel Expósito Patiño e Rebeca Puentes Carro, estiveron entre os homenaxeados pola USC por ter obtido unha cualificación entre  9 e  10 na EBAU (antiga Selectividade). O seu logro énchenos de orgullo. Parabéns a eles e por suposto a todo o equipo docente do noso IES que participou e traballou na súa formación. O venres 30 de xuño foron agasallados nun acto no que a USC recoñeceu o froito dos seus estudos.

 

PROXECTO EpDLab (LABORATORIO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO) [CURSO 2016-17]

Por segundo ano consecutivo, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) desenvolveu no noso centro o proxecto EpD_Lab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento), organizado en 8 obradoiros que se  realizaban cada mes en 2 sesións de 50´ e que, neste curso, estivo dirixido ao grupo de 2º ESO C. O alumnado, organizado en pequenos grupos, construíu as súas propias narrativas dixitais, usando diferentes aplicacións en cada sesión, coa finalidade de fomentar a súa conciencia crítica e a sensibilización social.

RESULTADOS PROBAS DELF A2 e B1

Un 90% do alumnado do IES do Milladoiro superou as probas DELF A2 e B1 na convocatoria de abril de 2017. Parabéns a todos/as!

CINEMA EN CURSO: "DE MILLADOIRO A SEIDÓN", UN DOCUMENTAL SOBRE A MEMORIA DO MILLADOIRO

 

O día 16 de xuño asistimos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela á estrea do documental De Milladoiro a Seidón realizado polo alumnado de 1ESOD. Foi un momento moi emocionante no que o alumnado, convertidos/as en cineastas, presentou o resultado do laborioso traballo realizado durante o presente curso dentro do programa Cinema en curso, do Plan Proxecta de Innovación Educativa (Xunta de Galicia). O día 19 tivemos a sorte de proxectar con familiares, amigos/as, veciños/as e docentes no Centro Sociocultural do Milladoiro. Achegamos imaxes de ámbolos dous actos e tamén vos invitamos a ver o documental, para quen non puidese achegarse, dende as vosas pantaias. 

Velaquí os resultados do proxecto:

PROXECTO MULTICISPLINAR: "A SOCIEDADE DO AUTOMÓBIL"

A comezos do curso 2016/2017, profesoras e profesores de 4º de ESO (Artes Plásticas, Ciencias Naturais, Física e Química, Xeografía e Historia, Inglés, Lingua Galega, Música e Matemáticas) empezaron a desenvolver un proxecto de traballo multidisciplinar e interdisciplinar ao redor do coche: “A sociedade do automóbil”.

BLOGUE DO PROXECTO

“A sociedade do automóbil” ten por obxectivo reflexionar sobre como o coche condiciona as sociedades actuais e, xa que logo, a vida cidadá, as nosas vidas.

Froito deste proxecto son os traballos que presentamos nesta publicación do alumnado de 4º de ESO A e B nas materias de Física e Química e Xeografía e Historia. Os traballos, ademais, foron emitidos a través de Ames Radio, o pasado 13 de xuño.

 

AMES RADIO: OS SERVIZOS SOCIOCOMUNITARIOS COMO UNHA ALTERNATIVA Á EXPULSIÓN

O pasado 21 de decembro, O IES do Milladoiro asinou un acordo co Concello de Ames, con carácter experimental, para que alumnado con condutas disruptivas realizase traballos para a comunidade en dependencias municipais (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/735). Ames Radio emitiu un programa no que os entrevistados (unha familia e o director do Instituto) fan unha valoración da experiencia.

UN 96,3% DO ALUMNADO DO IES DO MILLADOIRO SUPERA A ABAU

O 96,3% do alumnado presentado á Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) na convocatoria de xuño logra superar a proba. Parabéns a todos/as!

CONVOCATORIA DE ADXUDICACIÓN DO SERVIZO DA CAFETERÍA DO IES DO MILLADOIRO PARA O CURSO 2017-2018

Prazo de recepción de ofertas ata o 26 de xuño ás 14 horas.

BASES DA ADXUDICACIÓN

SAN XOÁN 2017 NO MILLADOIRO

Durante esta noite máxica celebrarase un sorteo de regalos organizado por Ventín viaxa a Cantabria e alumnado de 3º ESO do IES do Milladoiro:

PRESENTACIÓN DA PELÍCULA DOCUMENTAL DO PROXECTO "CINE EN CURSO"

As profesoras que están desenvolvendo o proxecto de "Cine en curso" (Sofía Ardariz, Ana Carballo, Beatriz Castro e Pilar Rodríguez) envían convocatoria para a presentación pública do documental De Milladoiro a Seidón, realizado polo alumnado de 1º ESO D dentro do Plan Proxecta. O visionado será ás 18:30 do vindeiro luns, 19 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro. A estrea será mañá venres, 16 de xuño, na Cidade da Cultura.

REMATA A II OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA CON 4º ESO A COMO GRUPO GAÑADOR

Na II Olimpíada da Convivencia o grupo premiado pola súa constancia foi 4º ESO A. Os premiados poderán desfrutar o martes, 20 de xuño, dunha xornada lúdica e deportiva no ximnasio Squash.

A Olimpíada de Convivencia pretende que  o alumnado tome conciencia dos espazos públicos como propios, se implique na súa conservación e mantemento, e leve a cabo boas prácticas ambientais. Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa colaboración e destacamos a boa colaboración, esixencia e implicación dos alumnos/as voluntarios/as, das ANPA e do persoal non docente . NORABOA!

 

REDE DO IES DO MILLADOIRO: BALANCE E DERRADEIRA REUNIÓN DO CURSO 2016/17

O xoves 1 de xuño celebrouse a última reunión da Rede do IES do Milladoiro, a derradeira deste curso 2016/2017.

BALANCE CURSO 2016/17 DA REDE DO IES DO MILLADOIRO

RUTA CAMARIÑAS-AROU

O martes 23 de maio o alumnado de 4º ESO e 1º Bach percorreu nunha andaina organizada polo departamento de Educación Física unha das partes máis emblemáticas da Costa da Morte que lles permitiu achegarse ás localidades de Camariñas e Arou.

VIAXE FIN DE ETAPA 4º ESO-BARCELONA

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

O mércores 24 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato B e de 4º de ESO A realizou unha visita ao Parlamento de Galicia. Ademais de coñecer o edificio, tivemos a posibilidade de asistir a unha sesión de control do goberno por parte dos partidos con representación na Cámara. A actividade está dentro da Programación Didáctica do Departamento de Xeografía e Historia.

ROTEIRO POLO MONTE PINDO

O xoves 27 de abril o alumnado de 3º ESO participou nunha andaina polo monte Pindo orgnizada polo Departamento de Educación Física. Velaquí as imaxes desta saída:

ANDAINA DO ALUMNADO DE 1º ESO POLO GROVE

O pasado 9 de maio, o alumnado de 1º ESO participou nun roteiro organizado polo Departamento de Educación Física pola zona de O Grove. Velaquí as imaxes que nos deixou esta actividade:

INTERCAMBIO TERRITORIAL PROXECTO-TERRA. VISITA AO COUREL DO ALUMNADO DE 1º ESO

O alumnado de 1º da ESO do noso IES viaxou en dúas quendas diferentes, 1º ESO C/D do 4 ao 5 de maio e 1º ESO A/B do 11 ao 12 de maio, ao Courel grazas a formar parte dos Intercambios Territoriais do Proxecto Terra. A experiencia foi estupenda: estudamos a xeoloxía do Courel (e con ela a de Galicia!), camiñamos por un val glaciar (Val da Lucenza), visitamos varias aldeas típicas da zona e algún castro e sobre todo desfrutamos moito do contacto coa natureza. Rematamos a viaxe cun paseo en catamarán polo río Sil para coñecer a paisaxe do Ribeiro.
Sol, chuvia, arco da vella que nos recargan de enerxía cara o final de curso! Bota unha ollada á nosa reportaxe gráfica:

O IES DO MILLADOIRO NO "I FORO DE EDUCACIÓN FARO DE VIGO"

O IES do Milladoiro participou o sábado 27 de maio no "I Foro de Educación do Faro de Vigo" celebrado no Pazo de Congresos Mar de Vigo. Concretamente, participou no obradoiro do programa TEI para contar a súa experiencia como referencia en centros de secundaria.

 

Distribuir contido