Blog de @nome

Fotos TEI 17-18

TEI 17-18

Acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato no cur

Este curso 2023-24 a través da resolución do 28 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24 o alumnado podera acreditar os niveis de competencias dixitais de iniciación e intermedio. Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.

Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria

  • O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
  • O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
  • O alumnado que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente.
  • A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de ítulo da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

Acreditación do alumnado de bacharelato

  • A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
  • O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a  proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas. Para isto empregará este modelo.
  • O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

Os requisitos para presentarse á proba son:

  • Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
  • Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

As convocatorias de probas específicas, no curso 2023/24, realizaranse no instituto consonte ao seguinte calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o mes de abril.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.

Para solicitar a participación tereds que cubrir o formulario de inscrición e entregalo na secretaría do centro. O prazo remata o día 15 de marzo.

Actividades complementarias

Actividades complementarias

 

 


http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/system/files/Marzo%204-8.pdf

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA CURSO 2024/25

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2024/25

DENDE O 1 AO 20 DE MARZO

  • Aplicación informática ADMISIONDEALUMNADO (para cubrir as solicitudes co manual de axuda).
  • Solicitude de admisión en papel.

Anexo II(Galego)    Anexo II(Castelán)

Vacantes para o curso 2024-2025

 

Vacantes curso 24/25

Curso

Modalidade

Prazas por curso

Vacantes

1º ESO

 

120

34

2º ESO

 

120

8

3º ESO

 

120

4

4º ESO

 

120

24

1º Bac.

Ciencias e Tecnoloxía

33

0

1º Bac.

Humanidades e Ciencias Sociais

66

0

2º Bac.

Ciencias e Tecnoloxía

33

3

2º Bac.

Humanidades e Ciencias Sociais

66

25

 

Prazos de admisión

Presentación de solicitudes

Do 1 ao 20 de marzo

Publicación de listaxes provisionais

O 25 de abril

Publicación de listaxes definitivas

O 15 de maio

Documentación cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta

Abrirase un prazo de 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 Criterios de baremo

 Se o número de solicitudes é superior ao de prazas dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios:

 

  • Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro: 8 puntos polo primeiro/a e 2 puntos por cada unha/un dos restantes, co máximo de 14 puntos.

  • Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dos proxenitores ou titores: ata 8 puntos

  • Renda anual per cápita da unidade familiar, respecto ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM): ata 3 puntos

  • Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro: 3 puntos

  • Condición de familia numerosa: ata 3 puntos

  • No caso de irmáns nados dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro: 8 puntos se son dous; e 10 puntos se son máis de dous.

  • Condición de familia monoparental: 2 puntos

  • Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en calquera dos seus proxenitores, titores, irmás ou irmáns: ata 4 puntos

  • Por condición de vítima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar: 2 puntos

  • Por condición de vítima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar: 2 puntos

  • Expediente académico do alumnado, só no caso de ensinanzas de bacharelato: ata 2 puntos

  • Criterio establecido por cada centro educativo, que deberá ser publicado coa suficiente antelación ao inicio do proceso de admisión: 1 punto

  • Criterio complementario establecido polo centro: outorgarase 1 punto por media de notable ou superior nas cualificacións finais do curso anterior a aquel no que se realiza a petición de admisión.

 
Só se terán en conta aqueles criterios de baremo que se marquen nas solicitudes (non se poderá engadir ningún unha vez finalizado o prazo de presentación das mesmas).

 

 

 

 

Presupostos saída 4º ESO

Presupostos saída 4º ESO

Ministays

Saída Madrid

 

O relato de Alba García Carneiro (4º ESO D) seleccionado no IV Concurso Juvenil de Zenda

268 palabras, un relato escrito pola alumna Alba García Carneiro (4º ESO D) foi seleccionado entre os trinta mellores dos máis de dous mil presentados ao IV Concurso Juvenil # historiasdejóvenes. Organizado por Zenda, o “territorio de amigos e libros” de Arturo Pérez-Reverte, o concurso contou cun xurado formado por escritores coma Juan Gómez-Jurado, Espido Freire, Roberto Santiago, Blue Jeans, Nando López, Paula Izquierdo, Inma Rubiales y Juan Yuste.
Parabéns, Alba!
https://www.zendalibros.com/tag/historiasdejovenes/

Selección de relatos del IV Concurso juvenil #historiasdejóvenes - Zenda

Reunión coas familias da sección bilingüe - martes 31 de outubro 18:20 - Usos múltiples

Estimadas familias,
O próximo 31 de outubro ás 18:20, na sala de usos múltiples do instituto, terá lugar a reunión de presentación da coordinadora das seccións biligües que deron comezo este curso, coa finalidade de resolver dúbidas sobre o programa e recibir as vosas impresións e suxerencias.
Un cordial saúdo,
O equipo directivo

Estimadas familias,
O próximo 31 de outubro ás 18:20, na sala de usos múltiples do instituto, terá lugar unha reunión para a miña presentación como coordinadora das seccións biligües que deron comezo este curso, coa finalidade de resolver dúbidas sobre o programa e recibir as vosas impresións e suxerencias.
Un cordial saúdo,
Isabel Doviso Ferreiro

Dear families,
Next October 31st at 18:20, in the multipurpose room of the school, there will be a meeting to introduce myself as the coordinator of the bilingual sections that have started this academic year, to solve doubts about the programme and to receive your impressions and suggestions.
Best regards,
Isabel Doviso Ferreiro

Autorización ao estudantado para unirse á folga convocada para o 26 de outubro

O alumnado que desexe unirse á folga do vindeiro xoves 26 de outubro convocada polo sindicato de Estudantes en solidaridade co pobo palestino deberá contar coa debida autorización asinada que se pode descargar deste arquivo (PDF).

Probas de Acreditación de competencia lingüística - Apertura de prazo de solicitude

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa acaba de publicar a resolución pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24 (ligazón). Esta convocatoria está orientada a acreditar os niveis B1, B2 ou C1 e diríxese ao alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

Aqueles interesados deberán informar da súa intención de participar na convocatoria na administración do centro. É necesario lembrar que a solicitude da dotación económica non garante a súa concesión, que o financiamento é limitado e sometido a criterior de priorización.

Nos arquivos adxuntos atópase un modelo de solicitude tanto en formato editable (ODT) como en imprimible (PDF)

Reunión coas familias de 1º de ESO - Martes 3 de outubro ás 18:30

Convócase para o vindeiro martes 3 de outubro ás 18:30 no Salon de usos múltiples do instituto unha reunión coas familias do alumnado de 1º da ESO para presentar as persoas titoras e o curso 2023-24.

Esta semana participamos nun proxecto Erasmus+ como centro de acollida.

Recibimos no noso centro educativo unha grata visita dunhas compañeiras docentes italianas do Instituto OmniComprensivo, San Marcello Pistoiese (www.iocsanmarcello.edu.it).
Un centro educativo na belísima zona de montaña dos Apeninos con unha casuística moi particular, posto que está composto de 18 unidades dispersas na que se distribúen 800 alumnos/as desde os 6 ate os 18 anos. Os núcleos poboacionais máis grandes son Pistoia e Cutigliano.  
Esta visita está enmarcada dentro dun programa Erasmus+ KA101 de observación de boas práticas (Job Shadowing). O obxectivo deste grupo de docentes é coñecer a organización do sistema educativo en Galiza, metodoloxías e estratexias didácticas empregadas, proxectos educativos do noso centro…
Tivemos a oportunidade de mostrarlles os proxectos realizados polo noso alumnado do Club de Ciencias, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, do colectivo EUTERPE, dos Equipos de Axuda...
A maiores partillamos experiencias didácticas e organizativas e asistiron a algunhas clases para realizar unha observación máis directa das metodoloxías empregadas.
Tamén visitamos conxuntamente con elas outros centros do noso Concello, como o CEP de Ventín e o IES de Ames, para observar as instalacións, as boas prácticas e incluso falar en italiano co alumnado.  
Seguindo coa oferta educativa do noso entorno, concertamos unha cita coa dirección da EOI de Santiago de Compostela e o Departamento de Italiano para poder realizar unha análise das ensinanzas de linguas e da metodoloxía a empregar. Aproveitando tamén a grande oferta museística de Santiago de Compostela visitaron o Museo do Pobo Galego, o CGAC e a Cidade da Cultura.
Agradecemos inmensamente este tipo de visitas didácticas nas que toda a comunidade aprendemos a través da internacionalización, para seguir camiñando xuntas/os e reforzar así a dimensión europea do ensino/aprendizaxe. Tecendo redes de construción de coñecemento,  promovendo os valores de inclusión e diversidade, tolerancia e participación democrática para entender a riqueza do noso patrimonio común e a súa diversidade.
Grazie mille pola visita: Angela, Daila, Gianna e Francesca.

Organización dos agrupamentos no 1º día de clase

Seguindo as instrucións da Xefatura Territorial iniciaremos o 11 de setembro as clases en horario normal.

Coa finalidade de organizar a identificación e o reparto de grupos, o alumnado deberá acudir a diferentes puntos de encontro para ser acollido polas súas persoas titoras (pódese observar no arquivo en PDF achegado a esta mensaxe).

1º da ESO. Dirixirase ao salón de actos.

2º da ESO e 3º da ESO. Dirixirase ao patio exterior do medio.

4º da ESO. Dirixirase ao primeiro andar na zona de taquillas.

1º e 2º de Bacharelato. Patio cuberto

Inicio do curso 2023-24

As clases deste curso 2023-24 iniciaranse o vindeiro luns 11 de setembro. O alumnado acudirá ao centro no horario habitual, ás 08:50. Na primeira hora (08:50 ata as 09:40) terán unha reunión coa persoa titora que lles entregará o horario, recordará as normas do centro e explicará os temas relacionados co desenvolvemento do curso. Na segunda hora, o alumnado iniciará as clases co profesorado encargado de xeito normal.

A formación dos grupos será anunciada o mesmo día de inicio de clases.

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO PARA ALUMNOS QUE CURSARÁN 2º e 4º ESO

Listas de ADMITIDOS e EXCLUÍDOS do FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO.

A distribución dos libros do fondo solidario realizarase entre o 16 e o 17 de setembro.

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO PARA ALUMNOS QUE CURSARÁN 2º e 4º ESO

Listas de ADMITIDOS e EXCLUÍDOS do FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO.

A distribución dos libros do fondo solidario realizarase entre o 16 e o 17 de setembro.

 

Distribuir contido