O IES Plurilingüe de Ames gaña o Concurso-Exposición Letras Galegas 2021
Enviado por admin o Sáb, 10/04/2021 - 08:19O IES Plurilingüe de Ames e o CEIP de Porto Cabeiro de Redondela gañaron o Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 convocado pola Xunta de Galicia.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33575
"Encontros Virtuais na Zona USC" dirixidos ao estudantado de Ensino Medio.
Enviado por admin o Mar, 23/03/2021 - 05:07O 23 de marzo, darán comezo os "Encontros Virtuais na Zona USC" dirixidos ao estudantado de Ensino Medio.
Os/as estudantes poden entrar a través da URL:
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
A través desa páxina poden informarse, a través de videoconferencias cos responsables e alumnado das titulacións da USC, da oferta de graos para o curso 2021-22.
O Acto de Inauguración consistirá nunha conferencia do catedrático de Medicina Legal da USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica(SERGAS) e do Centro Nacional de Genotipado, Angel Carracedo que falará dos seus Proxectos e ilusións
Iria Pérez gañadora do Premio Literario Minerva
Enviado por admin o Lun, 22/03/2021 - 05:29Iria Pérez Álvarez, alumna de 2º de Bacharelato no IES Plurilingüe de Ames, gañou o 1ºpremio do Premio Literario Minerva organizado polo Colexio "Manuel Peleteiro", na modalidade de poesía, polo seu traballo "Triloxía utópico cuarentenaica".
O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos.
PRAZOS ADMISIÓN DE ALUMNADO - Curso 2021/2022
Enviado por evamvilas o Ven, 26/02/2021 - 05:45
PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
Curso 2021/22
O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado, que non está matriculado no presente curso académico neste IES, será do 1 ao 22 de marzo.
(O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas do segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, desenvuelto pola Orde do 12 de marzo de 2013 que foi modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 e pola Orde do 18 de decembro de 2020)
- No caso de que haxa máis solicitudes que prazas requerirase aos pais/nais que presenten a documentación xustificativa da autobaremación incluida na solicitude, do 25 de marzo ao 9 de abril.
- Só se pode presentar unha solicitude única e terá carácter vinculante. Presentarase no centro no que solicita praza en primeiro lugar. Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia.
A renuncia a unha solicitude ordinaria de admisión rexistrada nun centro só se admitirá ata o último día do prazo de presentación de solicitudes.
A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
- A listaxe provisional de admitidos/as farase pública o día 20 de abril de 2021.
- As posibles reclamacións, ás listaxes provisionais, presentaranse ata o día 5 de maio de 2021.
- A resolución das posibles reclamacións resolveranse o día 10 de maio de 2021.
- Publicación das listaxes definitivas día 12 de maio de 2021
ADMISIÓN DE ALUMNADO - Curso 2021-2022
Enviado por evamvilas o Ven, 26/02/2021 - 05:39
ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2021/22
PRAZAS VACANTES:
ESO
· 1º curso 15 prazas (12 + 3 NEAE)
· 2º curso 9 prazas
· 3º curso 7 prazas
· 4º curso 7 prazas
BACHARELATO
· 1º curso 7 prazas
· 2º curso 30 prazas
Nota: O alumnado matriculado nun centro educativo, ten en principio garantida a continuidade ata o remate da ensinanza no mesmo centro.
PRAZO de solicitude de admisión: do 1 ao 22 de marzo
(para o alumnado que cambie de centro)
- Modelo de solicitude:
Anexo II (procedemento ED550B), aprobado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017, que poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado ou descargarse e cumprimentarse de forma manual polas familias.
- Acompañarase dunha copia cotexada do DNI ou do libro de familia.
- En caso de separación xudicial ou divorcio achegarase o convenio regulador ou a resolución xudicial
ADMISIÓN DE ALUMNADO Curso 2021/2022
Enviado por evamvilas o Mér, 24/02/2021 - 05:47
PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO - Curso 2021/22
Presentación de solicitudes do 1 ao 22 de marzo de 2021.
No documento adxunto podedes ver os prazos e a información para o proceso de admisión de alumnado, para o vindeiro curso, nun centro distinto ao que están matriculados.
O alumnado matriculado neste centro e que desexe continuar non terá que facer nada ata o momento da matrícula unha vez rematado o curso actual
RESERVA DE PRAZA Curso 2021/2022
Enviado por evamvilas o Mér, 24/02/2021 - 05:31
O alumnado dos centros adscritos (A Maía, Agro do Muíño e Barouta), que presentou en prazo unha solicitude de reserva de praza para o IESP de Ames, para o curso 2021/2022, resultou admitido na súa totalidade.
Felicitación de Nadal ás familias
Enviado por admin o Mar, 22/12/2020 - 05:47O equipo directivo e profesorado do IES Plurilingüe de Ames deséxavos unhas felices festas e unha feliz entrada de ano.
Aproveitamos para agradecervos a colaboración e concienciación dos vosos fillos/fillas que tiveron un comportamento admirable no cumprimento das medidas sanitarias marcadas no Plan de Adaptación ao Covid-19 do Centro.
Cos nosos mellores desexos e agardando que a partir de xaneiro poidamos ver a luz ao final deste tunel. Unha aperta
A Dirección.
Cualificacións 1ª avaliación
Enviado por admin o Lun, 21/12/2020 - 05:25As cualificacións da 1ª avaliación serán accesibles desde a plataforma ABALAR a partir das 11 horas do día 22 de decembro.
Reparto de máscaras ao alumnado de ESO beneficiario.
Enviado por admin o Mér, 09/12/2020 - 09:49Calendario de reparto de máscaras para o alumnado de ESO beneficiario delas:
Cada alumno/a recibirá 4 máscaras reutilizables (60 lavados) que cumpren coa norma UNE 0065:2020
1º ESO: luns 14 de decembro
2º ESO: martes 15 de decembro
3º ESO: mércores 16 de decembro
4º ESO: xoves 17 de decembro
Para a recollida polo alumnado deben traer asinada a autorización adxunta <PDF>
