Escolares
EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BACHARELATO CURSO 2023-2024
Enviado por lolidenis o Mér, 29/05/2024 - 09:01
LUNS 10 XUÑO | MARTES 11 XUÑO | MÉRCORES 12 XUÑO | |
08:50 – 10:30 |
LCel I I- 101 EDMIN - 104 |
HEs – 104 | LGel II - 105 |
10:50 – 12:30 |
MAT II – 101 |
MACS II – 101 | Inglés II - 101 |
12:50 – 14:30 | Inglés I -105 | FÍSICA - 104 |
Feira das profesións 2024
Enviado por anaro o Mar, 02/04/2024 - 11:51Un ano máis, os Departamentos de Orientación doIES de Ames, IES Plurilingüe de Ames e IES Xulián Magariños de Negreira organizamos A FEIRA DAS PROFESIÓNS 2024 o xoves 4 de Abril no pavillón polideportivo de Brión.
O horario será de mañá e tarde, en concreto de 10:00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas.
Esperámosvos o xoves pola tarde.
Samaín
Enviado por anaro o Dom, 26/11/2023 - 16:21Desde o EDNL do instituto queremos dar as grazas á participación masiva no concurso de epitafios organizado ao redor da celebración do Samaín.
Semella que o Máis Aló estivo ben creativo tanto para crear os seus textos lapidarios como para deseñar esas tumbas, algo que nos permitiu crear ese ambiente sepulcral que nos recibía á entrada do centro estas mañás.
Unha gran parte do mérito, ademais das nosas “defuntas” e “defuntos” foran os departamentos de Plástica e Lingua Galega, que dedicaran parte das súas aulas a colaborar coa actividade.
A nosa felicitación especial ás gañadoras do concurso :
Noa Blanco Noya 1ºESO G
Sara Romero Vico 2º ESO F
Carolina Guerra García 2º ESO G |
ESPERAMOS CON IMPACIENCIA AS CREACIÓNS DA VINDEIRA EDICIÓN
Feira das profesións
Enviado por anaro o Ven, 28/04/2023 - 15:41
O vindeiro xoves 4 de maio terá lugar a Feira das Profesións 2023 organizada polos departamentos de orientación do IESP de Ames, IES de Brión e IES Xulián Magariños de Negreira. Contaremos coa presenza dun importante número de expositores entre os que contamos con universidades, CIFP, IES, CFEA, etc., así como con profesionais individuais de diferentes campos que achegarán ao noso alumnado o día a día das súas respectivas ocupacións.
O evento terá lugar no SUM e o horario é o seguinte:
-
De 10 a 14 horas asistirá o alumnado dos tres centros educativos.
-
De 16 a 18:30: Xornada de Portas Abertas para todo o alumnado e familias dos centros da contorna que desexen asistir.
-
Ás 18:30 horas terá lugar o acto de clausura.
Agardámosvos en Ames.
III Feira das profesións
Enviado por anaro o Xov, 21/04/2022 - 13:50Achegámosvos unha mostra da III Feira das Profesións a cal tivo unha boa acollida e boa participación por parte da comunidade educativa
Podedes ver máis fotos na galería.
Programa de Prevención de Condutas Adictivas
Enviado por anaro o Mar, 01/02/2022 - 19:22O alumnado de 2º ESO e 4º ESO, xunto co alumnado de FPB iniciou esta semana o Programa de Prevención de Condutas Adictivas do Concello de Ames que será desenvolto na primeira quincena do mes de Febreiro por medio do cal poderán identificar, coñecer e tomar conciencia sobre os posibles tipos de condutas adictivas, especialmente en adolescentes, como poden ser o consumo de drogas, as novas tecnoloxías, os xogos ou as apostas.
Charlas diversidade sexual
Enviado por anaro o Mar, 01/02/2022 - 19:07Comezaron as Charlas sobre Diversidade Sexual co alumnado de 1º e 2º ESO e FPB co fin de fomentar o respecto e seguir formando e sensibilizando nos centros educativos, espazos nos que TRANSformar a sociedade