actividades

Polos Creativos

Xa temos montado o noso Polo Creativo. Podedes vir coñecelo e empragalo!

Iniciación á impresión 3D

O alumnado de 1º de ESO realizou o proceso completo de deseño e impresión 3D ata acadar o produto final. Deseñáronse letras para chaveiros, manivelas para as persianas das fiestras, atrís cosnomes dos alumnos, e outros obxectos sinxelos.

 

Programando robots.

O alumnado de 1º de ESO realizou actividades de pogramación de algoritmos sinxelos baseados en retos empregando o software mBlock para robots Mbot2. Propúxose unha batería de retos para que os rapaces fosen superando (deseño de traxectorias, evitar obstáculos, segue-liñas...)

 

Patrimonio vivido

Dámoslle o nome de patrimonio vivido a actividades nas que o alumnado investiga sobre a historia e o patrimonio e cos resultados da investigación recrea a época e cultura estudada desde unha componente lúdica. Como parte deste enfoque o alumnado realizou tres actividades: Convivium, Victorian high tea e Let’s swing.

  • Convivium: Os alumnos e alumnas de 1o de ESO investigaron sobre a vida cotiá na antiga Roma (vestimenta, peiteado, accesorios, maquillaxe, comida, bebida, decoración, música e danza) tendo como centro de interese a realización dunha festa romana (convivium).
  • Victorian high tea: Os alumnos e alumnas de 3o de ESO investigaron sobre o costume de tomar o té en época victoriana. O alumnado investigou sobre vestimenta, accesorios, peiteado, comida, bebida, decoración da mesa, música e danza, e recreou un high tea con produtos elaborados por eles mesmos.
  • Let’s swing: Os alumnos e alumnas de 4o de ESO investigaron sobre o períododos anos 20 aos anos 40, e o jazz na música e no baile no seu contexto histórico. O alumnado investigou sobre a vestimenta, o peiteado, accesorios, calzado e comportamentos da época, deseñou, realizou e gravou unha coreografía de Lindy Hop, e gravou vídeos explicando un tema da súa escolla relacionado con esta música e baile.

Vídeos consumo de auga

83 estudantes de 3º e 4º  de ESO realizaron vídeos e vídeos cartoonizados conxuntos sobre recomendacións do consumo de auga e transporte en colaboración cos  centros Lycée Grombalia e IES de Cantabria.

   
   

Podcast sobre libros

O alumnado de 2o de bacharelato realizou podcast sobre libros e autores de Historia da Filosofía

Entrevista

O alumnado de ámbito científico e matemático de 2º PMAR realizou entrevistas en directo ao profesorado sobre o cambio climático e o aforro enerxético. Podedes escoitar aquí unha das entrevistas. Moitas grazas Miguel pola túa colaboración.

Robótica 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO  participou no concurso de robótica organizado pola Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Os estudantes adestráronse utilizando os Robots Mbot2 do equipamento de Polos Creativos. Houbo 2 desafíos. Nun deles, tiñan que programar un robot seguidor de liñas que evitara 2 obstáculos nun circuíto con curvas. No segundo desafío, tratábase dun seguidor de liñas dentro dun círculo. En ambos desafíos, os estudantes tiñan que demostrar a súa destreza en programación, completando o percorrido no menor tempo posible e sen penalizacións. Presentáronse 3 equipos e todos pasaron a primeira ronda, clasificándose para a final onde conseguiron o terceiro posto.

Investigación sobre o patrimonio da contorna

O alumnado realizou unha investigación sobre o patrimonio do Barroco en Ames e sobre o patrimonio contemporáneo en Santiago de Compostela.

  • Barroco en Ames: Os alumnos e alumnas de 3º de ESO investigaron por grupos diferentes elmentos patrimoniais de época barroca. A investigación consistiu nun traballo preliminar de documentación a través de fontes secundarias, unhadocumentación en campo a través da observación directa, fotografiado, gravación en vídeo e entrevistas aos veciños, xeolocalización, deseño de guión e actividades para facer durante a visita guiada e deseño dun roteiro cooperativo unindo os diferentes elementos investigados..
  • Patrimonio contemporáneo en Santiago de Compostela: Os alumnos e alumnas de 4º de ESO investigaron por grupos diferentes elmentos patrimoniais de época barroca. A investigación consistiu nun traballo preliminar de documentación a través de fontes secundarias, unha documentación en campo a través da observación directa, fotografiado, gravación en vídeo e entrevistas aos veciños, xeolocalización, deseño de guión e actividades para facer durante a visita guiada e deseño dun roteiro cooperativo unindo os diferentes elementos investigados.

Dobraxe

O alumnado de 3º realizou dobraxe en galego de secuencias de películas. Concretamente realizouse unha versión de títulos en galego do “Gabinete do Dr.Caligari”

Distribuir contido