actividades

Podcast informativo

A actividade consistíu nunha proposta para que o alumnado realizase un podcast en formato informativo, pois tiña que ter dous dos seguintes elementos do xénero xornalístico: unha entrevista, unha noticia ou unha reportaxe. A actividade fíxose  en grupos de tres. A proposta de traballo incluía tres fases. Unha primeira na que debían buscar información máis detallada sobre os distintos xéneros xornalísticos. Neste caso incluíuse información variada na aula virtual, que complementaba a do libro de texto, e animouse ao alumnado a buscar información. Unha fase segunda máis criativa na que o alumnado debía crear en conxunto a noticia, reportaxe ou entrevista. Aquí deixouse liberdade creativa ao alumnado para que puidese tratar calquera noticia ou feito do seu ámbito escolar máis inmediato ou inventar un relato para poder completar a actividade e elaborar un guión do podcast. Por último, unha terceira fase de gravación e edición deste podcast que se realizou fundamentalmente na aula de radio e na casa. O fin desta actividade era o dun primeiro achegamento práctico aos xéneros xornalísticos e sobre todo o de crear ámbitos de uso para que a rapazada poida coller destreza no uso da lingua galega nun contexto máis formal.

Podedes escoitar aquí algún exemplo.

 

Vídeo final Proxecto “We love our environment”

Podcast We love our environment

Podedes escoitar aquí o podcast sobre ODS 16 para forum de debate no Proxecto “We love our environment” sobre Democracia e Xustiza

Día da Terra

O alumnado de 3º e 4º de ESO elaborou un libro dixital con carteis para o Dia da Terra co alumnado do Lycée de Grombalia e IES de Cantabria. Podedes velo aquí

Vídeo presentación

Trece estudantes de 3º de ESO realizaron unha video-presentación para os centros de Reino Unido e Sahara Occidental. que participan no Proxecto Redes de Cooperación

Podcast

O alumnado de 3º de ESO creou varios podcast. Para iso realizaron investigación sobre un tema elixido, realizaron o guion, gravaron e editaron. Aquí tendes algíuns exemplos

Lecturas de poemas e relatos curtos

O alumnado de oratoria realizou gravacións no laboratorio de radio de poemas e relatos curtos.

 

 

 

 

Investigación sobre o patrimonio familiar

O alumnado realizou tres actividadesde de investigación: 1 imaxe vale máis con 250 palabras, Pasando a remuda da memoria histórica e Patrimonio no faiado. Poden
consultarse os resultados destas actividades no Museo virtual KaleidoScapes Geography and History of Ames - KaleidoScapes

 

Estas tres investigacións teñen en común que analizan aspectos relevantes para as familias do alumnado e estas son as que contribúen a información para a investigación do alumnado. Os alumnos e alumnas seleccionan, en compañía dasfamilias, elementos importantes na súa historia, e recollen o testemuño das súas familias sobre eses elementos por escrito, en formato de vídeo ou en formato de audio, segundo as preferencias dos familiares.

  • 1 imaxe vale máis con 250 palabras: Os alumnos e alumnas investigan sobre unha fotografía antiga familiar e contribúen deste modo a conservar o elemento material, a fotografía, e o elemento inmaterial, a explicación do significado da fotografía.
  • Patrimonio no faiado: Os alumnos e alumnas investigan sobre un obxecto importante para as súas familias ou para eles mesmos e contextualizan ese obxecto no marco histórico e patrimonial.
  • Pasando a remuda da memoria histórica: Os alumnos e alumnas investigan sobre a experiencia das súas familias en relación coa historia recente: a Guerra Civil española, a Ditadura franquista e a Transición democrática.

Dramatización radiofónica

O alumnado de 1º de ESO, en grupos de catro,  realizou a representación dunha escena de Radio Resistencia, obra de teatro escolar do autor Luis Jaraquemada. Tras breves nocións de teoría sobre as características da voz, a prosodia básica e a locución radiofónica, fixéronse prácticas de “ximnasia bucal” na aula ordinaria e seimpartiron breves pautas de técnicas radiofónicas. Por último, se ensaiaron as escenas nas aulas para ser representadas posteriormente no taller de radio.

 

 Podedes escoitar as locucións aquí

Xincana polo eido. Día da educación física

O día da Educación física na rúa desenvolveuse a II xincana de orientación no eido do centro no que o alumnado de 1o de ESO realizou varias probas ao longo dun circuito
que unía elementos significativos do eido e do edificio do centro identificados ou creados a través de accións anteriores en relación coa dinamización do eido así como a identificación de elementos do patrimonio cultural e natural por parte do alumnado. As probas que debían realizar ao longo do circuíto estaban relacionadas coas disciplinas de Educación Física, Matemáticas e Xeografía e Historia.

Distribuir contido