Física e Química
Estándares mínimos e criterios de cualificación
Enviado por admin o Lun, 09/01/2017 - 07:30Estándares mínimos e criterios de cualificación do Departamento de Física e Química <PDF>
“Os límites son un estímulo para sobrepasalos”
Enviado por egarea o Lun, 11/02/2013 - 05:54“Os límites son un estímulo para sobrepasalos”
Non falaba das normas, ao dicir que “os límites son un estímulo para sobrepasalos”, aínda que algún pense que as normas están para iso, para saltalas. Non, o profesor Suso Fidalgo, neste caso, estaba a falar dos límites das nosas capacidades físicas, aínda que tamén se pode aplicar aos límites intelectuais.
Campus científicos de verán 2012
Enviado por jfidalgo o Ven, 15/06/2012 - 10:59Resolta a convocatoria dos Campus Científicos de Verán 2012, foi seleccionado o alumno DAVID RODRIGUEZ ACEVEDO, de 4º ESO A, para participar nun campus de verán
: "Diseño y construcción de microrobots", que se desenvolverá na Universidade Carlos III de Madrid, do 15 ao 21 de Xullo.
Parabéns.
Os tres profesores e a velocidade da luz
Enviado por egarea o Xov, 27/10/2011 - 19:20Suso Fidalgo en ...a viaxe no tempo!!
Enviado por ebranas o Dom, 30/01/2011 - 08:59
A física cuántica, sen secretos
Viaxes no tempo e buratos de verme. En realidade do que íamos falar era de Star Trek, do regreso ao futuro ou de Star Wars. Tratábase de desinchar algo o globo da nosa fantasía e ver que hai de certo en tanta película, tanto cómic ou tanta novela de ciencia ficción.
Veuse o interese polo tema en que de novo tivemos que recorrer á sala de exposicións. Non cabería a xente na aula da planta baixa do pazo no caso de que a charla se tivese celebrado alí.
E veuse tamén o interese ,no animado coloquio que houbo ao final, con preguntas de todo tipo e para todos os gustos, onde cada quen intentou resolver os seus enigmas particulares. “Profesor, pensa vostede que o Falcón Milenario de Hans Solo podería resistir un salto ao hiperespacio?”
PLAN LECTOR DO DEPARTAMENTO DE F.Q. 2011-12
Enviado por jfidalgo o Xov, 25/11/2010 - 14:19Axúntase o proxecto lector do departamento de Física e Química
DIA DA CIENCIA EN GALEGO: 4 DE NOVEMBRO
Enviado por jfidalgo o Mér, 03/11/2010 - 20:40VIDEOCONFERENCIA: "Do CERN a Compostela coa Física de Partículas"
Actividade do Día da Ciencia en Galego.
Alumnado de 1º de Bacharelato na materia de Física e Química.
Porque a Ciencia tamén se explica, se aprende, se estuda...en galego
"CIENCIA EN ACCIÓN 2010"
Enviado por jfidalgo o Mér, 29/09/2010 - 12:18Non houbo sorte. Outra vez será!
Podedes ver as fotos que se fixeron durante a actuación.
Disfrutádeas!...e grazas polo esforzo e dedicación. En unha satisfacción tervos como alumnos/as.
http://picasaweb.google.es/susofidalgo/CienciaEnAccion2010?authkey=Gv1sRgCK73_fad_sLm6wE#
Tamén podedes ver o video da representación: http://www.youtube.com/watch?v=8rmKuPqOgyw
Campus Científicos. Santiago Pajón (Cantabria) e Pablo Valledor (Andalucía)
Enviado por jfidalgo o Mar, 29/06/2010 - 15:26Santiago Pajón (1º de Bach) e Pablo Valledor (4º ESO) foron elexidos para participar nos Campus Científicos de Verán 2010 nos Campus de Excelencia de Cantabria e Andalucía.
Parabéns a ambos e feliz verán "científico".
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
