Secretaría
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23
Enviado por Adminis o Ven, 20/05/2022 - 05:29ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2022/2023
Enviado por evamvilas o Ven, 04/03/2022 - 06:35ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023
PRAZO DE ADMISIÓN : 1 ao 21 de marzo 2022
PRAZAS VACANTES:
1º ESO 13 prazas (*)
2º ESO 22 prazas
3º ESO 29 prazas
4º ESO 0 prazas
1º BACH: Humanidades 31 prazas Ciencias 0 prazas
2º BACH: Humanidades 20 prazas Ciencias 6 prazas
Distribución máscaras alumnado de ESO curso 2021-2022
Enviado por Adminis o Lun, 15/11/2021 - 07:43Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG do 12/11/2021) pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E)
Artigo 2. Alumnado destinatario
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Ver/Descargar boletín informativo <PDF>
Ver/Descargar Anexo I e Anexo II <ODT>
Eleccións ao Consello Escolar
Enviado por Adminis o Mar, 26/10/2021 - 07:12A Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG.29/09/2021), establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Anúnciase a celebración do sorteo público dos membros da Xunta Electoral que terá lugar o vindeiro xoves día 28 de outubro ás 12:35 horas na secretaría do centro. A Xunta electoral será a encargada da organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar.
Devolución Libros do Fondo Solidario de Libros de Texto
Enviado por admin o Mér, 01/09/2021 - 05:08Remate do prazo para devolución dos libros: 6 de setembro.
Lémbrase que o prazo de devolución dos libros do Fondo Solidario de Libros de Texto da Consellería de Educación está aberto ata o día 6 de setembro en horario de 9 a 14 h. e que a non devolución completa dos mesmos implica a exclusión deste Fondo para o curso 2021/22.
Calendario de exames de setembro 2021
Enviado por admin o Mar, 13/07/2021 - 06:15Calendario de exames de setembro 2021 <PDF>
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022
Enviado por evamvilas o Ven, 21/05/2021 - 04:57Publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso académico 2021-2022.
Fondo Solidario de Libros de Texto e axudas para material escolar curso 2021/22
Enviado por admin o Ven, 21/05/2021 - 04:12Prazo: o prazo de presentación de soliocitudes remata o 22 de xuño de 2021
AVISO ALUMNADO 1º de ESO:
Como o IESP de Ames foi admitido no proxecto EDIXGAL para o curso 2021/22 en 1º da ESO, segundo o artigo 1.2 da Orde do 20 de maio de 2021, este alumnado está excluído da participación no Fondo Solidario de Libros de texto, pero poderá solicitar a axuda para material escolar.
Resumo convocatoria <PDF>
Preferentemente recoméndase presentar a solicitude por vía electrónica:
As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.
Para a presentación presencial a secretaría do Centro estará aberta de 9 a 14 horas.
Impreso de solicitude <PDF>
Instrucións para cubrir a solicitude <PDF>
RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2º BACHARELATO E PENDENTES 1º
Enviado por evamvilas o Ven, 23/04/2021 - 05:42Reclamacións ás cualificacións de 2º de Bacharelato e/ou ás cualificacións das materias pendentes de 1º de Bacharelato (convocatoria ordinaria)
De acordo coa Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021, as reclamacións ás cualificacións de 2º de bacharelato e/ou ás cualificacións das materias pendentes de 1º de bacharelato, presentaranse de acordo co seguinte procedemento e nas seguintes datas:
è -->
Día 18 de maio ás 14:00 horas
Entrega dos boletíns coas cualificacións finais de segundo de bacharelato por parte dos titores/as na aula de referencia do grupo.
è -->
Días 19 e 20 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas
Presentación de reclamacións ante o departamento correspondente para a revisión da cualificación outorgada; farase mediante unha instancia dirixida á Dirección do centro. (Antes de presentar unha reclamación por escrito, recoméndase ao alumnado que non estea conforme coa cualificación recibida que fale co/a profesor/a da materia correspondente para recibir as aclaracións oportunas).
è -->
Día 21 de maio de 11:30 a 14:00 horas
Resolución da reclamación presentada. O alumnado recollerá a resolución na secretaría do centro.
è -->
Días 24 e 25 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas
De non estar de acordo coa resolución do departamento, o alumnado poderá solicitar que a dirección remita o expediente de reclamación á Xefatura Territorial, presentando unha nova instancia na oficina do centro.
AS RECLAMACIÓNS BASEARANSE NOS CRITERIOS ESTABLECIDOS NA CIRCULAR 2/2021 (mencionada ao inicio deste oficio) – (modelo orientativo na secretaría do centro).
*As reclamacións serán formuladas polo alumnado no caso de ser maiores de idade e polas súas persoas proxenitoras ou persoas que ostenten a representación legal, no caso de ser menores de idade.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022
Enviado por evamvilas o Ven, 23/04/2021 - 04:05Publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso académico 2021-2022.
De forma non presencial poderán consultarse só a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. De forma presencial poderán consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, NON poderán consultarse por ningún outro medio físico ou electrónico de publicación.
