Taboleiro

Actividades para o alumnado durante a suspensión das clases polo Covid- 19

Actividades e indicacións para o alumnado durante a suspensión das clases polo Covid- 19.

Recoméndase consultar periodicamente esta páxina para comprobar actualizacións

 

    Departamento de ORIENTACIÓN

Coronavirus Covid- 19. Recomendacións para as familias

Recomendacións para as familias:

Dende a Dirección do IES Plurilingüe de Ames queremos dar as seguintes indicacións:

1. Todo o profesorado está enviando traballo para o alumnado por diversos medios: páxina web, aula virtual, ABALAR, correo electrónico, grupos de traballo,etc., e permanecerá en contacto con eles por estes medios para solucionar as posibles dúbidas.

2. Procuren que os seus fillos/fillas teñan un horario de estudo, lembremos que non son vacacións. O o que estamos a facer son medidas excepcionais para unha situación excepcional.

3. Recomendarlles tamén que se eviten as saídas á rúa e as reunións multitudinarias.

Precísase a colaboración de todos/as para frear esta pandemia.

Ánimo e esperamos que todo volva a normalidade en pouco tempo.

Un saúdo

A Dirección.

Bertamiráns, 13 de marzo de 2020

 

RESERVA DE PRAZA - Curso 2019/20

 

O alumnado dos centros adscritos (CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño e CEIP de Barouta), que presentou en prazo unha solicitude de reserva de praza para este IES, para o curso 2020/21, resultou admitido na súa totalidade.

Para calquera dúbida ou aclaración poden pasar pola Secretaría do Centro.

 

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2020

CONVOCADAS 1600 PRAZAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2020

Prazo de solicitude: do 27 de febreiro ao 26 de marzo de 2020

Destinatarios: Alumnado da ESO e de Bacharelato

A solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa: http://www.edu.xunta.es/axudasle

Máis información na secretaría do centro.

Libros de texto curso 2019-2020

Ver/Descargar relación de LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-2020 <PDF>

Calendario de exames de setembro 2019

Ver/Descargar calendario de exames de setembro 2019 <PDF>

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS- Curso 2018/19

 

 

 PODEDES PASAR POLA SECRETARÍA DO CENTRO PARA CONSULTAR AS  LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO SELECCIONADO E SUPLENTE

  

- Ábrese un prazo de dez días naturais, do 14 ao 23 de maio, para formular reclamacións ou remitir a documentación requirida.

 

- Estas listaxes poderán ser consultadas na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

- Para dúbidas ou aclaracións pasar pola Secretaría do Centro.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA BOLSEIROS/AS BACHARELATO – Curso 2018/19

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA BOLSEIROS/AS

BACHARELATO – Curso 2018/19

 

Aparece a listaxe publicada na páxina web do Ministerio de Educación a listaxe coa relación de solicitantes que resultaron beneficiarios de bolsa. 

De acordo co artigo 52 da convocatoria, enténdese que quedan denegadas todas aquelas solicitudes presentadas que non figuren nestas listaxes.

A Resolución da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se resolve a convocatoria, pon fin á vía administrativa.

O prazo para a interposición dos recursos aos que se fai referencia na mencionada Resolución comeza o día 7 de maio de 2019.  

O prazo para interpoñer recurso de reposición termina o día 6 de xuño de 2019,inclusive.

Podes consultar a listaxe na Secretaría do IESP de Ames. 

Para calquera dúbida ou aclaración : 

Sección de Bolsas 

Teléfono.: 981 184 741>

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/2020

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/2020

 

O alumnado que solicitou praza neste centro, para o vindeiro curso escolar, resultou admitido na súa totalidade.

Unha vez rematado o curso actual deberán presentar a solicitude de matrícula neste centro.

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

 NOTA INFORMATIVA DO 16 DE ABRIL

 

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

 

Incorporáronse as solicitudes presentadas a través da Sede Electrónica ou cubertas sen ter gravado os datos na aplicación.O estado destas solicitudes poderase comprobar a través do menú "3. Estado solicitude".

 

No caso de requirimento de documentación, esta poderase presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

No caso do seu envío por correo, será necesario levar a documentación e a instancia en sobre aberto co fin de que o funcionario/a de Correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa remisión.

 

- Solicitudes coa documentación correcta -Anexo I.

 

- Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto -Anexo II.

 

- Solicitudes excluídas, indicando as causas de exclusión -Anexo III.

              a. Solicitudes fóra de prazo.

 

             b. Solicitudes excluídas por non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3 da Orde de convocatoria.

 

No caso de solicitudes que precisen emenda nalgún aspecto (solicitudes incorrectas), a documentación que se require poderá consultala a través do menú "3. Estado Solicitude" da páxina web do programa http://www.edu.xunta.es/axudasle

No caso de ter xa remitida a documentación que se require, non é necesario que a volva a remitir.

 O estado das solicitudes irá variando periódicamente, segundo se comprobe a documentación achegada. As listaxes publicadas no día de hoxe non variarán, aínda que cambie o estado da súa solicitude (comprobado a través do menú "Estado solicitude").

 Nota:

 Recoméndase que comproben no seu cliente de correo ou correo web que as mensaxes remitidas por axudasle@edu.xunta.es se reciban na caixa de correos principal e non na caixa de correos de "spam" ou "correo non desexado". No caso de que entrasen nalgunha destas últimas caixas de correos, poden marcarse como correo de confianza para asegurar a correcta recepción no futuro.

 

Máis información na Secretaría do IESP de Ames

Distribuir contido