Escolares
III Feira das profesións
Enviado por anaro o Xov, 21/04/2022 - 13:50Achegámosvos unha mostra da III Feira das Profesións a cal tivo unha boa acollida e boa participación por parte da comunidade educativa
![]() ![]() |
![]() ![]() |
Podedes ver máis fotos na galería.
Programa de Prevención de Condutas Adictivas
Enviado por anaro o Mar, 01/02/2022 - 19:22O alumnado de 2º ESO e 4º ESO, xunto co alumnado de FPB iniciou esta semana o Programa de Prevención de Condutas Adictivas do Concello de Ames que será desenvolto na primeira quincena do mes de Febreiro por medio do cal poderán identificar, coñecer e tomar conciencia sobre os posibles tipos de condutas adictivas, especialmente en adolescentes, como poden ser o consumo de drogas, as novas tecnoloxías, os xogos ou as apostas.
Charlas diversidade sexual
Enviado por anaro o Mar, 01/02/2022 - 19:07Comezaron as Charlas sobre Diversidade Sexual co alumnado de 1º e 2º ESO e FPB co fin de fomentar o respecto e seguir formando e sensibilizando nos centros educativos, espazos nos que TRANSformar a sociedade
Charlas programa A Ponte
Enviado por anaro o Mar, 01/02/2022 - 19:01O alumnado de bacharelato recibiu esta semana unha charla informativa da man do Programa A Ponte da USC, co fin de coñecer información relativa ás probas da ABAU e a información sobre os graos universitarios así como os servizos da USC.
Premios de Banda Deseñada
Enviado por egarea o Ven, 06/06/2014 - 14:01Os alumnos e Alumnas do noso, dirixidos por Renata Otero, veñen de conseguir 3 dos 4 premios que concedía o IES Xelmirez I de Santiago de Compostela, no II concurso de Banda Deseñada. Os Galardoados foron:
1º Premio na categoría de 12-16 anos para Catalina Binkele, pola obra "Amnesia Criminal".
1º Premio na categoría de maiores de 16 anos foi para Carlos Furelos, pola obra "Fregonas e Bancadas".
2º Premio na categoría de maiores de 16 anos foi para Mario García Cajade, pola obra "A Pedra".
Menuda canteira de artistas! e iso que non temos bacharelato artístico. Algo terá que ver a profesora. Noraboa a ela e aos seus alumnos/as.
En breve estas e outras obras de non menor calidade sairán publicadas en formato papel, subvencionadas polo Contrato-Programa suscrito coa Consellería de Educación durante este curso 2013-14
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesarcebispoxelmirez/
Informe e avaliación do Contrato programa. Curso 2012-13
Enviado por egarea o Mar, 02/07/2013 - 17:39Con A de Astronomía, con A de Ames, con A de Ágora
Enviado por egarea o Xov, 20/12/2012 - 20:30Podedes ver unha presentación en prezi do proxecto integrado do ano pasodo no proxecto lector con A de Astronomía, con A de Ames, con A de Ágora, coordinado por Margarita Olivar e Xexús Fidalgo. para visualizala visitade:
http://prezi.com/dqmv1ozs1laj/a-de-astronomia-a-de-ames-a-de-agora/
ÁGORA
Enviado por ebranas o Lun, 16/01/2012 - 14:01