Matemáticas

Abalar

Páxina de recursos Abalar do D. Matemáticas

Problema de xeometría <PPS>

Acto homenaxe a profesora Dª EMILIA RODRÍGUEZ PÉREZ

O vindeiro venres, 23 de novembro, terá lugar un ACTO DE HOMENAXE a profesora Dª EMILIA RODRÍGUEZ PÉREZ con motivo da súa recente xubilación.


Final Olimpiada Matemática Galega 2º ESO

DAVID RODRÍGUEZ ACEVEDO, alumno de 2º de ESO do IES de AMES foi un dos tres gañadores da XII Olimpiada Matemática Galega 2º ESO, celebrada en Vigo o pasado venres 14 de maio, acadando ademáis o dereito a participar na FASE ESTATAL  que se celebrará en Palma (Mallorca) do 24 ao 28 de xuño.

Olimpiada Matemática Galega para alumnos de 2º ESO

Os alumnos Jorge Castiñeiras Rella (2º A) e David Rodríguez Acevedo (2ºB) clasificaronse para a fase FINAL da Olimpiada Matemática que se celebrará o venres 14 de maio en Vigo.

 

José A. BERRIOCHOA en ...Viaxes paradigmáticas: Cook e os límites do mundo




 

O capitán Cook contra vento e marea

O día estaba onte para honrar a intrepidez do capitán Cook. Porque só os intrépidos podían vencer a chuvia o vento e o frío que onte asolaban a Mahía.

De feito, algúns pensaban que se resentiría a asistencia á exposición que o prof. José Alberto Berriochoa ía facer sobre os percorridos do mariño británico polos límites do mundo. Pois, aínda que algo deixouse notar, alí estaban case que todos os asiduos -profesores, alumnos, pais e amigos- que veñen viaxando cada semana a través da Galaxia, polas proximidades planetarias, polas carreteras do mundo ou polo ancho mar. Ben, si, tamén estaban os que viaxan, comodamente instalados na sala de estar da casa, embarcados nun libro apaixonante.

O profesor Berriochoa declarou que el pertence á última categoría, a dos sedentarios lectores.

Pero o seu relato veu demostrar que el navegou, canda Cook, polos mares do Sur.

                                                   

Anxo Sampedro

 

Charla en texto

Distribuir contido