Novas
Bolsas e axudas ao alumnado de niveis postobligatorios
Enviado por anaro o Mar, 22/03/2022 - 06:29O prazo para solicitar bolsas no curso 2022-2023 para estudantes que cursen estudos postobligatorios é do 30 de marzo ao 12 de maio. A solicitude deberase cumptimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es
Aspectos IMPORTANTES a ter en conta:
- Todo o mundo deberá solicitar a bolsa neste periodo, independientemente de que non saiba aínda o que vai estudar. Fóra deste periodo non haberá posibilidade de pedir beca.
- Nesta primeira fase, só se cubrirán os datos persoais e económicos (só estarán habilitados estes apartados).
- Moi importante: utilizar un correo electrónico que estea activo e saibades a contraseña, xa que todos os avisos e notificacións referidos á bolsa se vos enviarán a el.
- No mes de agosto abrirase un novo periodo (uns 10 días) nos que cubriredes os datos académicos e tamén teredes a posibilidade de modificar algúns datos cubertos no periodo anterior.
Toda a información:
- ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html#para-que-estudios
- ESTUDOS UNIVERSITARIOS:https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/universidad-grado-master/tipos-de-becas.html
PROCEDEMENTO
1. Rexistrarse como usuario na SEDE ELECTRÓNICA:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1707
2. Encher o FORMULARIO e ENVIAR.
Podedes atopar máis información na seguinte ligazón: Extracto da Resolución de 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudiantes que cursen estudos postobligatorios.
CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por evamvilas o Ven, 05/11/2021 - 05:54
PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO - Curso 2020-2021
Enviado por evamvilas o Ven, 23/04/2021 - 04:08PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO – Curso 2020-2021
Consellería de cultura, educacIón e unIversIdade
EXTRACTO da Orde do 9 de abril de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311A).BDNS (Identif.): 558055.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
Segundo. Obxecto
Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (código de procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde ECD/482/2018, do 4 de maio, pola que se regulan os premios nacionais de bacharelato establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE núm. 115, do 11 de maio).
Cuarto. Importe
Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 27 de abril de 2021 e remataráo día 26 de maio de 2021
RESERVA DE PRAZA Curso 2021/2022
Enviado por evamvilas o Mér, 24/02/2021 - 05:31
O alumnado dos centros adscritos (A Maía, Agro do Muíño e Barouta), que presentou en prazo unha solicitude de reserva de praza para o IESP de Ames, para o curso 2021/2022, resultou admitido na súa totalidade.
Fondo Solidario de Libros de Texto curso 2020/21.
Enviado por admin o Mar, 19/05/2020 - 08:43Prazo: o prazo de presentación de soliocitudes remata o 19 de xuño de 2020
Resumo convocatoria <PDF>
Preferentemente recoméndase presentar a solicitude por vía electrónica:
As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.
Para a presentación presencial a secretaría do Centro estará aberta de 9 a 14 horas.
Impreso de solicitude <PDF>
Instrucións para cubrir a solicitude <PDF>
Manual Cidadán Fondo Libros <PDF>
RESERVA DE PRAZA - Curso 2020/21
Enviado por evamvilas o Ven, 28/02/2020 - 05:45
O alumnado dos centros adscritos (CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño e CEIP de Barouta), que presentou en prazo unha solicitude de reserva de praza para este IES, para o curso 2020/21, resultou admitido na súa totalidade.
Para calquera dúbida ou aclaración poden pasar pola Secretaría do Centro.
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2020
Enviado por evamvilas o Xov, 27/02/2020 - 05:38CONVOCADAS 1600 PRAZAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2020
Prazo de solicitude: do 27 de febreiro ao 26 de marzo de 2020
Destinatarios: Alumnado da ESO e de Bacharelato
A solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Máis información na secretaría do centro.
Calendario de exames de setembro 2019
Enviado por admin o Ven, 05/07/2019 - 08:16Ver/Descargar calendario de exames de setembro 2019 <PDF>
Fondo solidario libros de texto e material 2019/2020
Enviado por admin o Mar, 21/05/2019 - 07:01Publicada Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020 <Enlace>
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019
Enviado por evamvilas o Lun, 13/05/2019 - 05:39
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS- Curso 2018/19
PODEDES PASAR POLA SECRETARÍA DO CENTRO PARA CONSULTAR AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO SELECCIONADO E SUPLENTE
- Ábrese un prazo de dez días naturais, do 14 ao 23 de maio, para formular reclamacións ou remitir a documentación requirida.
- Estas listaxes poderán ser consultadas na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle
- Para dúbidas ou aclaracións pasar pola Secretaría do Centro.
