Comité Climático

Comité climático

Un grupo de estudantes e profesoras e profesores  estamos traballando para facer do noso instituto un lugar máis sostible. Reunímosnos os martes no segundo recreo na aula do salón de actos.

Animádevos a vir!!

 

 

Reciclaxe no IES de Ames

RECICLADO DO LIXO

Despois de vaciar e pesar o lixo recollido procedeuse a levalo aos contenedores situados na zona de fora do centro para que así sexa recollido pola empresa de recollida de lixo do concello.

 

Vaciado das papeleiras e pesada do lixo recollido

Pasadas unhas semanas procedeuse ao vaciado das papeleiras colocadas nas zonas comúns do centro.

Posteriormente pesouse a cantidade de plásticos e papel recollido con idea de facelo cada dúas semanas para así poder ter un rexistro do lixo recollido no  centro.

 

CAIXAS DE RECICLAXE PARA TODAS AS AULAS

Dende o Comité Climático realizáronse caixas de reciclaxe, reutilizando as caixas de folios empregadas no centro, para todas as aulas.

Cada clase puido personalizar as súas e nomear un comité para o baleirado das mesmas, dende as sesións de titoría.

PRIMEIROS USUARIOS DAS PAPELEIRAS COLOCADAS!

A colocación das papeleiras de reciclaxe foi todo un éxito, xa que, contamos con usuarios dende o primeiro minuto.

Esperemos marcar un antes e un despois na xestión de residuos no IES de Ames.

Colocación de papeleiras

Colocamos as 30 papeleiras de reciclaxe xunto cos carteis respectivos en varias zonas comúns do centro, como pasillos, patio, etc.. Estas zonas foron estudiadas anteriormente polo alumnado para así reducir o lixo no centro.

 

 

   

 

REALIZACIÓN DE CARTEIS PARA AS PAPELEIRAS DE RECICLAXE

Realizamos carteis para señalizar todas as papeleiras de reciclaxe.

 

                              

MONTAXE DE PAPELEIRAS DE RECICLAXE

Dende o comité climático estamos traballando nun proxeto de reciclaxe no centro.

Comezamos montando as 30 papeleiras de reciclaxe para colocar nas zonas comúns do centro.

 

               

RINCÓN DA CRISE CLIMÁTICA

Dende o comité climático, grazas ao gran traballo da profesora Sonia Barreiro, traballamos no rincón da crise climática. 

Nestemomento realizouse un especial do Parque Nacional de Doñana.

                      

Distribuir contido