Complementarias
Día da Letras Galegas. Actividade Carvalho na fiestra
Enviado por admin o Lun, 11/05/2020 - 06:08Vídeo. Día do libro
Enviado por admin o Mér, 22/04/2020 - 17:03Vídeo para o Día do Libro do IESP de Ames
https://www.youtube.com/watch?v=i69DwXeZcSI&feature=youtu.be
Actividades para o alumnado durante a suspensión das clases polo Covid- 19
Enviado por admin o Ven, 13/03/2020 - 15:30Actividades e indicacións para o alumnado durante a suspensión das clases polo Covid- 19.
Recoméndase consultar periodicamente esta páxina para comprobar actualizacións
Departamento de ORIENTACIÓN
Invisibles
Enviado por chusgarcia o Xov, 12/03/2020 - 12:12O pasado 17 de febreiro fomos invitados polo Concello de Ames a unha función e posterior coloquio da posta en escena da obra Invisibles. Alí, acompañados de alumnado do IES do Milladoiro, puidemos gozar do traballo de Mela Casal, Neves Rodríguez e Sheyla Fariñae.
Trátase dun espectáculo creado a partir da novela de Monste Fajardo que presenta diversas historias cun fío común: a violencia de xénero. Impactounos moito ó saber que as historias teatralizadas foron sacadas de historias reais protagonizadas por mulleres galegas.
O espectáculo pretende concienciar e sensibilizar os espectadores con esta lacra da sociedade: “As protagonistas sofren violencia física, verbal ou emocional e o obxectivo destes testemuños é visibilizar o que está oculto e demostrar que non hai patróns nin de vítimas nin de asasinos”.
Esta actividade pechouse coa visita ao centro da periodista Nazaret López, que lles fixo unhas preguntas sobre o tema ó alumnado que participou e que se emitirán por radio Ames.
Vitoria no campionato Campo a Través
Enviado por chusgarcia o Xov, 12/03/2020 - 12:06Os nosos alumnos: Martín Lois, Vincent Mendoza, Martín Antelo, Juan Cañizo, Iván Malvárez e Iago López
O IES de Ames gañou o Campionato Provincial de Campo a Través na categoria cadete masculino por equipos. A proba celebrouse en Carballo o pasado venres, 6 de marzo dentro dos xogos escolares organizados pola Secretaria Xeral para o Deporte (XOGADE). Ademais o corredor Juan Cañizo subiu ao podio ao finalizar terceiro individual ma mesma categoría.
Obradoiros Imatxina. Vigo
Enviado por chusgarcia o Mar, 10/03/2020 - 18:14O pasado luns, o noso alumnado de 2º da ESO, da materia de matemáticas manipulativas, e o alumnado de 1º da ESO que se apuntou ao canguro matemático, desplazouse a Vigo para visitar os obradoiros de matemáticas recreativas que tódolos anos organiza a fundación Rosalía de Castro. Foi unha xornada onde as mates pasaron do abstracto ao tacto, xogando con espellos, simetrías, varios tipos de tangrams, perspectivas, facendo carreiras coas probabilidades e imaxes imposibles... Alí descubriron que ter dous ollos en vez de un impide que moitas cousas nos enganen.
Unha xornada de descubrimentos onde cambiamos a perspectiva cotiá das mates.
Rosalía é tendencia
Enviado por chusgarcia o Mér, 04/03/2020 - 18:31Para homenaxear a Rosalía de Castro, durante o mes de febreiro os alumnos e alumnas do IES Plurilingüe de Ames deseñaron camisetas con motivos relacionados coa súa figura e obra.
Esta actividade foi realizada polos departamentos de Dinamización lingüística, Lingua galega e literatura, e Educación Plástica e Visual.
Na entrada do instituto e no corredor do primeiro andar, así como neste enlace de Instagram, podedes ver as espectaculares camisetas creadas. Dentro de nada poderedes lucilas e unir moda e poesía!
Participación do noso centro na Xornada do Día Internacional da muller e a nena na ciencia
Enviado por chusgarcia o Mér, 04/03/2020 - 18:29
Andrea e Helena cóntannos como foi a súa experiencia, e invítannos a participar o vindeiro curso:
"O pasado martes, 11 de febreiro, dúas alumnas do centro acudimos a unha Masterclass á Universidade de física. O primeiro que fixeron alí foi explicarnos o básico de física de partículas e do acelerador de partículas. Logo fomos á sala de informática a facer unha práctica con casos reais do acelerador. Despois comparamos os nosos resultados cos obtidos por outras universidades, de Madrid e Roma e con dúas científicas do CERN, o cal axudounos a entender mellor o que nos explicaran antes. Como era o día da Muller na ciencia tamén nos falaron sobre mulleres científicas e abriuse un debate para que intercambiáramos ideas coas nosas compañeiras. Foi unha experiencia que me gustou moito, na que ademáis coñecimos a xente ca que compartimos opinións". Helena López
"Creo que ideas como estas son moi boas e axudan moito a todos os estudiantes a ver de maneira máis clara e non tan abstracta cales son as súas opcións de futuro. Esta masterclass é moi interesante para calquera, pero especialmente está ben que se fixera esta específica no dia da muller e a nena na ciencia para nós, e creo que pode impulsar a escolla de moitas estudantes. Parecéronme moi entretidas as explicacións teóricas da física de partículas e do acelerador de partículas. Aprendes en moi poucas horas moitos conceptos, e iso fai que non queden totalmente asentados, pero é un bo comezo. As partes prácticas tamén foron moi amenas, e gustoume moito a análise dos resultados, porque vemos a realidade do proceso e os resultados non perfectos pero concretos; xa que ao traballar con eles anteriormente, non son cifras que non nos achegen nada. É unha experiencia que recomendo persoalmente, onde a maiores podes coñecer a máis rapazas coas que compartes un mesmo interese". Andrea prieto
Segunda saída a Santiago para preparar a European City Race
Enviado por chusgarcia o Mér, 04/03/2020 - 18:27Os alumnos e alumnas de 3º ESO A e B e 4º ESO A e B das materias de Educación Física e Xeografía e Historia volveron saír a Santiago para facer a segunda parte do traballo de campo para deseñar un percorrido de orientación en Santiago de Compostela organizado arredor de elementos históricos da cidade.
Esta saída desenvolveuse ao abeiro dos proxectos Corre, pensa, descubre, Educación Patrimonial, e Proxecto Terra do Plan Proxecta co apoio da Asociación Correr e pensar. O percorrido darase a coñecer o día da celebración da European City Race que ha ter lugar en Compostela os días 25 e 26 de abril.
Desta volta os alumnos e alumnas gravaron vídeos explicativos dos elementos históricos e traballaron na preparación do percorrido usando a aplicación MapRun.
Libro-Forum con Nando López
Enviado por chusgarcia o Mér, 04/03/2020 - 18:24Os alumnos e alumnas de 1º de ESO tiveron a oportunidade de escoitar a Nando López e intercambiar impresións sobre o seu libro El reino de las tres lunas, publicado pola Editorial Loqueleo.
Esta actividade tivo lugar o luns, 17 de febreiro e foi organizada polo Departamento de Lengua Castellana y Literatura.
