Concurso Odisea
Enviado por anaro o Ven, 04/02/2022 - 09:02
50 alumnos de Cultura Clásica, Latín e Grego participaron no concurso online Odisea. Este ano o tema era A arte en Grecia e Roma.
O equipo Hades, formado por Gabriela Carballal Pazos e Nayeli Zamora García quedou segundo nas semifinales e clasificouse para a final en Galicia, que terá lugar o 9 de febreiro. Se gañan, participarán na final nacional.
Hai que destacar tamén a actuación do equipo Las cazadoras de Atenea, formado por Paula Viñas Lamas, Gabriela Antelo Siaba e Mencía Balado Sánchez, que quedaron terceiras de Galicia na semifinal.