Robótica 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO  participou no concurso de robótica organizado pola Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Os estudantes adestráronse utilizando os Robots Mbot2 do equipamento de Polos Creativos. Houbo 2 desafíos. Nun deles, tiñan que programar un robot seguidor de liñas que evitara 2 obstáculos nun circuíto con curvas. No segundo desafío, tratábase dun seguidor de liñas dentro dun círculo. En ambos desafíos, os estudantes tiñan que demostrar a súa destreza en programación, completando o percorrido no menor tempo posible e sen penalizacións. Presentáronse 3 equipos e todos pasaron a primeira ronda, clasificándose para a final onde conseguiron o terceiro posto.