Patrimonio vivido

Dámoslle o nome de patrimonio vivido a actividades nas que o alumnado investiga sobre a historia e o patrimonio e cos resultados da investigación recrea a época e cultura estudada desde unha componente lúdica. Como parte deste enfoque o alumnado realizou tres actividades: Convivium, Victorian high tea e Let’s swing.

  • Convivium: Os alumnos e alumnas de 1o de ESO investigaron sobre a vida cotiá na antiga Roma (vestimenta, peiteado, accesorios, maquillaxe, comida, bebida, decoración, música e danza) tendo como centro de interese a realización dunha festa romana (convivium).
  • Victorian high tea: Os alumnos e alumnas de 3o de ESO investigaron sobre o costume de tomar o té en época victoriana. O alumnado investigou sobre vestimenta, accesorios, peiteado, comida, bebida, decoración da mesa, música e danza, e recreou un high tea con produtos elaborados por eles mesmos.
  • Let’s swing: Os alumnos e alumnas de 4o de ESO investigaron sobre o períododos anos 20 aos anos 40, e o jazz na música e no baile no seu contexto histórico. O alumnado investigou sobre a vestimenta, o peiteado, accesorios, calzado e comportamentos da época, deseñou, realizou e gravou unha coreografía de Lindy Hop, e gravou vídeos explicando un tema da súa escolla relacionado con esta música e baile.