Taboleiro

RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2º BACHARELATO E PENDENTES 1º

Reclamacións ás cualificacións de 2º de Bacharelato e/ou  ás cualificacións das materias pendentes de 1º de Bacharelato (convocatoria ordinaria)

 

De acordo coa Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021, as reclamacións ás cualificacións de 2º de bacharelato e/ou ás cualificacións das materias pendentes de 1º de bacharelato, presentaranse de acordo co seguinte procedemento e nas seguintes datas:

è --> 

Día 18 de maio ás 14:00 horas

Entrega dos boletíns coas cualificacións finais de segundo de bacharelato por parte dos titores/as na aula de referencia do grupo.

è -->

Días 19 e 20 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas

Presentación de reclamacións ante o departamento correspondente para a revisión da cualificación outorgada; farase mediante unha instancia dirixida á Dirección do centro. (Antes de presentar unha reclamación por escrito, recoméndase ao alumnado que non estea conforme coa cualificación recibida que fale co/a profesor/a da materia correspondente para recibir as aclaracións oportunas).

è -->

Día 21 de maio de 11:30 a 14:00  horas

Resolución da reclamación presentada. O alumnado recollerá a resolución na secretaría do centro.

è -->

Días 24 e 25 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas

De non estar de acordo coa resolución do departamento, o alumnado poderá solicitar que a dirección remita o expediente de reclamación á Xefatura Territorial, presentando unha nova instancia na oficina do centro.

AS RECLAMACIÓNS BASEARANSE NOS CRITERIOS ESTABLECIDOS NA CIRCULAR 2/2021 (mencionada ao inicio deste oficio) – (modelo orientativo na secretaría do centro).

 *As reclamacións serán formuladas polo alumnado no caso de ser maiores de idade e polas súas persoas proxenitoras ou persoas que ostenten a representación legal, no caso de ser menores de idade.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO - Curso 2020-2021

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO – Curso 2020-2021

 

Consellería de cultura, educacIón e unIversIdade 

EXTRACTO da Orde do 9 de abril de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311A).BDNS (Identif.): 558055. 

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Segundo. Obxecto

Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (código de procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde ECD/482/2018, do 4 de maio, pola que se regulan os premios nacionais de bacharelato establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE núm. 115, do 11 de maio).

Cuarto. Importe

Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 27 de abril de 2021 e remataráo día 26 de maio de 2021

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso académico 2021-2022.

De forma non presencial poderán consultarse só a través da aplicación  admisionalumnado  empregando a chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. De forma presencial poderán consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, NON  poderán consultarse por ningún outro medio físico ou electrónico de publicación.

PRAZOS ADMISIÓN DE ALUMNADO - Curso 2021/2022

 

PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 

 Curso 2021/22

 

 O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado, que non está matriculado no presente curso académico neste IES, será do 1 ao 22 de marzo.

 

(O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas do segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, desenvuelto pola Orde do 12 de marzo de 2013 que foi modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 e pola Orde do 18 de decembro de 2020)

 

 - No caso de que haxa máis solicitudes que prazas requerirase aos pais/nais que presenten a documentación xustificativa da autobaremación incluida na solicitude, do 25 de marzo ao 9 de abril. 

 

- Só se pode presentar unha solicitude única e terá carácter vinculante.  Presentarase no centro no que solicita praza en primeiro lugar. Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia.

 

A renuncia a unha solicitude ordinaria de admisión rexistrada nun centro só se admitirá ata o último día do prazo de presentación de solicitudes.

  

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria  a sinatura de ambas/os proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 

- A listaxe provisional de admitidos/as farase pública o día 20 de abril de 2021.

 

- As posibles reclamacións, ás listaxes provisionais, presentaranse ata o día 5 de maio de 2021.

 

- A resolución das posibles reclamacións resolveranse o día 10 de maio de 2021.

 

- Publicación das listaxes definitivas día 12 de maio de 2021

ADMISIÓN DE ALUMNADO Curso 2021/2022

 

PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO - Curso 2021/22

Presentación de solicitudes do 1 ao 22 de marzo de 2021.

No documento adxunto podedes ver os prazos e a información para o proceso de admisión de alumnado, para o vindeiro curso, nun centro distinto ao que están matriculados.

O alumnado matriculado neste centro e que desexe continuar non terá que facer nada ata o momento da matrícula unha vez rematado o curso actual

RESERVA DE PRAZA Curso 2021/2022

 

 

O alumnado dos centros adscritos (A Maía, Agro do Muíño e Barouta), que presentou en prazo unha solicitude de reserva de praza para o IESP de Ames, para o curso 2021/2022, resultou admitido na súa totalidade.

 

 

Guías de orientación para matrícula 2020/21

Matrícula en 1º ESO

Guía de orientación para alumnado de 6º Primaria que se matricula en 1º ESO <PDF>

Materias matrícula <PDF>

 

Matrícula en 2º ESO

Novidades ABAU 2020

Resumo elaborado polo Departamento de Orientación sobre novidades nas ABAU 2020 <PDF>

Ligazón para descargar ficheiro comprimido .ZIP con modelos de exame ABAU <ZIP>

Modelos de exame ABAU 2020

Actividades para o alumnado durante a suspensión das clases polo Covid- 19

Actividades e indicacións para o alumnado durante a suspensión das clases polo Covid- 19.

Recoméndase consultar periodicamente esta páxina para comprobar actualizacións

 

    Departamento de ORIENTACIÓN

Distribuir contido