O pasado 16 de febreiro viñeron dúas persoas de Radio Voz darnos unha breve charla e mais gravarnos un programa, que nós deseñamos e organizamos, para emitiren na súa radio. Diego Madarnás conduciu o programa entrevistando a case todos os compañeiros e compañeiras que están a participar no MillaFalaDoiro. Emítese mañá xoves 2 de marzo ás 16 horas en Radio Voz.
|
|||