AS CLASES COMEZARÁN O DíA 12 DE SETEMBRO POR SER O DÍA 11 FESTIVO LOCAL NO CONCELLO DE DODRO
AVISO IMPORTANTE
Por mor das obras que se están a acometer no centro e ante a imposibilidade de manter a zona de conserxería e despachos en funcionamento todo o mes de xullo, vémonos obrigados a rematar a nosa labor o día 21 de xullo polo que, de precisar calquera documento, por favor, fáganno antes desa data . O horario de atención ao público será de 10 a 13.
O centro permanecerá pechado do 24 ao 31 de xullo ambos incluídos.
No caso de que quede algún cheque de fondo de libros ou material sen recoller, poden facelo nos primeiros días de setembro.
Xa lles avisaremos da data a partir da cal poden vir por eles e lembramos que, na medida do posible, non merquen nada ata que non reciban as listaxes de material que envíen os titores/as ao inicio do mes de setembro.
Desculpen as molestias.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O martes 20 de xuño celebramos a Xornada de Portas Abertas para a presentación dos traballos do proxecto INTERXERANDO.
![]() |
![]() |
![]() |
Aquí tedes todas as fotos do evento.
Premios no concurso Videoghits
O noso colexio gañou dous premios no concurso Videoghit organizado polo IES Plurilíngüe Pintor Colmeiro de Silleda. O vídeo Non me vai mal gañou o premio á mellor interpretación musical e son propio. O vídeo Non tes prezo gañou o premio ao mellor deseño de vestuario e caracterización. Parabéns.
OBRADOIRO APRAZADO
AVISO IMPORTANTE.
Foi aprazado o obradoiro de teatro corporal de hoxe.
Viaxe a Manzaneda
![]() |
![]() |
CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 23-24
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024.
Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.pdf
Con respecto ao fondo solidario, haberá cambio de libros en 4º e 6º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria. No resto dos cursos manteranse os libros de texto do curso 2022/2023.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non se tramitarán solicitudes polo correo electrónico.
Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño de 2023 (este incluído). Calquera solicitude presentada despois deste día será excluída.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 09:00 a 14:00
V CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA. INTERXERANDO
Un ano máis celebramos o noso concurso de poesía matemática, este ano coa temática ”Interxerando”.
Queremos agradecer ao noso alumnado a capacidade que tivo para emocionarnos cos seus fermosos versos e de mostrarnos a todas e todos que os retos si son posibles sempre que se pon empeño.
Parabéns ás persoas gañadoras e grazas pola vosa participación!
1º PREMIO “Sentimentos” de Sheila Ageitos 4º ESO
2º PREMIO “A arte das matemáticas= herdanza de familia” de Anxo Tarrío 3º ESO
3º PREMIO “Multiplicarse e dividirse” de Saleta Rivo 2º ESO
Aqui tedes todas as fotos, vídeos e poesías gañadoras.