No novo tema de Ciencias Sociais estamos traballando a atmosfera e o tempo climático. Por iso, decidimos facer este experimento sobre o ciclo da auga para poder observar o que ocorre na realidade.
![]() |
![]() |
No novo tema de Ciencias Sociais estamos traballando a atmosfera e o tempo climático. Por iso, decidimos facer este experimento sobre o ciclo da auga para poder observar o que ocorre na realidade.
![]() |
![]() |
O alumnado de cuarto de Primaria elaboramos unhas postais de Nadal para felicitar estas datas ós seus avós e tamén ós maiores do Centro de Día de Dodro. Facéndoas, aplicamos moitos conceptos matemáticos. Pasámolo moi ben. Aí tendes unha mostra.
Aquí tedes o enlace ás fotos da actividade.
En cuarto de primaria decoramos a nosa aula con grilandas de estrelas e uns porta - candeas feitas cunhas latas de conserva recicladas. Son moi doadas de facer. Recomendámosvos que probedes a crealas nas vosas casas. Ánimo!!
Aquí tedes o enlace ás fotos da actividade.
Os alumnos de 4º de primaria gozamos recollendo follas das árbores que se atopan no patio de Primaria, poñéndoas a secar no medio de periódicos e facendo diferentes composicións.
Visto o resultado decidiuse que estas composicións ían servir de agasallo para os maiores do cento de Día de Dodro cando nos viñeran a visitar o CPI.
Os nosos compañeir@s de 4º da ESO pintáronnos as bandexas para que nos dese tempo a ter o agasallo rematado para o día da visita. Grazas compañeiros. Esperamos que os nosos maiores desfruten do agasallo coma nós realizandoo.
Aquí tedes o enlace a todas as fotos da actividade.
Dicimos adeus a este curso... dende aquí envíovos un bicazo a todas e a todos. Ninguén sabe onde estarei para o ano que ven, cun pouco de sorte con vós! Encantádesme como grupo e como persoas, quero que o saibades.
Pasade moi bo verán!! E repoñede forzas, porque hai que subir de nivel!! Aquí vos deixo os últimos traballos:
Exposición dos artistas:
Fotos das dúas obras de teatro representadas:
A un día de rematar este curso 2020-2021 aínda nos quedan ganas de facer o derradeiro experimento. Hoxe contamos coa participación da mestra Marga, que nos falou dos experimentos que fixo na súa aula! Tamén nos deu as instruccións para facer a lámpada de lava!
Moitas grazas Marga
Boas a todas e a todos!
O xoves, vendo que só faltaban catro días para rematar o cole, fixemos recunchos coa axuda do mestre Pedro. Os xogos que usamos foron os seguintes: dominó, gota a gota, lectura, construcción e... o proxecto de ciencias de Héctor!
Pouco a pouco, imos finalizando este ano cheo de historias!
O outro día a mestra Cris acordouse de nós e colleu pedriñas dunha praia da Illa de Arousa para pintar.
Xa que nos gustou moito o tema do universo pintámolas cheas de estrelas, facendo constelacións (ou esa era a idea)!
Os de 3º estamos de prácticas en empresas. Non damos abasto coa cantidade de cartos que temos... cada vez que imos ao supermercado baleiramos a carteira!
Hoxe contámolos, cada grupo ten 92,76€. Que non se nos suba á cabeza tanto diñeiro xunto
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |