Inclúe-T 23-24

Actividade de inclusión 3/12

 

Con motivo do día 3 de decembro na que se celebra o "Día Internacional de Persoas con Discapacidade" o Departamento de Orientación levou a cabo con alumnado internivelar de toda a etapa de primaria a dramatización do conto "Sopa Verde". O conto foi representado en Lingua de Signos LSE e Pictogramas de ARASAAC .
Autor pictogramas: Sergio Palao. Origen: ARASAAC (http://www.arasaac.org). Licencia: CC (BY-NC-SA). Propiedad: Gobierno de Aragón (España).
 
 

25 de novembro inclusivo.

Para celebrar o 25 de novembro, o Departamento de Orientación, xunto coa titora

de 6º de primaria, reivindicamos este día coa realización dunha banda deseñada

que aborda esta temática.

Primeiro, levamos a cabo un debate e a partir das ideas xurdidas o alumnado creou esta 

Banda Deseñada.

Samagosto inclusivo

No día do Samagosto o Departamento de Orientación traballou o poema sobre o lobo

de Paula Carballeira con alumnado de NEAE en pictogramas de ARASAAC e Lingua

de Signos LSE.

 

O poema foi recitado por toda a clase de 5º facendo uso do comunicador e en LSE.

 

Día da Dislexia

Día da Dislexia.

 

O 8 de outubro de 2023 celebramos o día da Dislexia.

 

 

O Departamento de Orientación realizou unha actividade en 6º de primaria.

Visionamos un vídeo explicativo sobre este tipo de trastorno e deseguido

reproducimos o cartel da campaña deste ano.

Dia mundial do Alzheimer

Día Mundial do Alzheimer.

 

Con motivo deste día, o Departamento de Orientación levou a cabo co alumnado de

1º e 3º de primaria unha actividade internivelar. Limos o conto "Lembra o teu soño"

e despois realizamos un debuxo sobre o seu soño favorito.

 

 

 

Seguidamente houbo unha posta en común dos dous grupos. Ao final fxemos un mural

con todos os debuxos.

 

 

Actividade de inclusión

Con motivo do Día de Lingua de Signos, o D. de Orientación levou a cabo unha actividade co alumnado de primaria. Traballamos o libro de “Soños na Gaiola”, sobre os animais; cada nivel fixo unha estrofa dos poemas en LSE e tamén un debuxo sobre o animal qué lle tocou.

Feliz Día de Lingua de Signos!!
https://drive.google.com/file/d/10RongM-0vGsRu-7P9Mr36kyzbrT500Kq/view?usp=drivesdk

 

Actividade de inclusión

Actividade de inclusión 

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer o Departamento de Orientación levou a cabo co alumnado de primeiro e terceiro de primaria unha actividade internivelar. Limos o conto “ Lembra o teu soño” e despois realizaron un debuxo sobre o seu soño favorito. Seguidamente houbo unha posta en común dos dous grupos acerca do debuxo que fixeron. Ao final fixemos un mural con todos os debuxos.

        

 

Powered by Drupal - Design by artinet