Curso 19-20

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

 

O alumnado e a profe de 6º traballaron duro para crear un vídeo conmemorativo do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño.

Compartímolo con todos vós.

Esperamos que vos guste e lembrade, querémoste sempre verde!!

ENLACE AO VÍDEO

COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE

Bos días,

No marco do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora mañá, 5 de xuño, vimos de compartir a campaña lanzada por SOGAMA orientada a diminuír o exacerbado consumo de plásticos dun só uso.

Baixo o título “Desplastifícate: di NON aos plásticos de usar e tirar”, coa mesma pretenden axudar aos cidadáns a retomar os bos hábitos previos á crise sanitaria do COVID-19 e ata a reforzalos para avanzar na senda da sostibilidade.

Cabe recordar que, durante a etapa de confinamento, e debido á imperiosa necesidade de distanciar no tempo a compra de produtos básicos, priorizouse, por parte da poboación, a adquisición de artigos sobreenvasados co fin de garantir a súa correcta conservación pero é o momento de voltar a ser ersponsables e tentar reducir o uso e consumo dos mesmos.

Xuntan pdf coas boas prácticas.

http://www.sogama.gal/gl/campanha/desplastif%C3%ADcate-di-non-aos-pl%C3%A1sticos-de-usar-e-tirar

GAÑADORES DO CONCURSO EU REUTILIZO

Hoxe desvelamos os gañadores do concurso "Eu Reutilizo". Entregamos os premios coa asistencia de todo o alumnado e profesorado.


Os gañadores na categoría de 1º e 2º de primaria foron Adela Rial e Héctor Ferro polos seus traballos " Fonte para aperitivos" e "Salvamanteis", e " Percheiro con maceteiro" respectivamente.

Na categoría de 3º e 4º de primaria tamén houbo empate. As gañadoras foron Sandra Méndez e Sara Calvo, cos traballos " Asento para xogar cos legos" de Sandra e " Balanza de madeira" de Sara.

Na categoría de 5º e 6º de primaria houbo triple empate xa que os tres traballos estaban ao mesmo nivel e resultaba moi complicado decidir.

As alumnas agraciadas forn Aroa Boga, Saleta Rivo e Ana Romero que presentaron os seguintes traballos: " Tapa para bolsa de plástico" e "Recipiente para gardar bolsas" de Aroa, "Dispensador de auga" de Saleta e "Servilleteiro cisne" e "Casa de paxaros" de Ana.

 Na categoría correspondente ao alumnado de ESO houbo un único gañador que resultou ser Javier Píriz co seu inxenioso artiluxio para envolver croquetas que aforra tempo e evita ter que manchar as mans.

Houbo outros participantes que non resulatdos premiados pero que fixeron tamén un bo traballo.

No ENLACE podedes acceder á información dos traballos presentados.

NORABOA A TOD@S!!!!!

 

XARDINERÍA EN 6º

O alumnado de 6° de primaria plantou diferentes especies de prantas ornamentais no xardín do centro.. iremos coidando e vendo como medran!


GALERÍA DE FOTOS

O ESQUELETE DE 6º

Reutilizando o reutilizado: o grupo de 6º de primaria deulle un segundo uso ao cartón e traballo do Samaín... daquela estaban co esqueleto humano e despois completaron o traballo con todos os músculos que aprenderan na clase de ciencias, e fixeron un xogo-actividade para repasalos nos recreos.... que mellor maneira de coñecer o aparato locomotor!!.

 

 

GALERÍA DE FOTOS

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

O día 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria. Nós celebrámolo hoxe, día 3 de febreiro,  pero non por facelo un día máis tarde é menos lucido...non vaiades crer!.

O alumnado de 1º de ESO e de 6º de primaria decoraron dous espazos (un no corredor de secundaria e outro no patio de primaria) onde colocaron imaxes de paxaros feitos por eles.

O alumnado de 6º colaborou co EDLG para celebrar o día da Candeloria facendo unhas tarxetas e corazóns con frases cheas de cariño dedicadas ás persoas a quen queren.. e tamén fixeron uns fermosos paxariños..  empregaron cartón para darlles outra vida aos residuos:


 

 

 

O resultado final:

 

 

O alumnado de 1º de ESO tamén foi o encargado de decorar o corredor das aulas de secundaria. Acompañando ás imaxes das aves expresións do noso refraneiro popular e escritos breves de todo o alumnado de secundaria sobre o amor...ás persoas e tamén aos animais:

 


 

Tamén en primaria tiveron un chisco para os animaliños:

 

GALERÍA DE FOTOS TRABALLO DE 6º

GALERÍA DE FOTOS EP

GALERÍA DE FOTOS SECUNDARIA

 O alumnado de 1º de primaria realizou un vídeo marabilloso no que interpreta a canción "Quérote máis" de O Sonoro Maxín con lingua de signos. Fantástico!!!


ENLACE AO VÍDEO

 

MUSEO DO POBO GALEGO e "VIDA DE CANS"

O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO visitou a cidade de Santiago de Compostela para realizar unha actividade no Museo do Pobo Galego.

O alumnado de 4º visitou a exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia e realizou, coa profe de galego, unha produtiva tarefa sobre o tema da exposición e o resto do alumnado fixo un xogo de pistas sobre as exposicións permanentes do museo.

 

Unha vez rematada esta visita nos trasladamos ao Salón Teatro para desfrutar da obra " Vida de Cans" de Talía Teatro. Unha magnífica representación que , segundo a súa páxina web, mostra a "Tres actores. Tres cans. Ou tres actores que fan de can. Sen deixar de ser actores. Sen deixar de ser cans. Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos  seus desacougos, seus incertezas, seus problemas, seus perigos... pero liberdadd. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. Ou segundo a súa canalidad. E todo vai derivando cara unha traxedia... que nunca deixa de ser comedia. Comedia absurda. Comedia paródica. Comedia metafórica".

Xenial. Moi recomendable!

 

 

GALERÍA DE FOTOS

 

CONCURSO "EU REUTILIZO"

Aquí podedes consultar as bases para a participación no concurso "Eu Reutilizo".

https://drive.google.com/open?id=1otvfEMz17hQSG1ExxnxSjoFVbfTETesV

 

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA

O xoves día 17 de outubro o alumnado de 2°, 3° e 4°ESO  visitaron Santiago de Compostela para desfrutar da proxección "O que arde" de Oliver Laxe na sala Númax, un film que toca a delicada e triste temática dos incendios forestais que asolan o noso país ano tras ano.

Tamén visitaron o MUPEGA para ver a exposición sobre a evolución da escola na Galiza do século XX: a escola do ferrado, a escola na República, a escola na Ditadura...


 

NOVA CAMIÑA PARA O GATO

O noso compañeiro de catro patas segue polo colexio. Algo máis triste dende que marchou Micaela pero mimento como sempre.

O alumnado de 2º B de ESO participou na elaboración dunha caseta nova. A outra que lle fixeramos o curso pasado cunha estrutura dun ordenador vello non lle gustaba demasiado. A ver se esta lle apetece máis e durme quentiño polas noites!.

Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso e do resultado final:

 

Powered by Drupal - Design by artinet