Curso 21-22

REHABILITANDO OS CORCHOS DAS AULAS

Dentro do progama Eduexcelencia, o alumnado de ESO vai facer unha serie de proxectos de restauración nas aulas. Esto permite formar en valores sobre a  necesidade de coidar os servizos públicos que o estado nos aporta e tamén sensibilizar ao alumnado en canto ás vantaxes de reutilizar no canto de tirar e comprar...coidamos o medio ambiente cada vez que restauramos e reutilizamos e, neste caso , tocoulle aos corchos das aulas nos que, ano tras ano foran quedando as "pegadas" do alumnado que foi pasando polo centro.

2º ESO

 

XANCEDA VISÍTANOS...CON MALIBÚ

 

Recibimos a visita do persoal de Xanceda e de Malibú que, por segunda vez, vén ao noso centro para sensibilizar ao alumnado máis novo sobre a necesidade de coidar dos animais. Dentro do Programa EduCANdo con Malibú. Nengún can sen fogar", realizan charlas polos centros educativos falando sobre temas de moita importancia como o maltrato animal, a adopción e o non abandono de animais de compañía.

Agradecemos inmensamente a súa colaboración ao traballo que, dende o ano 2012, levamos desenvolvendo neste centro.

 

 

GRAZAS XANCEDA!!. GRAZAS MALIBÚ!!!

 

GALERÍA DE FOTOS

 

CLIFFORD THE BIG RED DOG

 

O alumnado de 4º de primaria realizou un espectacular vídeo en lingua inglesa no que conta a hsitoria de Clifford, un gran can vermello, baseado no libro para nenos de Norman Bridwell. Podedes desfrutar dela no enlace:

CLIFFORD THE BIG RED DOG

Powered by Drupal - Design by artinet