Plan Proxecta 21-22: PDC

BOTAMOS A ANDAR

 

Despois de preparada, a terra xa estaba agardando polas plantas. E chegou o momento: hoxe saímos a sementar e plantar. Tivemos unha boa xornada de sol e caloriño, por iso lle botamos unha boa reguiña para que xermolen as sementes. Afastádevos!  Que vos molloooooo!

 

GALERÍA DE FOTOS

POSTA A PUNTO

E como o prometido é débeda, aí van as fotos do traballo feito onte polo alumnado de sexto. Entre todos arrancamos as malas herbas, sachamos e abonamos. Mirade que aspecto locen as nosas hortiñas, agardando a que baixemos tod@s a plantar.

 

 GALERíA DE FOTOS

EMPEZAMOS

Este é  o estado  no que se atopan os hortos a inicios de curso. Precisan unha posta a punto.

   

@s alumn@s de  4º de ESO encargáronse de pintar os bancais do horto..de violeta, porque o noso centro segue a apoiar a igualdade e  anon violencia contra as mulleres: mirade que bonitiños quedaron

E para a semana tocaranos a Primaria aportar o noso esforzo para botalos a andar. Ánimo rapaces! Podemos facelo!

DA CABEZA AOS PÉS, DO DEREITO E DO REVÉS

A motivación hacia o proxecto que desenvolvemos este curso queda patente:

 

Pablo Vicente, O noso compañeiro de 2º, amosa este traballo feito na casa coa axuda da súa mamá.

LAVA CADA DÍA OS DENTES CON ALEGRÍA

As nenas e os nenos de 2.º de primaria participamos no proxecto de centro aprendendo sobre saúde bucodental. Como somos conscientes da importancia da hixiene; na nosa porta, colgamos un mural que anima a todo o cole a "Lavar cada día os dentes con alegría!!!"


 

Powered by Drupal - Design by artinet