Club de Letras 20-21

CLUB DE LECTURA DA VECIÑANZA

Na tarde do mércores 14 o Club de Lectura da veciñanza compartiu na Biblioteca do Eusebio impresións e emocións sobre a segunda novela elixida desque se iniciou a andaina do Club: "Eutimia", de María Aboy Oubel. 
 
Nesta historia a novísima autora veciña de Rois, amante da literatura desde nena e psicóloga de profesión, afronta dous dos males da nosa sociedade: a violencia de xénero e a estigmatización da saúde mental. Faino baixo unha trama ben urdida, de viaxe ao pasado e ao propio interior da protagonista, na procura de respostas e certezas que lle permitan o ansiado equilibrio emocional. Porque a palabra "Eutimia", que soa a nome dunha tía ou dunha deusa grega, en realidade é un termo que en psicoloxía e psiquiatría fai referencia ao equilibrio, ao sosego, entre dous estados de ánimo, un excesivamente eufórico, outro excesivamente depresivo. E, efectivamente, a protagonista precisa atinxir ese estado de paz para poder construír a propia identidade.
A autora vai trazando os roteiros da psique dun xeito persoalísimo, cunha escrita nada doada, ben rebuscada, que resulta aborrecible e apaixonante á vez: desequilibra! E claro, xurdiu a dúbida: hai unha intención buscada neste xeito de escribir? Talvez reflicte a personalidade complexa da protagonista? Da propia autora? Todas as lectoras (e Xoán, faltan homes neste Club!) ficaron con ganas de coñecer a María Aboy para lle facer un perfil psicolóxico. Así que, gustara máis ou menos a novela, podemos concluír que o que si conseguiu a escritora-psicóloga foi achegarnos, a través da ficción literaria, ao complexo mundo da psique. 

E FIXÉMOLO NÓS

Enlace ao proxecto sobre as emocións levado  acabo polo alumnado de 4º de ESO e coordinado polo Equipo de Normalización  do centro. Marbilloso e emotivo, non podía ser doutro xeito.

 

ENLACE

 

Grazas a Anxo Angueira pola túa participación e por seren a semente deste proxecto.

 

GALERÍA DE FOTOS

PERSENSAMOS DODRO

O curso 20-21 foi un curso inusual. A celebración do día de portas abertas non puido ser levada a cabo por mor da pandemia co que elaboramos unha páxina web exclusiva para recoller o que teriamos presentado na nosa exposición se este tivera sido un ano "normal".

ENLACE Á WEB PROXECTO DE CENTRO

 

 

SOMOS COLECTIVO

O alumnado de 3º de ESO quixo rendir unha homenaxe ao colectivo LGTBI e para facelo, pintou unha bandeira coas cores máis fermosas do mundo que despois colocou no corredor das aulas de secundaria.

TRABALLAMOS POLA IGUALDADE. SOMOS COLECTIVO!!

 

O proceso de colocación podedes velo na GALERÍA DE FOTOS

BOTELLAS DA CALMA

O alumnado de 4º de primaria realizou un orixinal  proxecto ao que lle puxo por título " Botellas da calma".

A mestra trouxo os materiais necesarios para facelas e cada alumno/a aportou unha botella de plástico. A teacher Merche tamén botou unha man quentando auga necesaria para o proceso creativo. Unha vez rematadas, a profe Marga, selou a tapa de cada botella con silicona para que non se baleirasen no bus......o resultado: magnífico!!

 


 

 

 

 GALERÍA DE FOTOS

POR FIN NA NOVA CASA

 

 

Hoxe foi recollido, tras unha longa recuperación, o noso Monsiño. Elvira, a persoa adoptante, non dubidou en collelo no colo e, de xeito inmediato, Mon comezou ronronear. Fixeron un bo equipo, Elvira, Ane e Mon !!!

Grazas de todo corazón Elvira, por ter tido tanta paciencia e por mostrar unha marabillosa sensibilidade e amor polos animais. Seguiremos en contacto para ir recibindo novas do noso gatiño.

Grazas tamén, de novo ao profesorado por ter apoiado esta causa e tamén ás familias e alumnado que estiveron pendentes da evolución do michiño.

BOA SORTE MON CHÉRI

 

DEBATE NA MESA: PERSOAS MAIORES.

Este ano foi moi duro para algunhas persoas, especialmente para os nosos maiores. Dende valores decidimos facer un debate ao redor deste tema.

Que é mellor, que un ancián viva nunha residencia ou no fogar? Temos opinións para todos os públicos...

 

https://drive.google.com/file/d/1Zet9gvxQt2JGjxFv8G_Xjp0lmUvOUNym/view?usp=sharing

 

PRACTICAMOS PIRAGÜISMO

Hoxe o alumnado de 5º e 6º fixemos unha saída didáctica en colaboración co clube As Torres Romería Vikinga de Catoira. Visitamos as instalacións do clube, practicamos piragüismo no Ulla, fixemos un roteiro de sendeirismo ata as Torres e ata nos deu tempo a xogar no parque, na praia fluvial e bañarnos no río. Pasámolo moi ben practicando este deporte!

 
Agradecemos ao clube a boa disposición e sobre todo a Carla e David, os monitores que nos atenderon en todo momento.

Lembrade que podedes inscribirvos no curso de iniciación que se vai desenvolver ao longo dos meses de verán.

     Tod@s a gozar do piragüismo!

GALERÍA DE FOTOS

 

6º SENSIBILIZADO COS REFUXIADOS

O alummnado de 6º está a elaborar un proxecto sobre a orixe das persoas refuxiadas e co que están a traballar as diferentes emocións. Crean vídeos dos que podemos ver algúns exemplos:

ENLACE AOS VÍDEOS

En breve iremos publicando novos vídeos!!!. Permanecede atent@s.

LETRAS GALEGAS 2021

Celebramos no noso centro a "Semana " das Letras Galegas con varias actividades moi interesantes.

O venres día 14 de maio realizamos un acto no que se escribiu o nome de "XELA" con ramas de estalotes e, arredor do mesmo, colocamos camisetas con versos da poeta homenaxeada. 

 


A actividade completa poderedes vela nos enlaces ao Facebook de O NOSO EUSEBIO:

CELEBRACIÓN NO CENTRO

PARTICIPACIÓN ALUMNADO DE 1º EP

PARTICIPACIÓN CENTRO DE DÍA

PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS

O alumnado de 6º tamén quixo aportar a esta celebración un par de traballos sobre a vida e obra de Xela Arias. Os traballos elaborados por Uxía Ríos e Aroa Boga  podedes velos no ENLACE.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet