O alumnado de Francés de 2º de ESO realizou un vídeo en versión plurilingüe onde expresan o seu sentir ante a situación de confinamento e onde, moi responsablemente, afirman: "Eu fico na casa".
Francés
CONCURSO "DODRO PARADISO"

O Departamento de Francés coa colaboración do equipo responsable da biblioteca escolar realizou unha exposición con fotogramas singulares de películas singulares para que o alumnado de todo o centro adiviñase o título das películas.
Os gañadores na etapa de Secundaria foron :

Daniel Collazo Rial de 1º da ESO

María Rodríguez Romero de 1º da ESO

Lois Ares Tubío de 1º da ESO
NORABOA!!!!
Benvidos á páxina do Departamento de Francés
Prof: José Manuel Penedo Casas
Como xa coñecedes a miña afición polas actividades musicais (diríxome ao alumnado), velaí vai un enlace realmente fantástico, unha páxina con un montón de cancións francesas que incorpora actividades de comprensión e pón a proba os teus coñecementos gramaticais. Bótalle un vistazo, algunhas cancións poden chegar a gustarche...
¡¡ Pincha aquí!!
Aquí vos poño unha canción fantástica dun dos meus cantautores franceses favoritos, "Francis Cabrel",
E aquí vai outra, de Cabrel tamén, retomando unha canción de Brassens -letra de Antoine Pol-: