No enlace podedes ver un par de vídeos que reflicten o traballo inclusivo no centro:
Inclúe-T 22-23
FESTIVAL DE NADAL
A celebración do festival de Nadal deste ano resultou marabillosa. Tivemos con nós a alumnado e familias do CRA e unhas actuacións dignas de mención.
Co fin das clases, o alumnado de 5º de Educación Primaria dá por finalizado o traballo arredor da obra teatral “Conto de Nadal” traballada durante máis dun mes. Foi un proceso moi interesente e enriquecedor para todos e todas. Nun inicio comezamos a repartir os papeis e a ler o guión na aula, trantando de mellor a entonación para que se axustase ao máximo a cada personaxe. Despois comezamos a interpretalo de pe na aula, para finalmente, o 12 de decembro iniciarnos cos ensaios diarios no escenario central. Pouco a pouco foi mellorando o dominio do guión, a escenografía foi variando ata parecerse cada vez máis ao resultado final, aparecendo o mobiliario e os decorados. Foi un proceso longo pero que o alumnado de 5º soubo aproveitar.
Sen a axuda do profesorado e especialmente da mestra de música Carolina, nada sería posible.
O camiño da nosa compañía teatral de 5º acaba de comezar,mais, que será o seguinte?....
O resto do alumnado e profesorado tamén traballou arreo para que puideramos ofrecer á nosa comunidade educativa un festival co que poder desfrutar despois de tanto tempo sen realizar este tipo de celebracións.
Nos enlaces deixamos, fotos e vídeos:
VÍDEOS ALUMNADO DO CRA
VÍDEOS ALUMNADO DO CPI
Desexamos a toda a nosa comunidade educativa unhas Felices Festas e un Próspero Ano.
Panxoliña en LSE e pictogramas
O alumnado de primaria quérovos desexar un Bo Nadal e próspero Aninovo coa representación da panxoliña En Navidad en LSE e pictogramas de ARASAAC.
Preme aquí para ver o vídeo
Traducción ao galego do comunicador dinámico AsTeRICS GRID
O departamento de Orientación do noso centro traduciu ao galego a interface do comunicador dinámico AsTeRICS GRID, co asesoramento do departamento de Dinamización Lingüística. Esta aplicación permite a utilización de pictogramas e imaxes para propiciar e mellorar a comunicación de persoas con dificultades.
Aquí tedes o enlace á publicación no Facebook.
Teatro inclusivo
O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O alumnado de primaria en conmemoración a esta data representou o conto “Avòs” de Chema Heras e Rosa Osuna coa adaptación de pequenos fragmentos en LSE e Pictogramas de ARASAAC.
O grupo de 2 tamén realizou un mural en LSE.
Aquí tedes o enlace á actividade.
"O gran príncipe"
Conto inventado “O gran Príncipe”. A partir da lectura do conto “ A avoa adormecida” de Roberto Parmeggiani o alumnado inventou coas personaxes deste li bro un novo conto creado por eles. Tamén elaboraron títeres dos personaxes e escribiron o novo conto inventado.
Enlace ao vídeo.
DECORANDO PARA O SAMAÍN
Decoración das portas de A.L. e P.T. de vocabulario relacionado co Samaín en diversos SAAC( Sistemas alternativos y aumentativos de la comunicación) coma LSE lingua de signos e Pictogramas. Todo o alumnado poderá así practicar outras formas diferentes de comunicarse.
Qué divertido!! Animádevos!!!
RECORDOS
“Recordos” é unha actividade que fixo o alumnado de 5º de primaria. Previamente leron o libro “Hilos de colores” de Elena Ferrándiz que trata dunha neta que lle lembra á súa avoa os mellores recordos xuntas para que non os esqueza. O alumnado fixo un cadro dos avós, avoas e bisavós cun libriño de recordos. Tamén realizou un vídeo sobre este traballo previo. O vídeo podedes velo picando no enlace.
Esta actividade adicámoslla a todos os nosos maiores!!!
DÍA INTERNACIONAL DE PERSOAS XORDAS
Actividade pola Conmemoración do “Día Internacional de Persoas Sordas”. O grupo de 4 de primaria quixo conmemorar o “Día Internacional de Persoas Sordas”. Para iso, traballouse o poema de Manuel María “O sol” correspondente ao seu libro “ Soños na gaiola”. Cada alumno/a contounos un verso do poema. Posteriormente fixeron un debuxo que ilustra o verso que lles tocou representar.FELIZ DÍA INTERNACIONAL DE PERSOAS SORDAS!!