Biblioteca

Comezamos o Clube de lectura do alumnado!!

Este curso temos unha alta participación do alumnado. Estamos máis que felices!!

 

              

Día da ciencia en galego nas bibliotecas escolares

No mes de novembro celebramos "o día da ciencia en galego nas bibliotecas", e para celebralo queremos convidaros a colaborar na elaboración do libro "cientific@s do concello de Dodro", un libro que estará cheo de dodrenses, científicos e científicas, dos que vós e/ou os vosos nenos nos contaredes.
As bibliotecas escolares, este curso, invitan a escribir, polo que vos pedimos que investiguedes  e redactedes coas nenas e nenos máis pequenos, e que animedes e acompañedes aos maiores na elaboración da actividade que vos propoñemos.
 
 
 AQUí tedes o enlace á presentación da actividade.

A NOSA BIBLIOTECA

Estamos dando un pasiño adiante na mellora da biblioteca. Podedes ver o novo mobiliario para o espazo onde compartir xogos de mesa e o resto das zonas que iremos renovando.


Powered by Drupal - Design by artinet