Curso 20-21

POR FIN NA NOVA CASA

 

 

Hoxe foi recollido, tras unha longa recuperación, o noso Monsiño. Elvira, a persoa adoptante, non dubidou en collelo no colo e, de xeito inmediato, Mon comezou ronronear. Fixeron un bo equipo, Elvira, Ane e Mon !!!

Grazas de todo corazón Elvira, por ter tido tanta paciencia e por mostrar unha marabillosa sensibilidade e amor polos animais. Seguiremos en contacto para ir recibindo novas do noso gatiño.

Grazas tamén, de novo ao profesorado por ter apoiado esta causa e tamén ás familias e alumnado que estiveron pendentes da evolución do michiño.

BOA SORTE MON CHÉRI

 

O SEPRONA VISITA O CENTRO

Dous amables axentes do Servizo de SEPRONA da Garda Civil visitaron o noso centro para realizar as pesquisas precisas sobre o ataque ao noso gatiño Mon Chéri. Tiveron a ocasión de examinar os perdigóns extraídos quirúrxicamente ao animaliño, quen por certo vai recuperando bastante ben ( xa ten a patiña case soldada).

 Esperamos que a investigación oficial por parte destes axentes e as consecuencias derivadas dela disuadan a quen se adica a estas vergoñentas prácticas e poidamos asegurar que no noso concello non se realizan accións que poidan ser consideradas como maltrato animal.

Por outra banda, o gatiño será entregado , se todo vai segundo o esperado, a finais desta semana a unha persoa que o adoptará e coidará del para que teña unha vida tranquila e feliz. Dámoslle as grazas a Elvira que, estamos seguros, ofreceralle un fogar e moito agarimo.

GRAZAS ELVIRA!!!!

 

 

CADERNO DE CAMPO DE 6º DE PRIMARIA

 

 

O alumnado de 6º de primaria está a elaborar un caderno de campo onde recolle información sobre o concello e o medio natural do mesmo.

Podedes acceder ao traballo no enlace adxunto:

ENLACE AO CADERNO

DODRO LIMPO DE CABICHAS

 

O día 6 de abril, xusto á volta da Pascua, o alumnado de 3º de ESO e de 5º de Primaria participou nunha actividade organizada polo concello de Dodro que consuistiu na recollida de cabichas e unha charla para concienciar sobre os efectos nocivos do tabaco e a súa pegada ambiental.

 

Nos enlaces aos carteis podedes ver as proposta do concello e as actividades que se tratan na aula:

CARTEL DA ACTIVIDADE

CARTEL EXPOSICIÓN AULA

 

Resultou unha actividade moi instrutiva e amena.

GALERÍA FOTOS EP

GALERÍA FOTOS ESO

 

TRABALLOS DE XARDÍN

No día de hoxe realizamos unha actividade colaborativa co alumnado de primaria e de secundaria.

Onte, o alumnado de 3º de ESO cavou uns ocos no patio para que os pequenos de 3º de primaria poideran prantar unhas Physalis que, esperemos, crezan fortes e fermosas.

O alumnado  de primaria esmerouse ben á hora de facer a prantación

 

Unha vez rematada a prantación, un alumno de 2º de ESO colocou unhas estacas para marcar o lugar onde as prantas medrarán. Estas prantiñas foron tratadas con abono e terra mercados para esta ocasión. Os encargados de abonar foron os alumnos/as de 6º

 

Tamén, o alumnado de 3º e 2º de ESO realizou o transplante de árbores que foran sementadas hai tres anos e que, de seguiren medrando, será prantadas no monte coa colaboración dasComunidades de Montes do concello e a participación do alumnado da etapa de primaria....

...e a reparación da rede de sombreado que evitará que as árbores se deterioren co sol

 

No medio da faena tivemos unha inesperada visita...

 

GALERÍA FOTOS EP

GALERÍA PREPARACIÓN OCOS

GALERÍA TRASPLANTE ÁRBORES

GALERÍA COLOCACIÓN ESTACAS

 

CAMPAÑA DE ESTERILIZACIÓN DE GATOS EN PADRÓN

 

O concello de Padrón organiza  a segunda campaña de esterilización para reducir os casos de camadas non desexadas a  de abandono animal

Nesta ocasión será unha campaña de castración de gatos a coste económico 10-11 de abril en Centro Veterinario Padrón.

Se desexas levar algún gatiño ou gatiña non dubudes en preguntar!

Contacto: 676 50 97 31

Enlace ao proxecto:

ENLACE AO INSTAGRAM

AVANZAMOS COMO SOCIEDADE

 

Adiós a la lista de razas de perro potencialmente peligrosas: se analizará el comportamiento de cada ejemplar. La Real Sociedad Canina de España (RSCE) pide una Ley de Bienestar Animal que universalice la identificación canina......esta é a nova que lemos estes días relacionada coa previsión de modificación da lexislación relacionada coas razas chamadas "perigosas".

 

No enlace podedes ler a nova completa.

ENLACE Á INFORMACIÓN

MALTRATO ANIMAL

 

Hoxe, o noso gatiño do cole, apareceu ferido. Tiña unha pata rota e unha ferida nun ollo. Chamamos ao veterinario que veu por el e comentounos que recibira varios balinazos. Nas imaxes pódense ver os perdigóns aloxados no corpo do animaliño, de feito, un deles, xa é antigo e non se lle vai extirpar. Serán os veterinarios de Padrón os encargados de atendelo.

Xente desalmada e sen escrúpulos que cre ser superior e adícase a maltratar aos animais. A súa actuación será denunciada e esperamos que reciba unha seria sanción.

Aquí podedes ver as fotos:


 

 

O profesorado fixo unha colecta para poder asumir o custo da operación na que se procederá, de paso, a esterilizalo e, unha vez recuperado, procuraráselle unha casa de adopción para que poida pasar os anos que lle queden nun lugar seguro onde reciba cariño e os coidados que todo animal merece.

NOVAS SOBRE O TEMA:

Hoxe, día 25 de marzo, tres días despois do ataque ao noso Mon, o SEPRONA púxose en contacto co centro para abrir unha insvestigación ao respecto do acontecido. Tamén chamaron un par de persoas interesándose pola adopción do gatiño e unha máis para aportar un donativo. A esta última se lel comentpu que nós, como centro, non admitimos este tipo de doazóns pero que sí pode doar nalgún refuxio de animais que están moi necesitados.

O noso gatiño evoluciona ben. Estará hospitalizado uns días máis para ver como responde á operación e seguiremos en contacto coa clínica á espera de máis novas.

MIL GRAZAS a todas estas boas persoas que demostran unha sensibilidade e amor polos animais e tentar axudar do xeito que poden. Agradecidos todos, profesorado e alumnado.

 

MÁIS NOVAS:

O noso Mon Chéri vai evolucionando moi ben. Este venres, día 9 de abril, faranlle unha placa para saber se o óso soldou e, no caso de que así sexa, podería estar listo para marchar coa súa familia de adopción

No enlace podedes ver un vídeo da súa recuperación:

VÍDEO

ACTUALIZACIÓN DA NOVA:

A evolución do noso michiño continúa aínda que algo máis lenta do esperado. Estamos á espera de que recupere por completo e poida ser entregado á familia adoptante. Iremos informando.

NOVA ACTUALIZACIÓN :

O venres pasado visitamos ao noso Mon Chéri na clínica veterinaria. Estaba alí para facer unha revisión con radiografías da pata.  Atópase ben aínda que a fractura da patiña segue  a dar algo a lata.  Quedou, finalmente, sen vista no ollo afectado pero non chegou a perdelo.

Na foto podedes velo con cariña de sono xa que tiveron que aplicarlle unha lixeira sedación para poder manipulalo sen que sinta dor.

 

 

RENOVAMOS OS NOSOS HORTOS

Un día de sol estupendo anima a saír a coidar a natureza.

Hoxe pola mañá @s nen@s de 3º puxemos a punto a nosa hortiña. Sachamos, arrancamos as malas herbas, coidamos as cenorias que tiñamos sementadas e plantamos remolacha, allo porro e máis plantas de amorodos porque somos moi lambonciños.

 

GALERÍA DE FOTOS

A CIDADE ECOLÓXICA DE 6º

 


Os alumnos/a de 6º de primaria, en Plástica, empezamos a facer unha cidade de papel, que logo, en Sociais , convertimos nunca cidade ecolóxica. Cada alumno/a da clase fabricou algún edificio, decoración e outras cousas varias para a cidade, todas elas ecolóxicas. Entre esas cousas ecolóxicas están: hortas ecolóxicas , plantas de reciclaxe, encoros, puntos verdes… Finalmente, a cidade quedou moi bonita chea de vexetación e con moi pouca contaminación.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet