O sábado 11 de maio o noso grupo de alumnado do Club de Debate participou na Fase Final en Pontevedra. Fixérono xenial e acadaron o terceiro posto. Bravo Rapaces!!!!. E felicidades profes, traballáchedes un montón!!
NORABOA A TODOS !!!!!
O sábado 11 de maio o noso grupo de alumnado do Club de Debate participou na Fase Final en Pontevedra. Fixérono xenial e acadaron o terceiro posto. Bravo Rapaces!!!!. E felicidades profes, traballáchedes un montón!!
NORABOA A TODOS !!!!!
Iníciase no mes de maio unha nova actividade para a mellora da competencia lingüística consistente en que o alumnado de 4º de ESO realizará, dende o primeiro de maio ata final de curso, labores de guiado da lectura, vocabulario e dúbidas sobre o contido dos relatos escollidos co grupo de 6º de primaria. Traballarase en pequenos grupos (2 alumnos de 4º guiarán a lectura de 2 ou 3 alumnos de 6º) coa supervisión do profesorado.
Ao comezo do vindeiro curso, será o alumnado de 6º o que se encargue de guiar as lecturas do alumnado de 1º de primaria.
A semana pasada o noso colexio foi invitado a dar unha charla acerca da "Sensibilización sobre refuxio dende os espazos educativos" na facultade de socioloxía. A profesora participante foi María Infante, Xefa do Departamento de Lingua Castelá e relatou o desenvolvemento do traballo no centro relacionado co tema dos refuxiados que fora realizado hai dous cursos.
Moi bo traballo, María!!!!
O noso Club de Debate acadou o pasado día 5 de maio outra victoria en Ferrol, na fase final. Quedaron de terceiros pero fixérono coma para o primeiro posto. NORABOA GRANDES!!!!!
Noraboa tamén aos outros centros participantes!!.
Para o ano máis.
O pasado día 23 de abril celebramos o Día do Libro realizando varias actividades. A elaboración de lemas relacionados con ilustracións e que falasen do gusto pola lectura e a recollida de "Libros sen Volta" na biblioteca foron as máis destacadas.
"Os libros son as portas que nos levan a topar outros camiños". Este foi un dos lemas que crearon as alumnas e alumnos de todos os cursos para acompañar as imaxes de animación á lectura coas que estiveron traballando. O 23 de abril, día do libro, expuxéronos diante dos seus compañeiros e creamos un mural con todos os traballos. A continuación, puideron escoller un libro como agasallo na biblioteca.
"Descubrindo a biblioteca". Na semana do libro os cursos de 3º e 5º de Primaria e 1º e 2º de ESO acudiron á biblioteca a realizar a actividade: "O misterio dos libros agochados". Alí participaron nun xogo de pistas co fin de atopar varias obras na biblio. Pescudaron información a través de Internet, recitaron poesías, coñeceron novos autores e libros e aprenderon a consultar materiais nunha biblioteca. Agardámolos por aquí novamente!.
Tamén queremos dar as grazas ao alumnado de Secundaria que está a actuar de axudante nas actividades da biblioteca. Grazas rapaces!!!
No ENLACE podedes ver algunhas fotos.
O alumnado de primaria escribiu poemas de Gloria Fuertes para conmemorar o Día do Libro utilizando diversos soportes e materiais. Como resultado unas fermosas composicións plásticas con poemas desta grande muller.
Máis fotos no ENLACE
Datas dos exames da terceira avaliación.
4º E.S.O. Segundo parcial: venres 14 de xuño.
3º E.S.O. Segundo parcial: martes 18 de xuño.
Lembrade que nesas datas hai que entregar o traballo de lectura.
Examen del libro de lectura obligatorio para 1º de ESO: Martes 9 de diciembre.
Examen de lengua y literatura para 1º eso: Miércoles 10 de diciembre.
2º CICLO:
Exame de Lingua Castelá de 3º da E.S.O. Martes 9 de decembro 2014
Exame de Lingua Castelá de 4º da E.S.O. Xoves 11 de decembro 2014
1º ciclo: Examen de castellano 2º ESO: lunes 15 de diciembre
Texto de "Tres sombreros de copa" de Miguel Mihura.
Fai click aquí.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |