Un ano máis o alumnado de 3º e 4º de ESO participará no Club de Debate. O pasado día 11 de febreiro celebraron a Xornada de Formación en Rianxo co alumnado do IES Félix Muriel desta mesma localidade e do IES Xulián Magariños de Negreira: " Ambientazo, alumnado súper riquiño e comprometido, interactuaron de marabilla no simulacro de debate que se fixo ao final da sesión."...palabras textuais da profe de Lingua Galega.
Esperamos que o fagan tan ben como o curso pasado e, sobre todo, que desfruten moito desta enriquecedora experiencia.