Como proba da solidez das cúpulas de Leonardo, o alumnado da ESO levantou a cúpula que tiñan construído para o Día de Portas Abertas.
Aquí tedes os vídeos.
Como proba da solidez das cúpulas de Leonardo, o alumnado da ESO levantou a cúpula que tiñan construído para o Día de Portas Abertas.
Aquí tedes os vídeos.
Dentro do proxecto de centro deste curso "Interxerando" o alumnado de 3º ESO actuou como titor do de 1º ESO para axudarlles a facer as cúpulas de Leonardo da Vinci. O certo é que os máis pequenos da ESO colleron enseguida a rutina das cúpulas e o fixeron moi, moi ben!
Aquí podedes ver todas as fotos.
Un ano máis celebramos o noso concurso de poesía matemática, este ano coa temática ”Interxerando”.
Queremos agradecer ao noso alumnado a capacidade que tivo para emocionarnos cos seus fermosos versos e de mostrarnos a todas e todos que os retos si son posibles sempre que se pon empeño.
Parabéns ás persoas gañadoras e grazas pola vosa participación!
1º PREMIO “Sentimentos” de Sheila Ageitos 4º ESO
2º PREMIO “A arte das matemáticas= herdanza de familia” de Anxo Tarrío 3º ESO
3º PREMIO “Multiplicarse e dividirse” de Saleta Rivo 2º ESO
Aqui tedes todas as fotos, vídeos e poesías gañadoras.
Os gañadores do X Concurso de Fotografía Matemática do curso 2022-2023 (Interxerando) son:
Parabéns aos premiados.
Aquí tedes todas as fotos presentadas.
Este curso o departamento de Matemáticas levou a cabo o Proxecto Leonardo que podedes consultar no enlace:
IV CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA
Un ano máis celebramos o día 12 de maio, día escolar das matemáticas, o noso concurso de poesía. Queremos felicitarvos pola calidade das obras presentadas, cada ano facédelo mellor, é un auténtico pracer lelas!
As persoas gañadoras do IV Concurso de Poesía Matemática do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón son:
1º PREMIO- “AUSENCIA” Samuel Baleirón Torres 4º ESO
AUSENCIA
Dende a suave forma dos teus beizos
ata o volume da tua face.
Todo iso desapareceu
sen fórmula posible que o explique.
E sen calculalo nin cotexalo , descubríchenos,
descubríchenos ese espazo que ocupabas
ese espazo, que agora chamo vacío
que por moito que tente, parece que é infinito.
Samuel Baleirón Torres. 4º ESO
2º PREMIO- “90, 60, 90” Naira Ferreirós Bustelo 3º ESO A
90, 60, 90
90, “se tes máis de 90 centímetros pareces un home”; ela puxo roupa frouxa
60, “se tes máis de 60 centímetros estás gorda”; ela deixou de almorzar
90, “se tes menos de 90 centímetros, estás moi delgada”, ela púxose a chorar
Agora tenta esquivar os espellos para que non a devoren.
Naira Ferreirós Bustelo. 3º ESO A
3º PREMIO- Temos un empate entre:
“DOUS” Laura Mariño Bello 3º ESO A
DOUS
Dous ollos, dúas orellas
e ata dous buratos no nariz!
Dous perfectos beizos que serven para sorrir.
Dúas pernas e dous brazos,
catro extremidades para nos mover,
convosco podo dar abrazos,
e ata cansarme de correr!
Dous, que número tan máxico,
tan bonito para min,
sen ti nada sería posible,
non podería vivir.
Laura Mariño Bello 3º ESO A
“O CORPO” María Rodríguez Romero 4º ESO
O CORPO
O corpo non é matemática redonda.
Parecería máis un número irracional
ou unha fórmula sen demostración descuberta.
O corpo non é matemática
porque inventou un sistema que permite medir
as bágoas, os berros e os sorrisos.
O corpo non é matemática
porque por moito que aprenda dos gráficos
segue xogando co valor do improbable.
O corpo non é matemática
porque aínda que mido 1 metro 65,
son capaz de tocar as estrelas.
O corpo non é matemática.
Porque é o único capaz de operar
e ver a beleza
do Syntax Error.
María Rodríguez Romero. 4º ESO
ENLACE ÁS POESÍAS PARTICIPANTES
O alumnado tamén recitou e gravou o recitado das poesías nuns audios que podedes escoitar accedendo ao enlace:
IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA. CURSO 2021-2022
“DA CABEZA AOS PÉS CO CORPO AO REVÉS”
As fotografías gañadoras do IX Concurso de Fotografía Matemática do curso 2021-2022 son:
1º PREMIO RESILIENCIA. HUGO RONCERO 1º ESO
2º PREMIO ESTRELA DA IDADE. NAIRA FERREIRÓS 3º ESO A
3º PREMIO PITÁGORAS. NAIARA VIDAL 3º ESO B
Parabéns a todo o alumnado participante, vémonos o próximo curso!
Este ano, coma en anos anteriores, o alumnado de ESO participou no concurso de poesía matemática organizado polo Departamento de matemáticas e que ten como tema principal, aparte das mates, a temática do proxecto anual de centro "As Emocións".
Tras unha longa deliberación para decidir que poemas serían os gañadores, as profes membros do departamento, chegaron á conclusión de que deberían ser premiados seis dos escritos máis destacados.
Os poemas gañadores foron os seguintes:
NORABOA GAÑADORES!!!!
E tamén noraboa a todo o alumnado participante. Podedes ver todos os poemas no enlace:
Este curso, coma en cursos anteriores, o Departamento de Matemáticas organiza co alumnado de secundaria o concurso de Poesía Matemática. Xa imos pola VIII edición e segue a ser un éxito entre o alumnado.
Tamén coma sempre, os concurso ten como temática a escollida para o proxecto de centro que, como xa sabemos, este ano versa sobre as emocións e forma parte do noso proxecto de centro " PERSENSAMOS DODRO".
Os gañadores deste ano son:
1º PREMIO “Tristeza” XIÁN RIAL 2º ESO B (foto nº 2)
2º PREMIO “A soidade ,tempos de pandemia” ANTÍA OTERO 3º ESO A (foto nº 19)
3º PREMIO “Coordenadas perdidas no Mediterráneo” ALBA ROMERO 4º ESO ( foto nº 27)
NORABOA A TOD@s !!!...e noraboa tamén pola calidade das fotografías, realmente houbo varias que nos entusiasmaron, pero só podía ser tres as premiadas.
Antes das vacacións teredes os vosos agasallos!
Nos enlaces podedes ver as bases do concuros, a listaxe de participantes,e as fotos presentadas:
E a foto dos gañadores unha vez recibiron o agasallo...aínda que non se aprecie por levaren máscara, están sorrindo
Levamos tres anos celebrando Día das Matemáticas (12 de maio) dun xeito moi especial, con poesía! Quen nolo ía dicir, poesía matemática!
Nesta ocasión como non os puidemos ler xuntos decidimos compartilos con todas as persoas que nos poida adicar uns minutiños do seu tempo!
Este ano temos máis que nunca, son nin máis nin menos ca 33 poesías, 33 artistas de todos os niveis da ESO,e 24 valientes que nos leron esas marabillosas creacións diante dunha cámara!
Foinos tremendamente difícil este curso decidir só tres gañadores, polo tanto aquí poñemos un listado das 8 obras que máis nos gustaron, e por esta orde.
Decimal. XIÁN RIAL 1º ESO
El ladrón de la cuarentena. JAVIER PÍRIZ 3º ESO
Un número olvidado. DANIEL COLLAZO 2º ESO A
Las niñas del parque. MARTÍN NOVÁS 2º ESO B
Números perdidos. MANUEL LAÍÑO 2º ESO A
Teorema de Pitágoras. ANTÍA OTERO 2º ESO B
Conxunto numérico. IVÁN IGLESIAS 4º ESO
Múltiples usos. MARÍA RODRÍGUEZ 2º ESO B
Desde o departamento de Matemáticas queremos agradecervos enormemente a vosa participación a vós, pequenos grandes poetas, sodes fantásticos!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |